Mensaxes á mocidade que fan perpetuar á violencia de xénero

http://praza.gal/movementos-sociais/7736/cinco-mensaxes-a-mocidade-que-fomentan-a-violencia-machista/

Temos que seguir traballando na educación da xente nova: é o único camiño para rachar coa violencia de xénero. Hai que desterrar da educación que lles damos frases como: "se te pegan, ti pega"; ou "os ciumes son expresión de amor". Estes "consellos" seguen a ser escoitados por mozos e mozas, reproducindo unha roda de violencia que temos que parar. Esta nova da conta dun interesante estudo que tamén comenta que as mulleres somos máis educadas na non violencia e na resolución de conflictos pacífica, mentres os nenos reciben mensaxes máis violentos. Isto ten que mudar xa. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario