A deputada de Alternativa Galega de Esquerdas, Chelo Martínez foi
expulsada do parlamento e se lle castiga coa prohibición de asistir á próxima sesión plenaria da cámara galega. A decisión, adoptada
pola presidenta do parlamento Pilar Rojo (PP) prodúcese despois de
que varios deputados do PP insultaran á parlamentaria con
calificativos como "fea" e "macarra". Ante eses insultos, a deputada de
AGE encarouse coa bancada do PP e chamou "fascistas" aos seus membros,
motivo polo cal foi castigada pola presidencia da cámara.
Resulta bastante patético que a estas alturas se use como insulto "fea". A imaxe das mulleres sempre se pon en cuestión, tentando minar a súa autoestima. Señores parlamentarios: as mulleres non somos obxectos sexuais, e non estamos dispoñibles para vostedes. E o máis gracioso de todo é que ela é a expulsada!
http://www.eldiario.es/politica/Expulsan-parlamento-fascistas-parlamentarios-calificaron_0_174632859.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario