Axuda económica para mulleres vítimas de violencia de xénero 2018

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190102/AnuncioG0244-191218-0002_gl.html


Obxecto
A finalidade das axudas establecidas na Lei orgánica é proporcionar apoio económico ás mulleres que sofren violencia de xénero; a das indemnizacións previstas na Lei galega é facer valer o dereito recoñecido por sentenza xudicial ditada por xulgados e tribunais con sede no territorio galego.
Tipos de axudas
1.       Axudas dirixidas a mulleres vítimas de violencia de xénero que residan na CA de Galicia e acrediten insuficiencia de recursos e unhas especiais dificultades para obter un emprego -axuda establecida no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero-.
2.       Axudas de indemnización dirixidas ás mulleres que sofren violencia de xénero e/ou ás e aos menores ou persoas dependentes delas polos danos e perdas ocasionados como consecuencia da situación de violencia, fixadas mediante sentenza xudicial, no caso de incumprimento, por insolvencia, por parte do obrigado a satisfacer a indemnización establecida no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
Requisitos:
Axudas establecidas no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro de medidas de protección integral contra a violencia de xénero:
a.       Ser muller, maior de idade ou emancipada, vítima de violencia de xénero.
b.       Non convivir co agresor.
c.        Estar empadroada e residir en calquera dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia. No caso das mulleres estranxeiras, tamén será necesario ter permiso de residencia e de traballo.
d.       Ter especiais dificultades para obter un emprego, que se acreditará a través do informe do Servizo Público de Emprego.
e.        Carecer de rendas que, en cómputo mensual, superen o 75% do SMI vixente, excluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias.
Non poderán ser beneficiarias as mulleres que, reunido estes requisitos, percibiran esta axuda con anterioridade.
Axudas de indemnización establecidas no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero: Poderán ser beneficiarias destas indemnizacións as mulleres vítimas de violencia de xénero e todas as persoas que dependan económica e/ou asistencialmente dunha muller que sufra violencia de xénero nas cales concorran as seguintes circunstancias:
1.       Estar empadroada e ter residencia en calquera dos concellos de de Galicia. No caso das mulleres estranxeiras, tamén será necesario ter permiso de residencia.
2.       Ter dereito á percepción dunha indemnización, por danos e perdas derivados dunha situación de violencia de xénero, recoñecida nunha resolución xudicial firme ditada por un xulgado ou tribunal con sede en Galicia.
3.       Que exista constatación xudicial do incumprimento do deber de satisfacer a indemnización por insolvencia do obrigado ao pagamento.
4.       Que a persoa beneficiaria se atope nunha situación de precariedade económica como consecuencia da falta de pagamento da indemnización xudicialmente recoñecida. Entenderase que se produce unha situación de precariedade económica cando os ingresos da unidade familiar de convivencia a que pertenza a persoa beneficiaria divididos polo número de membros que a compoñen, non superen o importe do IPREM vixente.
5.       Non convivir co agresor.
Contía:
·         Axudas
1.       Con carácter xeral, equivalente a seis meses de subsidio por desemprego: 2.581,62 € (6x430,27€).
2.       Equivalente a 12 meses de subsidio por desemprego (5.163,24 €):
a.       Cando a vítima tivese a cargo un familiar ou menor acollido/a.
b.       Cando a vítima, sen responsabilidades familiares, tivese unha discapacidade igual ou superior ao 33 %.
3.       Equivalente a 18 meses de subsidio por desemprego (7.744,86 €):
a.       Cando a vítima tivese ao seu cargo dous ou máis familiares ou menores acollidos/as, ou un familiar e un menor acollido/a.
b.       Cando a vítima tivese ao seu cargo un familiar ou menor acollido/a e unha discapacidade igual ou superior ao 33 % ela ou a persoa dependente.
4.       Equivalente a 24 meses de subsidio por desemprego (10.326,48 €):
a.       Cando a vítima tivese ao seu cargo dous ou máis familiares ou menores acollidos/as, ou un familiar e un menor acollido/a e unha discapacidade igual ou superior ao 33 % ela ou algunha das persoas dependentes.
b.       Cando a vítima de violencia de xénero con responsabilidades familiares ou o familiar ou menor acollido/a con quen conviva tivese recoñecido oficialmente un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %.
Estas axudas serán compatibles con calquera das previstas na Lei 35/1995, do 11 de decembro, de Axudas e Asistencia ás Vítimas de Delitos Violentos e contra a Liberdade Sexual, así como con calquera outra axuda económica de carácter autonómico ou local concedida pola situación de violencia de xénero.
·         Indemnización:
A contía da indemnización que se aboará será a fixada pola resolución xudicial correspondente que quede pendente de pagamento tras a declaración de insolvencia do obrigado a esta, cun máximo de 6.000 €, excluídos xuros de mora, por cada persoa beneficiaria.
Responsabilidades familiares:
Existen responsabilidades familiares cando a beneficiaria teña ao seu cargo polo menos a un familiar, por consanguinidade ou afinidade ata o 2º grao inclusive, con quen conviva. (Organigrama de parentesco). Non se considerarán a cargo os familiares con rendas superiores ao SMI, excluída a parte proporcional das pagas extraordinarias.
As responsabilidades familiares deberán concorrer no momento da solicitude, excepto no suposto de fillas e fillos que sexan nados dentro dos trescentos días seguintes, que procederá revisar a contía da axuda percibida.
Entenderase que existe convivencia cando esta se encontre interrompida por motivos derivados da situación de violencia de xénero.
Non será necesaria a convivencia cando exista obriga de alimentos en virtude de convenio ou resolución xudicial e presumirase que existe, salvo proba en contrario, cando os familiares teñan a condición de beneficiarios no documento de asistencia sanitaria da Seguridade Social no documento que apareza expedido a nome da vítima.
Compatibilidade da axuda coa PNC:
Esta axuda económica será compatible coa percepción das PNC de Invalidez e de Xubilación da Seguridade Social, e non terá, en ningún caso, a consideración de renda ou ingreso computable a efectos da percepción destas. (Disp. final 1ª do RD 570/2011)
Documentación:
Axudas:
·         Documentación acreditativa da condición de violencia de xénero:orde de protección a favor da vítima, cando esta estea en vigor; coa sentenza condenatoria definitiva, ou definitiva e firme, que conteña medidas de protección vixentes que acrediten a actualidade da situación de violencia e, excepcionalmente, co informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de que a denunciante é vítima de violencia de xénero, mentres non se dite a orde de protección
·         Se a solicitante ten ao seu cargo polo menos un familiar por consanguinidade ou afinidade ata o segundo grao, achegará a seguinte documentación:
a.       Copia cotexada do libro de familia ou doutro documento que acredite os vínculos familiares da solicitante coas persoas ao seu cargo.
b.       Se houbese convivencia cos familiares a cargo presentarase fotocopia cotexada do documento de asistencia sanitaria da Seguridade Social da vítima en que se recoñeza a condición de beneficiarios/as dos/as familiares ao seu cargo, ou calquera outro documento que acredite a convivencia (informe social, certificado de empadroamento conxunto...).
c.        De non existir convivencia, presentarase fotocopia cotexada do convenio ou resolución xudicial en virtude dos cales exista obriga de alimentos.
d.       Nos casos de menores acollidas/os a cargo, achegarán copia cotexada da resolución administrativa/xudicial acreditativa da dita situación nos supostos en que esta fose expedida por unha Administración distinta á Xunta de Galicia.
·         Copia compulsada da certificación acreditativa da discapacidade da solicitante e/ou das/os familiares a cargo ou menores acollidas/os, non expedidos pola Xunta de Galicia.
·         Documentación que xustifique os ingresos declarados no punto 1 do anexo I, da solicitante e dos membros da unidade familiar de convivencia, de ser o caso (nómina, recibo ou resolución de calquera tipo de prestación ou subsidio...).
Indemnización:
a.       Testemuño da resolución xudicial firme, ou copia compulsada desta, que recoñeza o dereito a unha indemnización por danos e perdas froito dunha situación de violencia de xénero.
b.       Testemuño da resolución xudicial, ou copia cotexada desta, que recoñeza a insolvencia do debedor.
c.        Documentación que xustifique os ingresos declarados no punto 1 do anexo I, da solicitante e dos membros da unidade familiar de convivencia, de ser o caso (nómina, recibo ou resolución de calquera tipo de prestación ou subsidio...).
d.       De ser o caso, documentación que acredite a composición da unidade familiar de convivencia.
e.        No caso de que a persoa solicitante sexa un/unha menor de idade que dependa dunha muller que sufra violencia de xénero ou unha persoa maior de idade que dependa económica e asistencialmente dunha muller que sufra violencia de xénero, deberá acreditarse a dita dependencia mediante copia compulsada do libro de familia e informe dos servizos sociais, resolución xudicial de custodia ou calquera outro documento que acredite suficientemente esta circunstancia.
Lugar de presentación:
·         Secretaría Xeral de Igualdade.
·         Na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.es
·         En calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Prazo de presentación:
·         Ata o 30 de novembro de 2019 para o caso das axudas.
·         Ata o 31 de outubro de 2019 para o caso das indemnizacións.
Máis información:
http://www.mulleresengalicia.es  | Tel.  981 95 76 99 |  vx.igualdade@xunta.es


1 comentario:

  1. Hola a su atención,
    Ponemos a disposición de todas personas que pueden reembolsarlo de los préstamos de 5000 a 20.000.000 dólares y euros con condiciones muy simple. Hacemos también inversiones y préstamos entre particular de todas las clases. Ofrecemos créditos a corto y largo plazo en colaboración con un abogado y la duración de reembolso es siempre accesible. No tenemos que conocer el uso de su préstamo y nuestras transferencias están garantizadas por un banco para la seguridad de la transacción. Para todas sus solicitudes de financiación o inversión, estaremos a su disposición. Por fin para más comprensión quiere adjuntarnos solamente por correo o por whatsapp.

    Correo: ( simondurochefort@gmail.com )
    Whatsapp: +33756949346

    Si no habla en serio, no nos escriba !

    ResponderEliminar