As novas tecnoloxías causan un repunte da Violencia de Xénero entre os máis novos

http://www.diariodeleon.es/noticias/sociedad/nuevas-tecnologias-causan-repunte-violencia-genero-jovenes_953835.html

Os últimos estudos sobre machismo entre adolescentes en España mostran un paradoxo. Cada vez son máis os que rexeitan a violencia de xénero, pero tamén os que a exercen, sófrena ou a justifican.

A inmensa maioría considera completamente inaceptables as agresións físicas ou verbais, pero non outros comportamentos que os expertos cualifican de «control abusivo». Segundo unha enquisa presentada o pasado martes polo ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, case un de cada tres novos consideran «aceptable en ocasións» ou «inevitable» polo menos una destas actitudes: controlar as relacións con amigos ou familiares, que pode ou non pode facer, ou os seus horarios.

No hay comentarios:

Publicar un comentario