Case o 25% dos homes admite ter violado algunha muller en Asia

 Case un cuarto dos homes de Asia admite ter cometido alomenos unha violación, segundo un informe de Nacións Unidas sobre violencia contra as mulleres. Segundo recolle a británica BBC, a violación é común entre as parellas, aínda que o 10% dos homes recoñece ter violado a unha muller coa que non mantiña vínculo sentimental. A metade dos que admiten o delito confesan telo feito máis dunha vez. E o 75% defende que foron os seus “dereitos sexuais” o que lle levaron a facelo. O estudo, que é o primeiro que se fai para examinar a violencia xeralizada contra a muller, contou coa testemuña de 10.000 homes de seis países.


http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/09/10/actualidad/1378801645_517962.html

Sushmita Benerjee, vítima dos talibáns





http://cultura.elpais.com/cultura/2013/09/10/actualidad/1378770342_199473.html

Só seis das 32 vítimas de violencia de xénero deste ano denunciara



Poucas mulleres denunciaran previamente antes de ser asasinada. E as que o fixeron, só unha tiña a orde de protección en vigor. Denunciar é moi importante, pero temos que pensar que denunciar ás veces non da a protección necesaria ás mulleres vítimas de violencia.

A sociedade enteira ten que implicarse e axudar e apoiar ás mulleres que sofren violencia. Non esquezamos que a desigualdade está detrás da violencia.

A pesar da frialdade das cifras, expoñemos abaixo algúns datos das mulleres asasinadas ata o momento.

  • 23 das 32 asasinadas eran de nacionalidade española
  • O grupo máis numeroso, un total de 12, tiñan entre 31 e 40 anos de idade
  • No que vai de ano morreron nove xoves menores de 30 anos
Por certo, lembramos aquí que as mulleres non son "falecidas" , senon ASASINADAS. Os medios de comunicación teñen que aprender a usar as palabras adecuadas e non "suavizar" as novas relacionadas coa violencia de xénero.



http://www.elmundo.es/elmundo/2013/09/09/espana/1378737823.html

Traballos comunitarios e dous anos de afastamento por cortar a luz e a auga á súa exmuller en Vigo

http://www.farodevigo.es/sucesos/2013/09/10/trabajos-comunitarios-anos-alejamiento-cortar/874874.html

Rebaixan a pena por maltrato á súa exparella ao técnico condenado por abusos a menores en Mos

A Audiencia de Pontevedra da a razón en parte ao recurso da súa avogada defensora, que consideraba prescrito o delito de maltrato a súa ex-parella, pois tivo lugar no ano 2007 e a denuncia se formulou o 29 de agosto de 2010. O tribunal declara por tanto extinguida a responsabilidade penal por dito delito e anula os 6 meses de condena que lle foron impostos.


http://www.farodevigo.es/sucesos/2013/09/10/rebajan-pena-maltrato-expareja-tecnico/874876.html