A Fiscalía Xeral do Estado aprobou un informe sobre o
anteproxecto de "Lei de Corresponsabilidade Parental en caso de
Separación, Nulidade ou Divorcio" no que recomenda ao Ministerio de Xustiza que suprima o articulado que impide fixar réxime de estancia,
relación e comunicación cos fillos/as nos casos de sentenza firme
por malos tratos ou por violencia de xénero.
Estamos en contra desta idea da Fiscalía Xeral do Estado. É evidente e constatado por moitos informes que a violencia de xénero na parella ten consecuencias para os/as nenos/as que viven no mesmo fogar. A violencia no fogar é tamén violencia cara os/as nenos/as. Debería partirse sempre desta idea.
A Fiscalía quere facernos pensar que a violencia de xénero é só cousa da parella. Pero a nosa práctica dinnos que a violencia de xénero contamina o contexto no que se produce. Nos dereitos dos/as nenos/as deberían terse en conta que teñen dereito a vivir en paz, lonxe da violencia.
Detrás deste tipo de argumentacións da Fiscalía late a idea da bondade da familia nuclear, a pesar de que estea chea de malos tratos e violencia.
http://www.europapress.es/epsocial/noticia-fiscalia-no-partidaria-prohibir-ley-comunicacion-hijos-casos-violencia-genero-20130926183257.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario