CONVOCATORIAS PARA O 25N


Xa podedes anotarvos na saída cultural 2016!


Mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro en Silleda, fervenza do río Toxa,
castros de Toiriz, Fundación Xosé Neira Vilas, taller de zocos de Elena Ferro.
Saída desde o concello, á hora e no lugar acordados coa asociación beneficiaria
do programa “En ruta coa Depo”.

10:00 h. Visita ao mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro. Este mosteiro
beneditino álzase ao abrigo de Coto Costoia, á beira do río Deza, e é
un dos monumentos arquitectónicos máis importantes da provincia
de Pontevedra. Xoia do románico galego oxival, foi fundado no ano
939 polos condes don Gonzalo e dona Teresa. A finais do século X foi
destruído e volto a consagrar. O seu apoxeo remóntase aos séculos
XI e XII, xa que a data 1171 figura nunha inscrición latina no interior da
igrexa, proxectado polo abade Fernando e os seus monxes.

11:30 h. Fervenza do río Toxa. Este salto de auga de 30 metros, un dos máis
altos e famosos de Galicia, está situado na localidade pontevedresa
de Silleda. A fervenza en si é un impresionante espectáculo natural,
pero tamén destaca pola paisaxe que a rodea, un frondoso bosque de
carballos, castiñeiros e outras especies autóctonas.

14:00 h. Comida no restaurante e co menú acordados coa asociación
beneficiaria.

16:00 h. Paseo pola área dos castros de Toiriz. Nela atópase un dos 22
poboados castrexos dos que se teñen constancia no municipio de
Silleda. Ocupa un montículo denominado monte dos Castros, que
se eleva 477 metros sobre o mar. Ten forma circular e nel aprécianse
claramente as súas murallas e terrapléns defensivos, que forman dous
recintos que cobren unha superficie de dúas hectáreas. A economía
do castro era fundamentalmente agropecuaria e a súa alimentación
baseábase no cultivo de trigo, millo, cebada e avea e na gandería de
vacas, ovellas, cabras e porcos.

17:00 h. Visita á Fundación Xosé Neira Vilas. A sede da Fundación sitúase na
casa onde naceu o escritor, que foi doada á Xunta de Galicia para a
súa restauración e para a instalación dunha biblioteca pública. Nesa
antiga casa atópase na actualidade, ademais da biblioteca, un museo
etnográfico.

18:30 h. Taller de zocos de Elena Ferro, que pertence á terceira xeración de
zoqueiros da súa familia. Grazas á combinación da marroquinería coa
elaboración dos zocos, Elena e a súa familia manteñen vivo un oficio
tradicional en extinción.
Descanso para unha pequena merenda que inclúe auga e un aperitivo.
Unha vez finalizada a visita regresarase ao concello de orixe.