https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190102/AnuncioG0244-211218-0002_gl.html
Obxecto:
Proporcionarlles apoio económico ás
mulleres que sofren violencia de xénero para tentar garantirlles unhas
condicións suficientes de independencia económica respecto do agresor, ou da
persoa que manteña sobre ela unha relación de dominación para os casos das
mulleres vítimas de trata con fin de explotación sexual, e mais a tentar
axudalas a romper coa situación de violencia, que lles posibilite dar o
primeiro paso ou consolidar a ruptura dunha situación en que corren perigo.
Requisitos das beneficiarias:
·
Ser muller, maior de idade ou
emancipada, vítima de violencia de xénero nunha relación de convivencia e de
dependencia económica do seu agresor ou, no caso de vítimas de trata con fins
de explotación sexual, de dependencia da persoa que manteña sobre ela unha
relación de dominación.
·
Ter cesado a convivencia co agresor, ou
coa persoa que manteña sobre ela unha relación de dominación, no intervalo
temporal que comprende os doce meses inmediatamente anteriores á data de presentación
da solicitude.
·
Estar empadroada e ter residencia
efectiva na CA de Galicia e, no caso das mulleres estranxeiras, cando así o
exixa a lexislación vixente, ter permiso de residencia. No caso de vítimas de
trata con fins de explotación sexual, será suficiente acreditar que posúen
autorización de residencia por circunstancias excepcionais.
·
Carecer de dispoñibilidade de recursos
económicos ou que estes sexan de contía insuficiente para afrontar unha
independencia inmediata do seu agresor ou da persoa que manteña sobre ela unha
relación de dominación, e/ou dispoñer dunhas rendas ou ingresos brutos mensuais
iguais ou inferiores a 1,5 veces o IPREM vixente, excluída a parte proporcional das pagas
extraordinarias.
·
Reunir na data de solicitude e manter
ata que se resolva esta e durante a súa percepción os requisitos indicados
anteriormente.
·
Non ter percibido esta axuda ou a axuda
establecida no artigo 27º da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas
de protección integral contra a violencia de xénero con anterioridade.
A solicitante deberá reunir na data de solicitude e
manter, ata que se resolva esta e durante a súa percepción os requisitos
indicados no punto anterior.
Non poderán ser beneficiarias desta axuda as mulleres
que, reunindo estes requisitos, xa percibisen con anterioridade esta ou a axuda
establecida no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas
de protección integral contra a violencia de xénero.
Natureza e contía das prestacións:
A axuda consiste nunha contía económica destinada
directamente á beneficiaria, de carácter periódico, ata o máximo de 12
mensualidades, sempre que nese período subsistan as circunstancias polas que
se concedeu. O cómputo do período empeza o mes da solicitude.
No suposto de que a solicitante estivese percibindo
ingresos doutras axudas incompatibles con estas e renuncie a elas, detraerase
do cómputo total o número de mensualidades coincidentes no período de
percepción.
A contía da axuda establécese en función das rendas e
ingresos da solicitante en relación co IPREM para o ano
2018, de acordo coas seguintes especificacións:
Ingresos ≤ ao IPREM
|
Ingresos > ao IPREM e ≤ a 1,5 veces o IPREM
|
|
a) Con carácter xeral
|
600 euros/mes
|
300 euros/mes
|
b) Con unha/un filla/o menor a cargo ou cando a vítima
teña unha discapacidade ≥ 33%:
|
650 euros/mes.
|
350 euros/mes.
|
c) Con unha/un filla/o menor a cargo e esta/e ou a solicitante teñan
unha discapacidade ≥ 33%
|
700 euros/mes
|
400 euros/mes.
|
d) Con dúas ou máis fillas/os menores a cargo
|
700 euros/mes.
|
400 euros/mes.
|
e) Con dúas ou máis fillas/os menores a cargo e algunha ou algún deles
ou a solicitante teñan unha discapacidade ≥ 33%
|
800 euros/mes.
|
500 euros/mes.
|
f) Con unha/un filla/o menor a cargo e esta/e ou a solicitante teñan
unha discapacidade ≥ 65% ou teñan recoñecido grao de dependencia
|
800 euros/mes.
|
500 euros/mes.
|
Non se considerarán a cargo as/os menores
emancipadas/os e/ou con ingresos mensuais brutos superiores ao IPREM vixente,
excluída a parte proporcional das pagas extraordinarias.
Incompatibilidades:
Coa percepción de calquera outra
establecida tanto polas administracións públicas ou calquera dos seus
organismos, entes ou sociedades, como por calquera entidade privada destinadas
ao mesmo fin.
Cando as solicitantes teñan solicitada ou perciban a RAI por vítima de violencia, farán constar expresamente esta circunstancia na declaración de axudas xunto coa solicitude, e nos casos que a soliciten con posterioridade deberán comunicalo de xeito inmediato. O órgano xestor daralles opción para que no prazo de 5 días manifeste a súa opción, indicándolles que as mensualidades coincidentes no período de percepción de ambas as dúas axudas minoran no mesmo número de meses desta axuda.
