Con motivo do 24 de maio, Día Internacional da Muller Antimilitarista, a
Cordenadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres convidámosvos a
participar nunha charla que tratará de visibilizar as repercusións das
guerras e dos imparables gastos militares nas vidas das mulleres. Tamén
presentaremos as diferentes accións internacionais que se están a
organizar neste campo.
Esperámosvos no Bou Eva, o 24 de maio a partir das 20:00 horas.
¡¡ Mulleres en Marcha ata que todas sexamos libres!!
¡¡ Mulleres en Marcha ata que todas sexamos libres!!