Non á discriminación laboral das mulleres embarazadas no SERGAS
Este verán nas contratacións do Hospital Xeral aconteceu un feito moi grave. A unha
celadora embarazada non lle deixaron asinar o contrato tras o informe da unidade de
prevención de riscos laborais (UPRL) declarandoa non apta, cando o procedemento a
seguir seria adecuarlle o posto de traballo ou facilitarlle a baixa por maternidade. Tratase
de protexelas e non de mandalas para a casa negandolles o dereito a un posto de
traballo.
Estar embarazada nom é estar enferma, e tense todo o dereito a un posto de traballo, o
contrario é cometer un acto de discriminación laboral e sexista vulnerando un dereito
fundamental.
Dende o Poder, dende os que gobernan a economía e pretenden gobernar as nosas
vidas, decidiron que o modelo de igualdade de mulleres e homes, o modelo da
independencia e da autonomía das mulleres non é rentable para os seus intereses, e
pretenden impor un modelo tradicional, no que as mulleres asuman o rol familiar e os
homes sustentadores o de ‘cabeza de familia’. Un acordo da dereita política e
económica que vai, por suposto, da man da Conferencia Episcopal sempre esperando a
súa oportunidade para esmagar vidas e liberdades.
Neste modelo vai afondando o Partido Popular, no estado e na Galiza, con cada norma,
con cada reforma, con cada recorte, cada vez que un dos seus fala libremente para
amosar “a súa superioridade intelectual fronte a unha muller”. Así son e así se
manifestan.
Queren que volvamos a ter a consideración de mulleres coidadoras, pechadas na casa,
incapaces de decidir, mulleres dependentes e necesitadas esperando a que nos digan o
que podemos ou non podemos facer. Mais hoxe, as mulleres traballadoras, as mulleres
que enfrontamos as nosas vidas, con toda a enerxía e coraxe, non estamos dispostas a
dar ningun paso atrás na conquista dos nosos dereitos.
Por eso dende a Plataforma Galega polo Dereito Aborto e dende os Sindicatos: CCOO,
CIG-Saúde e UGT fazemos un chamado a denunciar enerxicamente o feito, de negarlle
a unha muller no SERGAS o dereito a un posto de traballo por estar embarazada, pois
sentaria un precedente gravísimo en recortes de dereitos das mulleres e do dereito ao
traballo que non estamos dispostas nin dispostos a tolerar.
Convocamos pois a todo o persoal do SERGAS e a toda a cidadania, a que amose a
sua repulsa a este feito, apoiando a concentración que terá lugar o mércores día 20 de
agosto ás 11:00 h. diante da porta de Urxencias do Hospital Xeral.
Convocan:
Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto, CCOO, CIG-Saúde, UGT.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)