Cando as solicitantes teñan solicitada ou perciban a RAI por vítima de violencia, farán constar expresamente esta circunstancia na declaración de axudas xunto coa solicitude, e nos casos que a soliciten con posterioridade deberán comunicalo de xeito inmediato. O órgano xestor daralles opción para que no prazo de 5 días manifeste a súa opción, indicándolles que as mensualidades coincidentes no período de percepción de ambas as dúas axudas minoran no mesmo número de meses desta axuda.
Así mesmo, deberase ter en conta que as
normas reguladoras das axudas como a RISGA, PNCs e aqueloutros subsidios percibidos por carencia de
recursos teñen límites distintos aos establecidos para esta axuda polo que a
concesión da mesma deberase comunicar aos organismos responsables da xestión
das axudas que estiveran a percibir.
Documentación:
·
Documentación que xustifique os ingresos
declarados no punto 1 do anexo I, de ser o caso (nómina, recibo ou resolución
de calquera tipo de prestación ou subsidio...)
·
Acreditación da situación de violencia
derivada de convivencia ou de situación de dominación no caso de vítimas de
trata de seres humanos con fins de explotación sexual, con algún dos documentos
seguintes, que deben estar adoptados ou emitidos no intervalo temporal que
comprende os 12 meses inmediatamente anteriores á data de presentación da
solicitude:
1.
Certificación da orde de protección ou
da medida cautelar, ou testemuño ou copia autenticada polo/a secretario/a
xudicial da propia orde de protección ou da medida cautelar. Terán que estar
vixentes na data de presentación da solicitude e manterse na data da resolución
desta axuda.
2.
Sentenza de calquera orde xurisdicional
que declare que a muller sufriu violencia de xénero ou documento xudicial que
declare que a muller é vítima de trata de seres humanos con fins de explotación
sexual.
3.
Informe do Ministerio Fiscal que indique
a existencia de indicios de violencia e /ou de trata de seres humanos con fins
de explotación sexual, auto de apertura de xuízo oral ou documento equivalente
en que conste a existencia dos ditos indicios.
4.
Informe das forzas e corpos de
seguridade que indique a existencia de indicios claros de trata de seres
humanos con fins de explotación sexual.
5.
Informe dos servizos sociais e/ou
sanitarios da Administración pública autonómica ou local en que se recolla a
dita condición de vítima de violencia de xénero ou de vítima de trata de seres
humanos con fins de explotación sexual, e a data en que se produciu o cesamento
da convivencia ou da situación de dominación respectivamente.
6.
Informe dos servizos de acollida da
Administración pública autonómica ou local en que se recolla a dita condición
de vítima de violencia de xénero ou de vítima de trata de seres humanos con
fins de explotación sexual, e a data en que se produciu o cesamento da
convivencia ou da situación de dominación respectivamente.
·
No caso de que, para a acreditación da
condición de vítima de violencia de xénero, se presente algún dos documentos
recollidos nos puntos 1, 2 ou 3 e non conste que a situación de violencia
ocorre nunha relación de convivencia, deberase achegar ademais un informe
dos servizos sociais da Administración autonómica ou local que o
acredite ou, no seu defecto, a declaración responsable da solicitante,
recollida no anexo I de solicitude. En ambos os casos, deberá constar a
data na que tivo lugar o cesamento da convivencia. No caso de falecemento do
agresor, o intervalo temporal será igualmente de 12 meses, tanto para o feito
en si do propio falecemento como da ruptura da convivencia.
·
No caso de discapacidade da solicitante
e/ou das/os súas/seus fillas/os menores ou menores acollidos a cargo da
solicitante, copia cotexada da certificación acreditativa, se non foi expedida
pola Xunta de Galicia.
·
Acreditación de fillas/os menores a
cargo, a través da copia cotexada do libro de familia e/ou calquera outro
documento que acredite que as/os fillas/os están ao seu cargo (informe de
servizos sociais, certificado de empadroamento conxunto, resolución xudicial de
custodia,...), de ser o caso. No caso de ter ao seu cargo menores en situación
de acollemento, achegarase copia cotexada da resolución administrativa/xudicial
acreditativa, se non foi expedida pola Xunta de Galicia.
Lugar de presentación:
·
Preferiblemente por vía electrónica https://sede.xunta.es
·
En soporte papel calquera dos lugares e
rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo
común.
Prazo de presentación:
Comezará o día seguinte ao da publicación desta
resolución no Diario Oficial de Galicia e permanecerá aberto con
carácter permanente durante todos os exercicios (todo o ano)
Máis información sobre o procedemento
Secretaría Xeral da Igualdade
https://igualdade.xunta.gal |
Teléfono 881 99 91 64 | vx.igualdade@xunta.gal
No hay comentarios:
Publicar un comentario