Feminismo en obras

05-10-2013 Centro de día “Manuela Pérez Sequeiros” NARON

  O titulo destas xornadas feministas significa localizar e derrubar o que xa non serve, deseñar e levantar novos espazos,  en definitiva traballar para seguir construíndo feminismo entre todas,  abrir un tempo de reflexión sobre o que leva percorrido o feminismo e atopar o novo camiño.
En primeiro lugar, recoñecer os perigos, ver os ataques continuos ós que está sometido o feminismo, moito máis nestes momentos de retroceso ideolóxico.
En segundo lugar comprender cal é situación real, social e económica das mulleres nos diferentes ámbitos da vida. Por exemplo nos servizos, como nos afectan os recortes amparados na crise, privatizacións e desmantelamento. Soberanía alimentaria e consumo responsable. Nos espazos, planeamento–organización das cidades dende unha perspectiva de xénero.
En terceiro lugar faremos un repaso á nosa saúde e os nosos, ultimamente moi atacados, dereitos reprodutivos
E por último, mulleres a través das vivenzas nas institucións, partidos políticos, sindicatos e movementos sociais expoñerannos as súas alianzas e alternativas para o futuro do feminismo.

PROGRAMA
10,00h.  Apertura e presentación das xornadas
10,30h. Mesa “Ataques ao feminismo, retroceso ideolóxico”
       Relatoras : Belén Puñal e Teresa Moure
12,00h. Descanso media hora
12,30h. Mesa “ Situación das mulleres nos servizos, nos espazos e no consumo
      Relatoras: Eva Solla ,  María Novas e  Isabel  Vilalba
14,30h. Xantar.
16,30h. Mesa  “Saúde e dereitos reprodutivos”
      Relatoras: Lola Ferreiro,  Natalia Domínguez Galán
18,00h.  Mesa   “ Feminismo en obras: alterativas e alianzas
      Relatoras: Carme Adán,  Lidia Senra,  Chus Boo,  Paloma Rodriguez

21,00h. Remate das xornadas

No hay comentarios:

Publicar un comentario