Se ben o inicio da redacción é correcta: "O concello de Rentería suspende o pleno extraordinario e a
concentración convocados para esta tarde en protesta por unha suposta
agresión de violencia machista a unha veciña desta localidade, ata que
se aclaren as circunstancias da súa morte, xa que podería deberse "a
causas naturais".
O que se escapa ao noso
entendemento é por que se termina esta nova aludindo a: "A semana
pasada, a Ertzaintza informou de que dúas denuncias por agresións sexuais en Bilbao e Zarautz eran falsas".
A muller morta en Rentería non presentara denuncia
previa, polo que non entendemos a relación para sinalar o tema das
denuncias falsas. Este tipo de redacción é moi negativa para a loita
contra a violencia de xénero. As denuncias falsas son mínimas neste
tipo de causas (ao rededor de 1% e moito menores que noutro tipo de
delitos, como os roubos). En cualqueira caso, non ten senso informar
disto cando non ten nada que ver co caso.
É triste ver como os medios de comunicación non
conseguen avanzar e solidarizarse cunha epidemia que mata entre 60 e 80
mulleres ao ano en España. Enlace á nova:
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/07/02/paisvasco/1372763248_001662.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario