Coidar é no momento actual, o
verbo máis necesario fronte ao neoliberalismo patriarcal e á
globalización inequitativa. E, sen embargo, as sociedades actuais,
como moitas do pasado, fragmentan o coidado e o asignan como
condición natural a partir das organizacións sociais como a de xénero.
http://palabrademujer.wordpress.com/2013/09/22/mujeres-cuidadoras-entre-la-obligacion-y-la-satisfaccion/
O 60% do estudantado madrileño ve na prostitución unha forma de liberdade sexual
Expertas en vítimas de trata e en educación sexual advirten que as novas xeracións conciben o pago por sexo como unha práctica
máis de consumo.
O 45,9% das persoas novas perciben a visibilidade da prostitución case como se fora "parte da paisaxe".
O 60,4 % das persoas novas madrileñas ve na prostitución unha forma de exercer a libertade sexual, fronte a un 39% que o considera algo "profundamente repulsivo".
Sería interesante coñecer que % de mulleres e varóns considera a prostitución como libertade sexual ou como un fenómeno repulsivo. Esta enquisa debería facernos reflexionar sobre a educación sexual dos varóns, e repensar como estes conciben o pracer sexual propio e alleo...
http://www.eldiario.es/sociedad/estudiantes-madrilenos-prostitucion-libertad-sexual_0_178482579.html
O 45,9% das persoas novas perciben a visibilidade da prostitución case como se fora "parte da paisaxe".
O 60,4 % das persoas novas madrileñas ve na prostitución unha forma de exercer a libertade sexual, fronte a un 39% que o considera algo "profundamente repulsivo".
Sería interesante coñecer que % de mulleres e varóns considera a prostitución como libertade sexual ou como un fenómeno repulsivo. Esta enquisa debería facernos reflexionar sobre a educación sexual dos varóns, e repensar como estes conciben o pracer sexual propio e alleo...
Expulsan do parlamento galego unha deputada que chamou "fascistas" os parlamentarios que a cualificaron como "fea" e "macarra"
A deputada de Alternativa Galega de Esquerdas, Chelo Martínez foi
expulsada do parlamento e se lle castiga coa prohibición de asistir á próxima sesión plenaria da cámara galega. A decisión, adoptada
pola presidenta do parlamento Pilar Rojo (PP) prodúcese despois de
que varios deputados do PP insultaran á parlamentaria con
calificativos como "fea" e "macarra". Ante eses insultos, a deputada de
AGE encarouse coa bancada do PP e chamou "fascistas" aos seus membros,
motivo polo cal foi castigada pola presidencia da cámara.
Resulta bastante patético que a estas alturas se use como insulto "fea". A imaxe das mulleres sempre se pon en cuestión, tentando minar a súa autoestima. Señores parlamentarios: as mulleres non somos obxectos sexuais, e non estamos dispoñibles para vostedes. E o máis gracioso de todo é que ela é a expulsada!
http://www.eldiario.es/politica/Expulsan-parlamento-fascistas-parlamentarios-calificaron_0_174632859.html

Suscribirse a:
Entradas (Atom)