España suspende en educación sexual e saúde sexual reprodutiva


Un informe que analiza a situación de 10 países da UE critica a escasa implementación da educación sexual nos centros educativos
En moitos dos aspectos avaliados, España só queda por riba de países como Lituania ou Bulgaria
A píldora do día despois non está financiada en seis comunidades autónomas, e a saída de oito anticonceptivos do Sistema Nacional de Saúde afecta a un millón de mulleres
http://www.eldiario.es/sociedad/barometro-suspende-Espana-sexuales-reproductivos_0_179532886.html

A lei de violencia de xénero


http://www.eldiario.es/agendapublica/impacto_social/ley-violencia-genero_0_179532676.html

Concentración da Rede contra a violencia de xénero


Grazas a tódalas persoas que participáchedes na Concentración de onte diante do Marco.

Unha vez máis, saímos á rúa para denunciar a violencia de xénero, psicolóxica, física, económica, que sofren día a día ás mulleres.

Este é o comunicado lido na Concentración:



Vigo, 26 de setembro do ano 2013

COMUNICADO
Nos dous últimos meses a Rede non convocou a concentración, pero lembramos que durante os meses de xullo e agosto seguiron asasinando a mulleres, sendo xa 44 mulleres, nenos e nenas asesinadas no que vai de ano 2013.
Loitamos a diario polos nosos dereitos, polos dereitos das mulleres, porque son parte do soporte e do fundamento da sociedade que queremos crear. Porque na actualidade seguen existindo matrimonios forzosos, mutilación xenital, explotación, escravitude sexual, ou violencias máis sutiles, como que 7 de cada 10 empregos públicos destruidos no ultimo ano estaban ocupados por mulleres.
Ser muller nunca foi fácil. Nin sequera nos países onde se logrou conquistar algúns dereitos e liberdades fundamentais que, lembremos, están destruindo paulatinamente. Con todo, o camiño pola simple supervivencia se nos presenta difícil, xa que no Estado español:
-   Unha de cada tres vítimas de violencia de xénero ten menos de 30 anos.
-   O 65% dos mozos de entre 14 e 16 anos presentan altas doses de sexismo.
- Máis de 30.000 mulleres sufriron violencia de xénero durante o ano. Desta cifra 44 xa morreron a mans das súas parellas ou ex parellas.
- Segundo o 5º informe do observatorio estatal de violencia sobre as Mulleres, o 8,6% da poboación española xustifica en certas circunstancias a violencia de xénero.

Ante esta situación a Fiscalía recoñece na súa memoria anual que "as medidas cautelares constitúen un dos principais instrumentos para atallar o fenómeno da violencia de xénero". Algúns xuíces, cando hai lesións físicas, adoitan conceder medidas de protección, pero cando se trata de casos como os danos psíquicos, non as outorgan, sendo rexeitadas o 45% das peticións de ordes de afastamento das vítimas de violencia machista.
E nós, nos preguntamos, acaso unha muller que está sufrindo violencia psicolóxica non precisa manter esa violencia afastada? Acaso non son conscientes de que a violencia psicolóxica precede a violencia física? A violencia psicolóxica é capaz de destruir ás mulleres, de facelas desaparecer, de anulalas, de expulsalas da sociedade da que son parte, e a xustiza e a fiscalía que non consideran esta situación, son cómplices de non aportarlles algo de tranquilidade. Moitas mulleres a pesares de sufrir violencia sicolóxica son capaces de comezar un proceso xudicial, expoñendo a súa vida privada ante a xustiza, ante os servizos sociais, ante forenses…e un longo etc. e, cómo lle explicas as mulleres que deciden dar un paso tan importante para a sua recuperación, que os xuices non lle otorgan a orden de afastamento porque non consideran a súa situación grave? Que pensades que se lles pasa pola cabeza a estas mulleres? Se sentirán menos cribles? Menos apoiadas? Que esaxeraron e non era tan grave a sua situación? Sabemos que as ordes de afastamento non son o remedio pero o que sí sabemos é que axudan ás mulleres a ter mais seguridade, a confiar en que haberá persoas ó seu lado…dalles un pouco máis de tranquilidade e forza para facerlle frente e rachar coa violencia. Unha violencia que pasa desapercibida para a xustiza,  forenses, servizos sociais…. porque o xuiz só ten que adxudicar unha orde de afastamento, pero son as mulleres as que despois teñen que enfrontarse a esta situación dia a dia.
Porque non somos vítimas, somos mulleres que reclamamos os nosos dereitos. Non pedimos! Exisimos! Esiximos que se cumplan e se melloren as leis, porque somos mulleres reclamando o que é noso de pleno dereito, porque somos mulleres que non quedaremos de brazos cruzados e que non permitiremos que fagan desaparecer o camiño cara a unha igualdade que despois de tantos séculos nos costou tanto conseguir e que hoxe queren facela desaparecer sen ningún tipo de obstáculo.

A Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto convoca unha manifestación o sábado 28 de setembro, Día de Acción Global por un Aborto Legal, Seguro e Gratuíto, ás 17.30 en Compostela.
(QUEDAMOS ÁS 15:30 HRS. NA PRAZA DOS CABALOS PARA COMPARTIR COCHES)

100.000 mulleres invisibles


http://www.publico.es/470851/100-000-mujeres-invisibles

O feminismo á ofensiva. O feminismo é provida

O feminismo é provida porque a súa razón de ser é a construcción dunha sociedade máis xusta e libre que poña o benestar e o ben común no centro; unha sociedade que non condene as súas mulleres máis pobres, máis novas ou máis vulnerables a morrer desangradas cun aborto clandestino; unha sociedade que non aspire a domesticar os corpos e as vidas das persoas en compartimentos moralizantes; que eduque ás persoas novas nos principios do raciocinio, a responsabilidade e a verdade para que as súas accións non teñan impactos negativos nelas ou en terceiras persoas; que inclúa, coide e respete de modo xenuino a aquelas persoas con diversidade funcional; que acepte a libertade de todos e todas a decidir os seus sentires e os seus desexos;

http://www.publico.es/470829/el-feminismo-a-la-ofensiva-pentalogo-provida

Madrid tínguese de violeta para pedir a despenalización do aborto


http://www.publico.es/470776/madrid-se-tine-de-violeta-para-pedir-la-despenalizacion-del-aborto

A Fiscalía Xeral do Estado non quere prohibir por lei que os/as pais maltratadores non teñan relación cos seus fillos/as

A Fiscalía Xeral do Estado aprobou un informe sobre o anteproxecto de "Lei de Corresponsabilidade Parental en caso de Separación, Nulidade ou Divorcio" no que recomenda ao Ministerio de Xustiza que suprima o articulado que impide fixar réxime de estancia, relación e comunicación cos fillos/as nos casos de sentenza firme por malos tratos ou por violencia de xénero.

Estamos en contra desta idea da Fiscalía Xeral do Estado. É evidente e constatado por moitos informes que a violencia de xénero na parella ten consecuencias para os/as nenos/as que viven no mesmo fogar. A violencia no fogar é tamén violencia cara os/as nenos/as. Debería partirse sempre desta idea.

A Fiscalía quere facernos pensar que a violencia de xénero é só cousa da parella. Pero a nosa práctica dinnos que a violencia de xénero contamina o contexto no que se produce. Nos dereitos dos/as nenos/as deberían terse en conta que teñen dereito a vivir en paz, lonxe da violencia.

Detrás deste tipo de argumentacións da Fiscalía late a idea da bondade da familia nuclear, a pesar de que estea chea de malos tratos e violencia.


http://www.europapress.es/epsocial/noticia-fiscalia-no-partidaria-prohibir-ley-comunicacion-hijos-casos-violencia-genero-20130926183257.html

O Consello de Europa urxe a combater mellor a trata de persoas

http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/09/26/actualidad/1380218168_031709.html

As denuncias por violencia machista caeron un 9,6% nos últimos 5 anos

http://sociedad.elpais.com/tag/mujeres/a/

O fiscal pide cárcere para un pai vigués por non entregar a un dos seus fillos menores á nai


A muller ten a custodia dos 3 fillos en común, pero non ve a dos deles dende xaneiro de 2010.

http://www.farodevigo.es/sucesos/2013/09/27/fiscal-pide-carcel-padre-vigues/885048.html