I Xornada de Educación e Lingua "Hai camiños?"

Asociación Pro-Escola Semente Vigo organiza a I Xornada de Educación e Lingua "Hai camiños?" á que ten o pracer de convidarvos.
É unha Xornada totalmente gratuíta e conta cun espazo para as nenas e os nenos. Terá lugar na Asociación de Veciños Val do Fragoso de Balaídos (Vigo).
Para reservar praza hai que enviar un correo a sementevigo@gmail.com xa que o aforo é limitado.
Adxuntamos o programa e quedamos en agarda para calquera dúbida ou consulta.
Para máis información tamén nos podedes atopar no Facebook.

No hay comentarios:

Publicar un comentario