O titular é o seguinte:
"Una viguesa pide al juez que ´por favor dejen libre´ a
su marido, acusado de querer asfixiarla"
Que é o importante desta noticia? que hai un home acusado de
intento de asasinato? ou a resposta da muller que viviu esta agresión?
A prensa debe estar formada en violencia de xénero para
realizar un periodismo crítico, onde as vítimas non sexan as xulgadas, como
está a acontecer, e onde se comprenda o
proceso polo que atravesan as mulleres
en procesos de ruptura coa violencia. Criminalizar a mulleres con este tipo de
titulares só fai máis tediosa a loita contra a violencia e provoca unha visión
negativa da sociedade cara as mulleres.