Concentración

Como ven sendo habitual, a asociación Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo convoca á concentración que terá lugar o vindeiro xoves día 29 de maio ás 20:00 h na Rúa Príncipe, diante do Museo de Arte Contemporánea (MARCO), como mostra de repulsa da violencia machista en todas as súas manifestacións.

Dende a Rede seguimos a denunciar a morte das mulleres, que no que vai de ano xa son 34.

Nesta ocasión contaremos coa presencia do actor Manuel Botana do grupo, Fulano, Mengano e Citano  que leerá o comunicado en mostra de solidariedade coas mulleres que sofren a máis despiadada manifestación do machismo, a violencia  de xénero.

Agardamos contar con todas e todos vós, para que se escoite a voz de todos os sectores sociais contra a lacra intolerable da violencia contra as mulleres.


Agradeceríamos a súa difusión e asistencia.



     



Xornadas en Ferrol o 12 de xuño


Un acusado de violar a unha rapaza de 14 anos na Coruña alega que era unha relación consentida

http://www.farodevigo.es/sucesos/2014/05/27/acusado-violar-chica-14-anos/1031175.html