Convocatoria Concentración 31 de Maio.


Como ven sendo habitual, os últimos xoves de mes, a Rede convoca á concentración que terá lugar o xoves día 31 de maio ás 20 h na rúa do Príncipe, diante do Museo de Arte Contemporánea “MARCO”.


A denuncia pública favorece a concienciación da barbarie que está a ocurrir neste país, e que todas e todos xuntos poidamos facer que cada día a sociedade sexa menos tolerante coas agresións ás mulleres.

Tamén denunciar as declaracións que cada vez son máis habituais, e que con estupor escoitamos, ás veces insistentemente, como que a muller asasinada non tiña posto denuncia. Só lles falta engadir que foron as mulleres as que o buscaron.

Esperamos contar convosco, como ven sendo habitual para a difusión e presenza no acto.


Este mes lerá o comunicado unha persoa da Rede.

Blanca Ventín, moza de 15 anos de idade lerá tamén unha reflexión feita por ela, relacionada coa violencia de xénero


Vigo, 27 de maio do 2012



Asdo. Rosa Fontaíña Pazos
Coordinadora e voceira da Rede

Detido un home por agresión sexual en A Coruña.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2012/05/28/detenido-hombre-agresion-sexual-coruna/00031338197946954890817.htm