As familias que dependen só do soldo da muller crecen en 35.000 casos máis dende 2007


http://www.farodevigo.es/galicia/2013/06/25/familias-dependen-sueldo-mujer-crecen/834696.html

Próxima concentración da Rede: 27 xuño 2013 ás 19,00 horas



38 mulleres e catro cativ@s foron asasinad@s no que vai do ano  2013.
A Rede  unha vez máis vai estar manifestándose contra os malos tratos e os asasinatos das mulleres.
Lerase un comunicado e a continuación Sheyla Fariña  representará unha coreografía de danza contemporánea.
Agardámosvos para entre todas e todos facer visible a barbarie que se está cometendo coas mulleres. 
As vítimas merecen, cando menos a denuncia pública.

Detido un vigués de 18 anos por difundir por WhatsApp fotos da súa exnoiva núa


http://www.farodevigo.es/sucesos/2013/06/23/detenido-vigues-18-anos-difundir/833998.html

Aulas sen testemuñas da violencia de xénero


O alumnado non escoitará máis as voces das vítimas de violencia de xénero nas aulas no País Vasco.

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/06/24/paisvasco/1372102312_798396.html

A prevención na educación é un dos ámbitos máis importantes de actuación. Debemos rachar cos estereotipos que vinculan os malos tratos cunha muller de 50 anos, casada e sen estudos. Como destaca un informe da Ertzaintza,o 35 % das mulleres agredidas no País Vasco en 2010 eran menores de 30 anos.

A desigualdade apréndese moi cedo. Rachar con esa aprendizaxe é responsabilidade de todos/as. A igualdade tamén se podería aprender de pequenos/as.

¿Onde estás? ¿A quen escribes? ¿Por que te conectaches?



Vellas formas de violencia de xénero e control a través de novos medios: Os agresores miran a última vez que se conectou a Whatsapp, con quen falou en redes sociais... "Controlan cada movemento e hostígannas para retelas". É parte do maltrato psicolóxico segundo diversas organizacións de axuda ás vítimas.

http://www.elmundo.es/elmundo/2013/06/18/espana/1371578154.html

Para máis información sobre novos fenómenos que afectan a rapazas e rapaces na era de internete, como o "sexting", recomendámosvos este vídeo no que fala a socióloga da Universidade da Coruña Carmen Lamela. 

http://www.vtelevision.es/informativosv/2012/07/15/0031_26_147036.htm

Unha de cada dez turistas en España sofre acoso sexual durante as súas vacacións


Un 10% de viaxeiras inglesas e alemás entre 16 e 35 anos afirma ter sido molestada durante as súas vacacións en España, Portugal, Italia, Creta, e Chipre. 

 Seguimos sendo o país de Alfredo Landa no filme "Amor a la española"? ou vamos a comezar a replantexarnos que presionar a mulleres que están soas é acoso?


http://www.publico.es/457740/una-de-cada-diez-turistas-en-espana-sufre-acoso-sexual-durante-sus-vacaciones

A crise económica dende unha perspectiva feminista


 As políticas están agora moi preocupadas polos datos do paro, os empregos e os salarios. Pero é un auténtico perigo seguir nesa liña. Iso profundiza na idea do individualismo como única solución para satisfacer ás necesidades.

Sira del Río destaca que o salario non debe estar no centro do debate: senon que a sostenibilidade da vida é o que debe ser a nosa prioridade. Esa sostenibilidade se apoia tamén nas redes familiares, nas redes sociais e políticas.


Pensar nas necesidades sociais no seu conxunto e a forma de articulalas, recoñecer que a interdependencia rixe as relacións humanas tanto a nivel persoal como grupal, asumir a nosa responsabilidad individual e colectiva non só no sostemento da vida, senon en cómo organizarnos para facelo –sen división sexual do traballo, pode ser un bo comezo.

https://www.diagonalperiodico.net/la-plaza/empleo-what-the-fuck.html

Para saber máis sobre a resposta feminista a esta crise financieira, recoméndamosvos a Amaia Pérez Orozco. Aquí tedes o enlace a un video moi interesante.

http://www.youtube.com/watch?v=Cf1YZnMv4i8