CONCENTRACIÓN DIANTE DO MARCO



Sen tempo apenas para recuperarnos do horror polos asasinatos de dúas mulleres e dúas crianzas en apenas nove horas o pasado martes, hoxe, a violencia machista acabou coa vida doutra muller en Málaga.

É o tráxico balance dunha semana negra que deixa un cómputo xeral de 78 vítimas mortais, 68 mulleres e 10 menores no que levamos de ano, máis de mil asasinatos desde que en 2003 se empezaron a contabilizar as vítimas da violencia de xénero, aínda que sabemos que estes datos non representan a totalidade de mulleres e crianzas que viron truncadas as súas vidas por culpa destes energúmenos.

Estamos fartas! Cansas de repetir ata a saciedade que un maltratador non é un bo pai: 10 menores mortos este ano a mans dos seus pais co único obxectivo de danar á nai...
Ata cando se vai permitir que continúen estas atrocidades sen que ninguén se faga responsable? Canto máis temos que esperar ata que se fagan efectivas as medidas acordadas no Pacto de Estado? Non hai escusa posible que xustifique a pasividade que as institucións políticas e gobernamentais están demostrando ante esta barbarie.

No hay comentarios:

Publicar un comentario