Aumenta a protección para as vítimas de Violencia de Xénero na UE

http://www.enfemenino.com/feminismo-derechos-igualdad/aumenta-la-proteccion-en-la-ue-para-las-victimas-de-violencia-de-gener-s1196257.html

Hai uns días facíase vixente a normativa europea que protexe a calquera vítima de violencia de xénero en calquera país da UE no que se atope. Isto é posible, grazas ao recoñecemento acelerado das ordes de afastamento.

De todos xeitos dende a Rede sabemos que a rapidez dunha orde de afastamento non recoñece todos os dereitos para as mulleres que denuncian, que dende que o fan intentan sobrevivir baixo a vitimación secundaria, a falta de vivenda e de recursos económicos, lembramos que as axudas para vítimas están suxeitas a prazos e créditos orzamentarios, polo que non todas as mulleres con dereito a elas as cobran.

A educación entre os máis novos para previr a violencia de xénero centra a primeira concentración de 2015

http://noticias.lainformacion.com/ciencia-y-tecnologia/psicologia/la-educacion-entre-los-mas-jovenes-para-prevenir-la-violencia-de-genero-centra-la-primera-concentracion-de-2015_M6GKe7XyDpH8LlSWfHXpE/



O CIM de Moaña rexistrou 800 consultas en 2014, 87 delas por violencia machista

http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2015/01/15/cim-moana-registro-800-consultas/1165572.html

O Centro de Información á Muller (CIM) do Concello de Moaña finalizou a súa memoria do ano 2014, na que se reflicte que as responsables atenderon a un total de 801 consultas. A maior parte das mulleres acudiron para recibir atención psicolóxica, pois a psicóloga do CIM encargouse de 419 consultas. Os servizos máis requiridos adoitan estar relacionados con casos de baixa autoestima, sensación de soidade, sentimento de culpa ou resistencia a aceptar unha ruptura sentimental.

Taller sobre violencia de xénero no IES Manuel García Barros

http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2015/01/14/taller-violencia-genero-ies-manuel/1164860.html

O IES Manuel García Barros da Estrada acolleu onte un taller de prevención de violencia de xénero. Esta actividade foi organizada polo Centro de Información á Muller (CIM) da Estrada. Enmárcase na campaña de sensibilización deste departamento sobre esta materia dentro do terceiro Plan de Igualdade de Oportunidades entre Homes e Mulleres. Estes talleres deron comezo o pasado mes de decembro e o obxectivo é que continúen ao longo de todo o curso polos diferentes centros escolares estradenses.

Un home insulta e agrede a súa muller nun supermercado

http://www.larazon.es/detalle_normal/noticias/8389493/sociedad/un-hombre-insulta-y-agrede-a-su-mujer-en-un-supermercado#.Ttt1SqU03eTiobj

A Policía Local de Murcia detivo a un individuo por agredir e ameazar presuntamente A súa esposa mentres faían a compra nun supermercado, segundo fontes do citado Corpo consultadas por Europa Press. O suceso tivo lugar ao medio día do pasado venres, cando a parella faía a compra nun supermercado de Murcia e iniciaron unha forte discusión, ó parecer motivada polo desexo da muller de separarse do seu marido.