Programa diúrno de carácter lúdico de balnearios "Coidarte 2014"

Normativa:
novo prazo de presentación de solicitudes: Desde o 30 de outubro  ata o 30 de novembro de 2014.
Obxecto:
Fomentar o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas, establecendo novas relacións sociais e favorecendo a participación en actividades que favorezan o seu estado anímico, potenciando movementos de participación e cooperación social, promovendo espazos de encontro e intercambio de experiencias e a súa independencia, evitando o illamento e as situacións de soidade.
Ó programa poderán adherirse os concellos da provincia de Pontevedra co número de prazas que estimen oportunas.
Características do programa:
O Programa consiste en pasar cinco tardes seguidas (de luns a venres) nos Balnearios, Talasos e Spas da provincia de Pontevedra. Este levarase a cabo nunha soa campaña e as saídas realizaranse ao longo de todo o ano, agás no mes de agosto.
Cada semana de ámbolas dúas campañas sairá un autobús con cartel identificativo que recollerá ás persoas beneficiarias e os trasladará aos balnearios elixidos, onde permanecerán por unha media de dúas horas.
O/A guía repartirá repartirá o primeiro día un bono de viaxe coa data e hora de recollida, e indicará a cota a pagar por cada participante.
Persoas beneficiarias requisitos:
a.                  Persoas nacidas antes de 1964 (acreditación con DNI).
b.                  Persoas xubiladas e pensionistas que acheguen unha fotocopia do certificado da pensión.
c.                   Persoas que, sen cumprir os perfís anteriores, precisen dun respiro familiar, o que deberán acreditar mediante un informe da traballadora ou traballador social do concello.
É requisito indispensable non padecer enfermidade ningunha ou patoloxía incompatible coa actividade do programa, así como ser totalmente autónomo.
Financiamento:
O programa é cofinanciado pola Deputación Provincial, os concellos adheridos e as persoas usuarias.
·             A Deputación achegará por cada praza 35 €.
·             O concello adherido achegará 10 €
·             A persoa usuarioa aboará a cantidade resultante de descontar a subvención da Deputación e do seu concello (de estar este adherido) do prezo do balneario escollido. Estes prezos serán publicados na web da Deputación.
Documentación:
Para a adhesión ao programa dos concellos:
Todos os concellos da provincia de Pontevedra poderán sumarse ó programa mediante un acordo de adhesión adoptado polo órgano competente, remitindo unha certificación expedida polo secretario do dentro dos 20 días naturais seguintes á publicación das bases no BOPPO (ata o 23 de xuño por ser o 22 inhábil).
·             Certificación do acordo de adhesión ao Programa facendo constar o nº de prazas a subvencionar polo concello e a existencia de crédito suficiente nas respectivas aplicacións dos orzamentos municipais para facer fronte ás obrigas do contrato, así como as semanas de preferencia para o desenvolvemento da actividade (débense sinalar catro semanas por orde de preferencia).
Das persoas participantes:
·             Solicitude
·             Fotocopia de DNI.
Novo prazo de inscrición: Ata o 30 de novembro de 2014.
Dos concellos adheridos
·             Unha relación nominal (en formato Excel ou Access) dos solicitantes, con todos os campos da folla de solicitude, seguindo o rexistro de entrada. Este documento remitirase ó Servizo de Servizos Sociais da Deputación de Pontevedra por correo electrónico (servizos.sociais@depo.es).
·             Os orixinais das solicitudes presentadas no concello coa documentación requirida.
Lugar de presentación:
- Sede de Pontevedra: avda. Montero Ríos, s/n (de luns a sábado)
- Sede de Vigo: rúa Oporto, 3 (de luns a venres)


Participa na campaña da Marcha Mundial das Mulleres de Galiza contra a violencia machista:


. Grava un video contra a violencia, retando a 2 amig@s
. Súbeo ás túas redes sociais (coa etiqueta #ForaMachismo25N)
. Mándanos o video para subilo ao canal de Youtube da marcha (nacional@feminismo.info)
. Podes ver os videos no seguinte enlace: http://www.youtube.com/user/mmmgaliza

#FóraMachismo25N
Que propoñemos?
Queremos que a nosa mensaxe do 25 de novembro, Día internacional contra a violencia machista, se escoite nas rúas e nas redes e para iso lanzamos unha campaña que queremos axudedes a espallar.
A idea é gravar un video/tirar unha foto decindo ou ensinando unha frase contra a violencia machista e colocar ese material nas redes sociais 'nominando' a coñecidas/amigas/colegas para que se sumen á campaña e fagan o mesmo, colocar a foto ou video nas redes sociais e espallar a máis e máis xente.
O noso obxetivo é que moitas e moitos demos a cara contra a violencia machista e achegar a nosa mensaxe a todo tipo de persoas, a aquelas que se sumarán ás mobilizacións do 25 N nas diferentes cidades e a aquelas que non o farán pero que estan dispostas a difundir e espallar a nosa mensaxe a través das redes sociais.
Como participar?
·         Sube unha foto nas túas redes sociais (Twitter, Facebook ou Instagram) na que apareza a frase que queiras e a etiqueta #FóraMachismo25N e nomina a outras persoas para que tamén o fagan e estendan a campaña.
·         Sube un video ás túas redes sociais (Twitter, Facebook ou Instagram) na que digas a frase que queiras e a etiqueta #FóraMachismo25N e nomina a outras persoas para que tamén o fagan e estendan a campaña.
·         Envíanos ás túas fotos e/ou videos se queres que ademáis de nas túas redes sociais formen parte da nosa campaña nas redes: nacional@feminismo.info

Como podo ver/seguir a campaña?
·         Os videos que realicemos dende a Marcha aparecerán aquí:http://www.youtube.com/user/mmmgaliza
·         As fotos e videos de quen siga a campaña poderás atopalas buscando coa etiqueta #FóraMachismo25N nas redes sociais