A cifra de mulleres maltratadas que acceden ao salario da liberdade cae un 45% nun ano


Un 45%. É a porcentaxe de mulleres en situación de violencia machista que neste ano 2013 quedaron sen o salario da liberdade a respeito dos dados do ano 2012.

Aliás, a comparativa dos seis primeiros meses de ambas as dúas anualidades permite constatar tamén unha baixada do 25% na apertura de novos expedientes e dun 20% nas ordes de protección que se ditaron. As denuncias caeron tamén nun 8,3%.

Os recortes na loita contra a violencia supoñen un ataque cara as mulleres. Se non traballamos en educación, prevención, e se se seguen recortando en recursos xudiciais para protexer ás mulleres, seguimos indo cara atrás...


http://www.sermosgaliza.com/articulo/social/cifra-mulleres-situacion-violencia-machista-acceden-ao-salario-da-liberdade-cae-45-nun-ano/20131001200527019616.html

Como espertar ovarios "durmidos"


http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/09/30/actualidad/1380568086_069988.html

Feministas denuncian por sexista un anuncio de RAE: "Limpa, fixa e dá esplendor", como os deterxentes

http://www.publico.es/471966/feministas-denuncian-por-sexista-un-anuncio-de-la-rae-limpia-fija-y-da-esplendor-como-los-detergentes

"Proxecto Camiños ó Bo Trato"







A Rede de Mulleres dentro do "Proxecto Camiños ó Bo Trato"  convoca ás e ós profesionais das diferentes ramas profesionais (docente, sanitario, asistencial, policial, xudicial etc.)  que estean interesadas/os en profundizar no ámbito da violencia de xénero, co fin de incorporar ó seu traballo diario a perspectiva de xénero, e realizar unha práctica profesional máis adaptada a realidade social.

No díptico adxunto tedes a información sobre as temáticas a traballar.

O obradoiro terá lugar o luns 7 de outubro  no Centro Cívico Casco Vello, é de balde e realizarase en horario de 18.00 a 21.00. Será impartido por Carmen Clavería Prada.


Podedes anotarvos nos teléfonos 986 22 23 28 e 670 453 431 
ou no correo electrónico redemediadoras@gmail.com

Agardamos contar coa vosa participación e esperamos que o difundades entre os vosos contactos.

un saúdo,
A Rede.







Un xuíz anula a multa a unha autoescola que cobraba máis ás mulleres


http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/10/01/actualidad/1380637850_234041.html