V Xornadas sobre Violencia de Xénero do Concello de Ares e
comprácenos enviarlle en adxunto o
programa, por se é do seu interese
ou se quere difundilo entre os seus contactos. As Xornadas
terán lugar os días 7 e 8 de xuño de 2012 no Mosteiro de Santa Catalina de Monte Faro, de Ares.
Este ano nas xornadas abordaranse, entre outras cuestións, o
traballo con mulleres vítimas e os seus fillos. Contaremos, ademais, co
testimonio de mulleres que sufriron maltrato e que lograron superalo.
En canto ao
prazo de inscrición (gratuita), abrirase o luns 21 de maio e pode facerse mediante mail á dirección:
xornadas.ares@gmail.com, ou por teléfono ou fax nos números que figuran no díptico exterior.
En canto á localización das Xornadas, recomendamos acudir
ao lugar pasando polo Concello de Ares, xa que estará correctamente
sinalizado e membros de Protección Civil situaránse nos cruces para
indicar o camiño se alguén ten problemas para chegar. Enviamos a
continuación o enlace de situación do google earth:
http://maps.google.es/maps?f=d&source=s_d&saddr=&daddr=43.45052,-8.281932&geocode=&hl=es&mra=dme&mrsp=1&sz=15&sll=43.450676,-8.282576&sspn=0.012275,0.027509&ie=UTF8&t=h&z=15
Para calquera cuestión ou dúbida quedamos a súa disposición.
Esperamos que o programa resulte do seu interese, e será para nós un verdadeiro pracer poder contar coa súa presenza.
Moitas grazas e un sáudo.
Raquel Rodríguez e Raquel Albela,
Coordinadoras das V Xornadas sobre a Violencia de Xénero do Concello de Ares
Empresa de Estudos Sociais de Galicia S.L. (EDESGA)
R/ Monte das Moas. Nº15; Elo. 4-5
CP: 15009. A Coruña
Teléfono fixo / Fax: 881.927.90