A Concellería de Igualdade lembra que está
aberto o prazo de inscrición para os seguintes obradoiros gratuítos que se
impartirán na Casa das Mulleres.
As prazas son limitadas e cubriranse por orde
de inscrición. Daráselles preferencia ás mulleres empadroadas en Vigo e que non
realizaran con anterioridade esta formación
Inscrición previa ata cubrir prazas na
Concellería de Igualdade. 1ª planta da Casa do Concello de 9:00 a 13:30h ou ben
a través do tlfno 986 810 284, en horario de 8:00 a 15:00h.
Obradoiro: “A RISOTERAPIA PARA MELLORAR A NOSA
CALIDADE DE VIDA”
Dirixido a mulleres maiores de 18 anos.
Obxectivo: promover a mellora da saúde física,
mental, emocional e social das mulleres a través da risa
Contidos:
- Sentido do humor: aspectos
psicofisiolóxicos.
- Que me fai rir: risa activa, risa pasiva.
- Pensar en positivo: as miñas emocións.
- Respiración alegre: ximnasia da risa.
O desenvolvemento do programa constará de 20
horas en total, distribuídas en 10 sesións de 2 horas de duración cada unha.
Período e horarios:os martes desde o 6 de
outubro ata o 15 de decembro, de 10:00 a 12:00 h.
Obradoiro:
“ A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES: CLAVES PARA O EMPODERAMENTO E A
PARTICIPACIÓN DAS MULLERES ”
Dirixido a homes e mulleres maiores de 18
anos.
Obxectivos: Analizar a orixe e as
consecuencias das desigualdades existentes entre homes e mulleres. Definir a
autoestima e o atoconcepto, analizando como o xénero inflúe na formación do
noso autoconcepto e interfire na autoestima das mulleres. Fomentar a
Participación socio-política das mulleres: o empoderamento.
Contidos:
O sistema sexo-xénero e as súas consecuencias.
Autoestima e autoconcepto.
Empoderamento e participación cidadá. Técnicas
para falar en público.
O desenvolvemento do programa consta de 20
horas en total, distribuídas en 8 sesións de 2,5 horas de duración cada unha.
Período e horarios: os xoves desde o 8 de
outubro ata o 26 de novembro, de 18:00h a 20:30 h.”
Agradecemos a difusión desta información entre
as vosas amizades.
Saúdos,
--
Concellería de Igualdade
Concello de Vigo
Tlf. 986 810 284
Fax.986 430 082
www.igualdadevigo.org