CONCENTRACIÓN 26 DE ABRIL NO MUSEO MARCO ÁS 20:00H
Como ven sendo habitual, os últimos
xoves de mes, a Rede convoca á concentración que terá lugar o xoves dia 26 de abril ás 20:00 h na rúa do
Principe, diante do Museo de Arte Contemporánea “MARCO”.
Xa son 23 víctimas que foron asasinadas
no que vai deste ano 2012.
A denuncia pública fará que as
persoas se vaian dando conta da barbarie que está a ocurrir neste país, e todas
e todos xuntos poidamos facer que cada día a sociedade sexa menos tolerante coas
agresións ás mulleres.
Esperamos contar con vos, como ven sendo habitual para a
difusión e presenza no acto.
Lerá o comunicado a xornalista Esther López Rodríguez, de Radio Voz.
PROXECCIÓN: "UN MAR DE MULLERES"
UN PROXECTO DE VALORIZACIÓN DA MULLER NO MAR
Data: 25 de ABRIL Lugar: Centro Cívico Casco Vello (rúa Oliva, 12) Hora: 18:00
Data: 25 de ABRIL Lugar: Centro Cívico Casco Vello (rúa Oliva, 12) Hora: 18:00
CONVIDADA: HELENA HERBELLO (XERENTE DO GAC)
Grupo de acción Costeira 7, Ría de Vigo - A Guarda.
Rosana Villar, Eva Cordeiro, Rosana Bastón, Elisa Poceiro, Begoña González, Mª ALicia Álvarez, Cosuelo Diz, Carmen Chamorro, Mercedes Lema, Ana Belén Rodríguez, Guillermina Sesto, Silvia Domínguez,Carmen Barbosa e Concepción Ortega.
Sen elas non existiría o mar. O salitre curtiu esa sabiduría súa, saben que poden e por tanto queren. Queren manter os seus oficios, loitar porque melloren as condicións en que os desenvolven, loitar por un medio que siga alimentando a productividade do mar. Saben que poden e por tanto reclaman o lugar que lles corresponde, no traballo e na organización.
Porque poden e o saben.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)