OBRADOIROS DE FORMACIÓN PERMANENTE


OBRADOIROS DE FORMACIÓN PERMANENTE

PARA MEDIADORAS/ES

                      DÍA: Mércores 20 de xuño de 2012
                      HORA: 18:00 A 21:00
                      LUGAR: Centro Cívico do Casco Vello, r/ Oliva 12.
                      IMPARTIDO POR: Carmen Clavería Prada, psicóloga clínica, experta en violencia de xénero.

INSCRICIÓN:  
No 986 222 328, 670 453 431 ou no local da Rede; rúa oliva nº 12, 2º andar.

OBXECTIVOS:
Conquerir  que as mediadoras/es posúan os coñecementos necesarios para seguir desenvolvendo habilidades que lles permitan un desempeño máis operativo das  súas actividades e  mellorar o proceso de  contención  e  de comunicación psico-social coas mulleres maltratadas e co contorno.

TEMÁTICAS:
-   O compromiso das mediadoras/es na Asociación.
-   O protocolo de funcionamento.
-   A confidencialidade na intervención.
-   A Identidade persoal, de xénero e como Mediadoras.
-   A saúde emocional e social.
-   Mobilización de recursos internos e externos.
-   Aprendizaxe e concienciación das crenzas persoais.
-   Promoción de condutas saudables nas relacións grupais .

Р  No obradoiro implementaranse técnicas altamente mobilizantes que permitan unha aprendizaxe máis eficaz e que promovan actitudes de reflexión e de concienciación. Se se detectan procesos emerxentes,  poderán ser considerados como  temáticas a desenvolver noutro obradoiro, dentro do proceso de formación permanente.

AGARDÁMOSVOS.

No hay comentarios:

Publicar un comentario