Normativa:
Orde do 15 de marzo de 1989 polo que se establece e regula o
Servizo de Termalismo Social.
Orde de 26 de decembro de 1990 pola que se modifica a do 15
de marzo de 1989, que estableceu e regulou o servizo de Termalismo Social do
Instituto Nacional de Servizos Sociais.
Resolución de 9 de decembro de 2014, do Instituto de Maiores
e Servizos Sociais, pola que se convoca a concesión de prazas para pensionistas
que desexen participar no Programa de Termalismo Saudable (BOE nº 301 do
13/12/2014)
Requisitos das/dos solicitantes:
Ser pensionista do sistema da Seguridade Social polos
conceptos de xubilación ou invalidez e, en todo caso, polo concepto de viuvez
ou doutras pensións cando o beneficiario cumprira os 60 anos de idade. Tamén
poderán ser beneficiarios/as das prazas os españois residentes no exterior,
sempre que perciban unha pensión pública, teñan máis de 60 anos e cumpran co
resto dos requisitos.
Non padecer alteracións de comportamento que impidan a
convivencia nos establecementos, nin enfermidade infecto-contaxiosa.
Poder valerse por si mesmo para as actividades da vida
diaria.
Precisar os tratamentos termais solicitados e carecer de
contraindicación médica para a recepción dos mesmos.
Acadar de conformidade coa valoración establecida a
puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas.
Ponderaranse as seguintes variables:
Grao de necesidade de recibir os tratamentos termais.
Situación económica dos solicitantes.
Idade dos solicitantes.
Que non disfrutara da praza en anos anteriores.
Se o/a solicitante e membro dunha familia numerosa.
Outras circunstancias excepcionais non contempladas nas
variables anteriores.
Tamén poderán ser beneficiarias das prazas as persoas
españolas residentes no exterior, sempre que perciban unha pensión pública ,
teñan máis de sesenta anos de idade e cumpran os requisitos 2, 3, 4 e 5.
Tamén poderán ser persoas beneficiarias das prazas os
cónxuxes de quenes reúnan os requisitos anteriores sempre que cumpran pola súa
vez cos requisitos 2, 3 e 4.
Beneficios:
As quendas terán unha duración de doce ou dez días cada unha
(once e nove pernoctacións, respectivamente) comprendendo os seguintes
servizos:
Aloxamento e manutención en réxime de pensión completa e en
habitacións dobres de uso compartido.
Tratamentos termais que comprenderán: recoñecemento médico
ao ingresar no balneario; o tratamento termal que, en cada caso, prescriba o
médico do balneario; o seguimento médico do tratamento con informe final.
Póliza colectiva de seguro.
Transporte por conta do balneario, nos casos que se expresan
no anexo I, dende a localidade máis achegada ao balneario hasta a estación
termal ao comezar a quenda e o regreso, ao rematar mesmo.
En todo caso, os beneficiarios das quendas realizarán os
desprazamentos aos establecementos termais, así como o de regreso aos seus
domicilios, directamente polos seus propios medios.
Documentación:
Se a temporada pasada a persoa solicitou praza e reunía os
requisitos para participar no programa, o IMSERSO remitiralle por correo un
modelo simplificado para a renovación da súa solicitude.
Se accede por primeira vez ao Programa ou volve a solicitalo
logo de non telo feito no ano 2014, deberá formalizar nova solicitude e informe
médico:
Solicitude. A Declaración sobre o estado de saúde efectúaa o
propio solicitante e, no seu caso o seu cónxuxe. Non precisa ir ao médico para
que a cumprimente.
Lugar de presentación:
Cumplimentación telemática da solicitude. Consulta de
trámites
Servizos Sociais Comunitarios,
Centros dependentes da Consellería de Traballo e Benestar
(centros sociocomunitarios, clubes da terceira idade, etc.)
Xefaturas Territoriais da Consellería de Traballo e Benestar
Prazo de presentación:
Para as quendas dos meses de febreiro ata agosto (ambos
inclusive):
Con prioridade na adxudicación de praza: ata o día 16 de
xaneiro de 2015.
Para a súa inclusión na orde que corresponda, na lista de
agarda de prazas: ata o día 18 de maio de 2015.
Para as quendas dos meses de setembro a decembro (ambos
inclusive):
Con prioridade na adxudicación de praza: ata o día 18 de
maio de 2015.
Para a súa inclusión na orde que corresponda, na lista de
espera de prazas: ata o día 30 de outubro de 2015.
Máis información:
Balnearios participantes 2015
Folleto informativo
Web IMSERSO
Teléfonos: 901 109 899 / 900 406 080