Becas para persoas licenciadas, no 2011 ou posterior, en socioloxía, antropoloxía e dereito.
http://www.boe.es/boe/dias/2013/12/24/pdfs/BOE-A-2013-13588.pdf
Actividades Asoc. Nós Mesmas
Este xoves 2 de decembro, ás 18h proxección da lungametraxe servia PARADA (VOS)
Traxicomedia
que trata a situación dos dereitos LGTBs en Serbia e que conten imaxes
rodadas na marcha do Orgullo realizada en Belgrado no 2010.
Trata de como un grupo de activistas trata de
organizar esta marcha do orgullo, rememorando os actos violentos
acontecidos anos atrás noutra tentativa. Na trama misturanse
paralelamente varias relacións amorosas e diferentes rivindicacións de
cómo vivir ou non a orientación sexual.
Cando finalice a peli, sobre ás 20.30h teremos unha chocolatada aberta
a toda persoa que queira participar (aínda que non poidas vir a peli!)
para celebrar o novo ano e as expectativas que temos nel.
Todo na sede! Porta do Sol, 11-bis, 1º entresollado, Vigo
Axudas sociais de caracter extraordinario
Pago único de 206€ para pensionistas
Bases no seguinte enlace:
Bases no seguinte enlace:
Hoxe concentración no Marco ás 20.00
LEMBRADE!!!!
HOXE LUNS 30 DE DECEMBRO CONCENTRACIÓN NO MARCO ÁS 20.00 POLO ASASINATO SUCEDIDO EN MARÍN
CONVOCA A COORDINADORA COMARCAL DE VIGO DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES CONVOCA
Que a indignación de toda a sociedade saia á rua para rexeitar o cruel asasinato e denunciar a violencia machista padecida polas mulleres e exercida contra nós polo simple feito de selo!!.
Comunicado da Platataforma Decidir fainos libres
Un retroceso mesmo peor do anunciado
Primeira valoración da Plataforma Decidir Fainos Libres sobre a presentación do Anteproxecto de Lei para a derrogación da actual lexislación sobre saúde sexual e reprodutiva e interrupción voluntaria do embarazo.
Plataforma Decidir Fainos Libres.
Tras a Rolda de prensa do Consello de Ministros e a presentación na mesma do anteproxecto de Lei por parte do Ministro de Xustiza, a Plataforma Decidir Fainos Libres, en nome das máis de 300 organizacións de mulleres, do ámbito sanitario e da planificación familiar que a compoñen, declaran:
1. Que os contidos anunciados para o Anteproxecto de Lei representa un retroceso mesmo maior do anunciado a través das diferentes intervencións.
2. Que se trata dun anteproxecto que elimina completamente a posibilidade das mulleres de decidir libremente sobre a interrupción do embarazo.
3. Que se trata dun anteproxecto elaborado desde unha profunda desconfianza tanto na capacidade e responsabilidade das mulleres como no rigor e profesionalidade dos e as profesionais do sistema sanitario.
4. Que algúns dos anuncios apuntan a riscos para a saúde concretos derivados da dificultar dunha atención temperá que é practicamente imposible cos sistemas de control establecidos.
5. Que constrúe unha auténtica chapuza xurídica para os casos de aborto relacionados con patoloxías fetales mesmo incompatibles coa vida.
6. Que se trata dun grave recorte en materia de dereitos sexuais e reprodutivos que nos separa de forma grave do contexto lexislativo dos países da nosa contorna e supón un retroceso social de máis de 30 anos.
7. Que en definitiva acaba cunha lei sobre saúde sexual e reprodutiva, preventiva e respectuosa cos dereitos das mulleres, para propor unha lei para a tutela e a negación da autonomía e a liberdade das mulleres gestantes, cuxos dereitos son colocados por baixo da protección xurídica da vida fetal.
A Plataforma está á espera de poder coñecer con maior detalle e profundidade os contidos deste anteproxecto para poder facer unha valoración máis detallada canto antes.
