Continúa a búsqueda dos responsables da violación múltiple ocurrida en Ciempozuelos vai tres días. Unha muller de 24 anos foi atacada por catro homes cando volvía do traballo, despois da agresión roubáronlle o móbil para que non puidera pedir axuda. Despois de ser atendida en urxencias a vítima puxo a denuncia na Garda Civil.
É necesaria unha reforma legal levada a cabo dende a perspectiva de xénero, que garantice os dereitos das vítimas e que adapte o noso Código Penal aos convenios internacionais e a realidade social actual. Non podemos seguir facendo depender de que a vítima denuncie para que unha violación sexa perseguida, xa que moitas veces non denuncian ou non continúan co proceso por medo e para evitar a victimización secundaria a que se lles somete.
Con esta nova violación, chegan a 10 o número de casos abertos en 2019 por agresións sexuais múltiples. Segue sendo necesario un cambio social a través da educación na igualdade e no respecto para que cesen estes ataques. Non podemos seguir tolerando unha vulneración tan cruel contra a liberdade e indemnidade sexual que ten a súa raíz na visión machista do corpo das mulleres como un mero obxecto do que dispor.
Querémonos libres, vivas e sen medo!!
https://www.publico.es/videos/755396/una-mujer-de-24-anos-denuncia-una-agresion-sexual-multiple-en-ciempozuelos