O acusado de violar e reter a unha moza no seu piso de Vigo alega que foi sexo consentido

http://www.farodevigo.es/sucesos/2015/02/04/acusado-violar-retener-joven-piso/1177741.html

Unha noite de festa que concluíu con 14 horas de terror. A Sección Quinta da Audiencia con sede en Vigo acolleu onte a primeira xornada do xuízo contra un cidadán cubano que se enfronta a 17 anos de prisión acusado de violar reiteradamente e deter ilegalmente durante 14 horas a unha muller no seu domicilio da Travesía de Vigo. A vista, que seguirá hoxe, celébrase a porta pechada para preservar a intimidade e identidade da vítima a petición expresa da letrada que exercita a acusación particular en nome da muller.

O acusado e a vítima foron os primeiros en prestar declaración, pero as súas versións son totalmente contraditorias salvo polo feito de que se coñeceron aquela mesma noite e acudiron a varios locais de copas. Sobre as 8 da mañá ambos se foron a casa do procesado, e a partir deses momentos os seus relatos difiren radicalmente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario