O movemento feminista denuncia o "circo mediático e institucional" ante os asasinatos de Ada e Jenny

Critica que os medios se centraran nos motivos do asasino e esixe que as institucións pasen de "discursos baleiros" ás medidas integrais contra toda forma de violencia machista. 
 As organizacións critican que os medios traten estes crimes como un suceso illado, en vez de enmarcalos na violencia estructural que provoca un sistema "heteropatriarcal, sexista, clasista e racista" no que tódalas mulleres, independentemente da cor da pel ou da clase social, estamos diariamente sometidas a soportar dende insultos, chistes, menosprecios, invisibilizacións, tocamentos, acoso, e asasinatos. 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario