Formación para mulleres

O Proxecto CEDIM ofréceche unha formación gratuíta e eminentemente práctica dirixida á activación laboral e mellora da empregabilidade.

a oferta formativa ten unha duración total de 40 horas que serán impartidas en 8 sesións de 5 horas: catro sesións en horario de mañá (de 09h30 a 14h30) e catro en horario de tarde (de 16h00 a 21h00) e organízase en dous módulos:

- Formación en detección de oportunidades de emprego.
- Formación en mellora das habilidades sociais e comunicativas.

Todas as persoas que participen recibirán un diploma acreditativo da formación realizada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario