http://www.elmundo.es/espana/2014/10/20/544446bdca4741b5048b457d.html
Titular da Xunta:Os Orzamentos da Xunta para o 2015 incrementan un 17 por cento a partida para apoiar as mulleres que sofren violencia de xénero
Seguimos á espera de que aumenten o crédito deste ano, xa que
as solicitudes foron máis que as peticións. o problema? que non chega o crédito
para todas as mulleres que teñen dereito á prestación...mulleres que no 2015 o
mellor non cumplen os requisitos, polo que non poderán acceder a estas axudas
aínda sendo vítima de violencia......
"PAUTAS PARA EXERCITAR E MELLORAR A AUTOESTIMA"
A Concellería de
Igualdade abre o prazo de inscrición para o obradoiro " PAUTAS PARA
EXERCITAR E MELLORAR A AUTOESTIMA" de carácter gratuíto que se impartirá
na Casa as Mulleres. As prazas son limitadas e cubriranse por orde de
inscrición.
Inscrición previa desde o día 17 de outubro ata cubrir
prazas, na Concellería de Igualdade, 1ª planta da Casa do Concello de 9:00 a
13:30 h, ou ben a través do tfno. 986 810 284, en horario de 8:00 a 14:00
horas.
Lugar de realización dos obradoiros: Casa das Mulleres, rúa
Romil, número 20.
Máis información: www.igualdadevigo.org
Dirixido a mulleres maiores de 18 anos.
Obxectivo: favorecer distintas pautas, hábitos e
desenvolvemento de habilidades que favorezan a mellora da autoestima das
mulleres.
Datas: os mércores desde o 5 de novembro ata o 17 de
decembro.
O desenvolvemento do programa constará de 21 horas,
distribuídas en 7 sesiones de 3 horas de duración cada unha.
Horario: 10:00 a 13:00 h.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)