I Congreso Nacional de Intervención e Prevención da Violencia de Xénero





http://congresovxsantiago.com/

Máis violencia contra as mulleres...

- Sevilla: Apuñala a súa parella e a unha nena de 14 anos
http://www.farodevigo.es/sucesos/2013/11/08/apunala-pareja-nina-arroja-ventana/910719.html


CONCURSO DE MICRORELATOS POLO DÍA DA ERRADICACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Dende a Asociación Fins, e con motivo do día pola erradicación da violencia de xénero (25 de novembro) ten lugar un concurso literario de microrelatos, estes deben  versar sobre as violencias sufridas polas mulleres, as formas de erradicalas, ou sobre a sensibilización e concienciación que se debe realizar na sociedade. Por iso anímovos a participar escribindo un relato dun minuto de duración. O sábado 23 terá lugar a entrega dos premios, e poderemos disfrutar da representación teatral da Asociación Juan XXIII de Cangas, coa obra "Emocións en movemento" e da lectura dun manifestó en contra de todo tipo de violencia exercida en contra das mulleres. Agardamos por ti ese día.

+ info: asociacionfins@gmail.com
         

XII Xornada de nais e pais educando en igualdade

Baixo o título“Cidadanía e convivencia dixital” o vindeiro sábado día 16 de novembro celebrarase nas instalacións da Escola Galega de Administración Pública en Santiago de Compostela, a duodécima edición da xornada de nais e pais educando en igualdade, que nesta ocasión se dirixe a promover no ámbito familiar o uso seguro e saudable das novas tecnoloxías na infancia e a adolescencia e á prevención da violencia sexual en adolescentes e dos comportamentos machistas e sexistas nos novos medios de socialización e convivencia dixital.
XII Xornada de nais e pais educando en igualdade. Cidadanía e convivencia dixital
Lugar: Escola Galega de Administración Pública, Santiago de Compostela
16 de Novembro de 2013
A xornada consta de sesións informativas dirixidas ás nais e pais e, paralelamente, de obradoiros de carácter lúdico e adaptados á súa idade onde nenos, nenas e adolescentes irán coñecendo baixo parámetros de igualdade e a través de videoxogos, animacións e outros recursos educativos, algunhas características do mundo que como nativos/as dixitais lles está tocando descubrir, así como os riscos e responsabilidades asociados a determinadas prácticas que se poden desenvolver online (sexting, sextorsión, grooming, ciberbullying...).
O aforo é limitado polo que as inscricións se farán por rigorosa orde de entrada da solicitude de participación.

A Xunta amplía as axudas económicas a vítimas de violencia de xénero previstas para este ano

A PESARES DO INCREMENTO DE CRÉDITO ÉSTE NON CHEGARÁ PARA CUBRIR TODAS AS SOLICITUDES, POLO QUE MOITAS MULLERES CON DEREITO A RECIBILA QUEDARÁN SEN ELA.


Santiago, 6 de novembro de 2013. A edición de hoxe do Diario Oficial de Galicia publica un incremento de 155.061,33 euros na dotación orzamentaria asinada para a concesión de axudas económicas de carácter periódico de apoio ás mulleres que sofren violencia de xénero.
Esta ampliación súmase aos 1,8 millóns de euros xa consignados en abril pasado co fin de garantir ás mulleres vítimas deste tipo de violencia unhas condicións suficientes de independencia económica respecto do seu agresor, que lles posibilite dar o primeiro paso ou consolidar a ruptura dunha situación na que corren perigo.
Dado o volume de solicitudes presentadas e o esgotamento do crédito inicialmente previsto, a Xunta decidiu ampliar a partida para atender este colectivo. Deste xeito, e a pesar do contexto económico actual, o Goberno galego reafirma o seu compromiso coas vítimas da violencia de xénero, ás que lle ofrece os recursos necesarios para favorecer a súa saída do ciclo da violencia.
Os requisitos para optar a estas axudas son: ser muller, maior de idade ou emancipada, vítima de violencia de xénero nunha relación de convivencia, ter cesado esta convivencia co agresor dentro dos doce meses anteriores á data de presentación da solicitude, percibir uns ingresos mensuais iguais ou inferiores a 1,5 veces o IPREM vixente, estar empadroada e residir en Galicia e, no caso das mulleres estranxeiras, ter permiso de residencia.
Ademais, tamén se esixe non ter percibido con anterioridade esta axuda ou a axuda de pago único establecida na Lei orgánica de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, para mulleres que, debido á súa idade, falta de preparación ou circunstancias sociais, teñan dificultades para obter un emprego e pola dita circunstancia non participen nos programas de emprego establecidos para a súa inserción profesional.