O pasado día 23 unha muller de 20 anos era asasinada pola súa exparella sobre a cal pesaba unha orde de afastamento e xa fora condenado por malos tratos dunha relación anterior. Supostamente secuestrou a vítima cando se dirixía ao seu traballo, obrigandoa a entrar no coche tirandolle do cabelo para despois empotrarse deliberadamente cunha estación de servizo provacando a morte de ambos. A nai da muller puxo unha denuncia por violencia que a propia vítima ratificou a principios de decembro cando o agresor intentou atropelala, estableceuse unha orde de afastamento de 200 metros pero foi quebrantada en varias ocasións segundo as declaracións da irmá da falecida. Este novo caso de asasinato machista puido terse evitado, a propia vítima alertou ao seu policía custodio da posibilidade de que ese mesmo día o seu agresor podía achegarse onde ela.
Debemos lembrar que a violencia machista non toma vacacións e no que vai de ano xa son 84 o número de feminicidios cometidos en España, 58 dos cales cometidos por parellas ou exparellas aínda que as cifras oficiais só contabilicen 46.
www.eldiario.es. investigan novo caso de asasinato machista en Benicassim
No hay comentarios:
Publicar un comentario