CICLO DE CINE INFANTIL E XUVENIL


   SESIÓNS MATINAIS OS SÁBADOS ÁS 11,30H


A Concellería de Igualdade lembra que este sábado pola mañá haberá unha nova sesión de cine. Proxectaremos ás 11,30h no Auditorio Municipal "A CASA DA LUZ", producida por Vimbio filmes e dirixida por Carlos Amil, baseada nunha novela do mesmo título de Xabier Docampo.

Como xa vimos informando,  durante os sábados de maio proxectamos un ciclo de cine infantil e xuvenil onde os 5 filmes elixidos teñen en común que o papel protagonista o interpreta unha rapaza, ou como no caso de "A casa da Luz", un grupo equitativo de rapazas e rapaces.

A entrada é de balde e libre ata completar as localidades
Lugar: Auditorio municipal (Praza do Rei, núm. 1)
Datas: sábados 3, 10, 17, 24 e 31 de maio
Hora de comezo das proxeccións: 11:30h

 
  
RESUMO:
“A CASA DE LA LUZ” introdúcenos nunha aventura fundacional: A panda de Alicia arríscase a penetrar en un mundo descoñecido e sorprendente para atopar a un amigo perdido e descobren unha nova forma de ver a vida de seu e a da que os rodean.
Con “A CASA DA LUZ” trátase daquela de entender os misterios do mundo e voltar a casa con máis sabiduría, con máis compromiso porque na viaxe aprendimos que eramos máis fortes do que pensabamos, que a amizade é más indestructible do que supoñíamos e que a ansia de saber constitúe un grande soporte para resolver as inxustizas e para facilitar a convivencia en paz.

No hay comentarios:

Publicar un comentario