http://www.elnortedecastilla.es/salamanca/201502/01/denuncian-falta-traductores-para-20150201115517.html
Imaxínese nun país remoto no que falar español non vale para nada. Nin sequera defenderse medianamente en inglés ou francés. Imaxine agora que da capacidade de facerse entender dependa a posibilidade ou non de escapar dunha situación de violencia, a correcta argumentación nun xuízo para ter a custodia dun fillo ou a posibilidade de recibir a asistencia que precisamos. Pois este é o problema ao que se enfrontan as vítimas estranxeiras de violencia de xénero. Á situación derivada dun contexto xa de seu moi complexo, normalmente aparellado a problemas de desarraigamento, exclusión ou mesmo trata ou explotación sexual, súmase que os recursos públicos e as asociacións non dispoñen dunha resposta que garanta a correcta atención no seu idioma a estas mulleres.
No hay comentarios:
Publicar un comentario