Onte Juana Rivas entregou aos seus fillos cumplindo a orde do xulgado

Entregou aos seus fillos na Garda Civil onde foron recollidos polo pai para marchar o máis cedo posible a Italia. A Fiscalía cambiou de idea e xa non vai a pedir que Juana ingrese en prisión.  Ainda así, a psicóloga e a asesora xurídica desta nai terán que declarar como investigadas ao considerar, supostamente, que induciron a Juana a secostrar as súas crianzas. Ata finais de outubro non haberá xuízo pola custodia en Italia.
www.farodevigo.es: Juana Rivas acata a orde de egfsntrega dos seus fillos

Detido en Valencia por violar a súa fillastra de 12 anos.

Un home foi arrestado en Valencia por abusar sexualmente da filla da súa muller dende que tiña nove anos. A rapaza aproveitou unhas vacacións en España para alertar ao resto dos seus familiares.
www.farodevigo.esarrestado en Valencia por violación

24 anos de cárcere para o acusado do asasinato en López de Neira

A fiscal pide 24 anos de cárcere para o autor do asasinato  machista ocurrido en López de Neira no 2015; lle aplica os agravantes de ensañamento e alevosía e pide unha indemnización de 300.000€ para o fillo da vítima. www.farodevigo.es/sucesosfiscal pide 24 anos de cárcere

A INDEFENSIÓN DAS MULLERES ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO



Ela mesma recoñece que empregou unha navalla de 5 cm. e que o lesionou, sabe o que fixo pero nunca tivo intención de asasinalo. Como di a propia sentenza, Noemí chamou de inmediato á familia da ex parella e foi avisado o servizo de urxencias. Non o volveu a atacar nin lle impediu que saíra da casa.
O que debemos plantexarnos toda a sociedade e as institucións é: que levou a esta muller a facelo? Sería o maltrato sufrido durante toda a súa vida? A relación tóxica á que ningún dos dous puido poñerlle fin? E, sobre todo, podería terse evitado esta situación?
Seguimos a sufrir un dobre baremo: no caso de Noemí, a súa ex parella é culpable dun delito de lesións sobre a muller polo que se lle condenou a sete meses de cárcere que non cumprirá , ela en cambio foi condenada a tres anos e medio de cárcere por un delito de lesións con instrumento perigoso, algo totalmente desproporcionado se temos en conta o pouco que lle custa aos maltratadores atacar a unha muller, quebrantar unha orde de afastamento ou acabar coa súa vida ou coa das súas crianzas.
Noemí non só foi vítima de violencia de xénero, senón que agora está tamén a sufrir a violencia institucional. É vítima dunha xustiza inxusta, como é posible que dez anos despois dos feitos teña que entrar no cárcere? Dez anos nos que conseguiu saír desa relación destrutiva, recompoñer a súa vida cun traballo estable e quedar totalmente reintegrada na sociedade. De que serve agora que cumpra catro anos de cárcere? Aínda que cometeu un delito, o noso sistema non busca vinganza senón rehabilitar ás persoas e Noemí xa está totalmente rehabilitada.
 Isto non é unha xustiza efectiva nin para a vítima nin para o culpable. Mesmo a sentenza recoñece unha dilación indebida e inxustificable neste proceso, que traerá consigo ca vida desta muller nunca volva a ser normal e todo o traballo terapéutico levado a cabo durante estes anos quedará en nada, como afirman os informes dos seus psiquiatras.
Na Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo coñecemos de primeira man  as dificultades que soportou, levamos anos apoiándoa e por iso reclamamos o Indulto e a suspensión da pena de Noemí, é un castigo desproporcionado tras dez anos de xuízo. Convocaremos a vindeira semana unha rolda de prensa para denunciar esta senrazón.


INDULTO E PARALIZACIÓN DA ORDE DE INGRESO EN PRISIÓN DE NOEMÍ OTERO

NEGLIXENCIAS QUE SAEN CARAS

O xoves pasado, Sara, unha nena de 4 anos de Valladolid, falecía vítima de abusos sexuais e dunha vida de maltrato continuado. Se a noticia por se mesma produce horror e repugnancia, a consternación é máxima ó saber que se puido evitar se non fallasen tódolos protocolos debido á incompetencia das administracións.

O 11 de xullo, case un mes antes, un pediatra privado xa dera a voz de alarma sobre a existencia de posible maltrato e abusos sexuais. 22 días despois, o 2 de agosto, a vítima ingresou nas urxencias pediátricas do Hospital Clínico de Valladolid en parada cardiorrespiratoria, onde morrería ó día seguinte. Por que non funcionaron os protocolos? Quizais ante unha situación tan grave non se pode agardar días e días para actuar, a vida dunha nena estaba en perigo! Como podía unha nena de catro anos defenderse ela soa da súa propia nai e da súa parella?



Presuntamente a nai e a súa parella son autores dun delito de maltrato continuado e de abusos sexuais, pero hai máis culpables, acaso as Administracións Públicas non tiñan a obriga de protexer a esa nena actuando dunha maneira máis eficaz? A gravidade dos feitos non pode quedar impune, debemos esixir responsabilidades polo que se pode considerar unha neglixencia por parte das institucións, o sucedido evidencia que o sistema foi incapaz de protexela.

Detido por unha agresión sexual a unha rapaza en Lugo

Un rapaz de 24 anos foi detido en Lugo por agredir sexualmente a unha rapaza; foron tres mulleres as que o escorrentaron e axudaron á muller.www.farodevigo.es/sucesosdetido por agredir a unha rapaza en Lugo

Condeado por abusar das súas fillas e distribuilas fotos

A Audiencia de Lugo condea a 33 anos de cárcere ao home que abusou sexualmente das súas dúas fillas e distribuiu as fotos por Internet. En 2003 este pederastra xa fora condeado por tenencia de pornografía infantil. galego.farodevigo.es/sucesos: condeado a 33 anos por abusos

Unha parella agrede a unha muller que contrataran coma ventre de aluguer


Unha parella foi detida, en Valencia, por agredir sexualmente a unha rapaza de orixe rumana que contrataran coma ventre de aluguer. galego.farodevigo.es/sucesos