IMOS FACER RUIDO CONTRA AS AGRESIÓNS
Convidámoste
a que o xoves, 23 de novembro, ás 20:00 horas, na farola de
Urzaiz-Vigo saias a rúa connosco nunha ACCIÓN para
reivindicar que estamos fartas de
agresións! Que estando xuntas a manada somos nós!
Que estamos fartas de que sendo as agredidas
se nos cuestione e criminalice!
Que non imos ficar caladas fronte a unha
xustiza patriarcal e a uns medios e sociedade cómplices da violencia machista!
Que queremos mudar este entorno machista e que
precisamos feminismo para vivir!
Contamos
contigo para facer moito, moito ruído. Trae
batukada, panderetas, cacerolas e todo o
que se che ocorra para facernos oír. Todas xuntas imos facer que se nos
escoite!
Non
faltes! E axúdanos a difundir para ser cantas máis mellor! Unha aperta
feminista!
A MANADA SOMOS NÓS !! Feminismo para vivir !!
No hay comentarios:
Publicar un comentario