Despois do Día Internacional da Muller, que encheu as rúas en todo o país para defender unha igualdade real e o rexeitamento ás violencias contra as mulleres, 3 mulleres foron asasinadas presuntamente polas súas parellas en 48 horas:
-En Valga (Pontevedra), unha muller, de 43 anos, asasinada polo seu marido o cal posteriormente quitouse a vida.
-En Estepona ( Málaga), o sábado 9 de marzo, unha muller de 58 anos foi asasinada presuntamente polo seu marido en presencia do seu fillo de 15 anos.
-En Madrid, o mesmo 8 de marzo, unha muller lucense de 63 anos foi presuntamente asesinada polo seu marido de 81 anos o cal tamén quitouse a vida.
Con estos crimes xa suman 17 o número de feminicidios por violencia machista no que vai de 2019.
Debemos sair ás rúas para denunciar estos asasinatos, mostra máis cruel da desigualdade instalada na sociedade e facer visible que o machismo mata.