Para máis información:
Isabel Serrano, Xinecóloga, Portavoz da Plataforma Decidir Fainos Libres. Tfono.: 625057300
Puy Zatón, Secretaría técnica da Plataforma Decidir Fainos libres. Tfono.: 636840101

Cursos de balde
Contido: Os xoves formativos-sesións gratuítas no Centro Social da Fundación Novacaixagalicia:
- Aprende a comunicar e a comunicarte: 16 xaneiro de 19 a 20 horas
- Aprende a deseñar documentos en word en dúas horas: xoves 9 ou 16 de xaneiro de 18 a 20 horas
- Aprende a crear unha páxina web en dúas horas: xoves 23 de xaneiro de 18 a 20 horas
- Aprende a crear unha unidade didáctica: xoves 23 de xaneiro de 18 a 20 horas
- Crea montaxes de fotos e música: xoves 30 de xaneiro de 18 a 20 horas
- Aprende a instalar e desinstalar programas, actualizar o antivirus ...: xoves 6 de febreiro de 18 a 20 horas
Máis información: http://www.obrasocialncg.com/desarrolloeconomico/
Se mañán presentan a reforma da lei do aborto...
O día que anunciem a reforma do aborto o Feminismo Galego saira ás ruas: concentraçom ás 19h (Vigo: Marco) http://feminismo.eu/PlataformaAborto/
A contrarreforma da lei do Aborto de Gallardón vai ser antes de rematar o ano 2013. Será anunciada na rolda de imprenssa que fam as sextas ao concluir o Conselho de Minitrxs. Dam como data quase segura o 20 de dezembro.
Temos que estar Alertas para que a nossa resposta seja o mais forte possível.
Como já acordamos na última junta da Plataforma polo Direito ao Aborto de Vigo (Foi enviada a ata). Acordamos difundir com intensidade desde a Plataforma , através da rede a convocatoria da resposta a este anúncio da contrarreforma da lei do Aborto, pola web, twitter, facebook nacional e local, correio, whatsapp....Assim como pedir que o fagam todas as organizaçons que formamos parte da Plataforma, há que fazer um esforço para difundir dita resposta.
Acto em Vigo para o día que anunciem a reforma da lei de Aborto #AlertaFeminista
Faremos umha concentraçom no MARCO ás 19h , na que entre outras actividades temos: ler textos alusivos ao tema, berraremos consignas, música, teremos umha faixa assinada como Plataforma, também a faixa de nom imos permitir..., piruletas, chaleques, teias lilás,...que se sinta a nossa protesta e sobre todo tentar sumar o maior número de pessoas possível.
Acordamos falar com o grupo Distrito 09 por si podem organizar um performance para ese día.
Ao remate farase um acto sorpresa.
O día 18 quedamos no local da CIG para elaborar material, para a difussom da concentraçom que logo distribuiremos pola nossa cidade, pregase a assistência de todas nós.
Participa e difunde!!!!
Consideración sobre o aborto da Plataforma Decidir Nos Hace Libres
"O aborto non desaparece inda que se prohíba, sigue producíndose pero en peores condicións."
Neste texto poderedes atopar os seguintes apartados:
- aborto e dereitos humanos.
- contexto político e social.
- o aborto na Constitución e nas leis.
- aborto seguro e accesible.
- datos a ter en conta.
- 15 respostas a mitos e argumentos antielección.
-
http://nosotrasdecidimos.org/wp-content/uploads/ARGUMENTARIO-enviado-19-12-13.pdf

Renda Básica: mitos e realidades
"¿Si todo el mundo cobra, quién trabaja?
-Esta es la primera crítica a la renta básica y, es muy curioso, pero todos los estudios que se han hecho sobre la renta básica lo que muestran es que incentiva el trabajo, a diferencia de los subsidios que hay actualmente en el Estado de Bienestar."
http://www.lne.es/gijon/2010/07/14/estudios-demuestran-renta-basica-incentiva-trabajo/942097.html
Programa de termalismo social
Convócanse 209.222 prazas para participar no Programa de Termalismo Social.
As quendas, que poderán ter unha duración de 12 días (once pernoctaciones) ou de 10 días (nove pernoctaciones) cada un, realizaranse en réxime de pensión completa e comprenderán desde as doce horas do día de chegada até as doce horas do día de saída.
O desenvolvemento do programa efectuarase durante o período comprendido entre o mes de febreiro e o mes de decembro de 2014.
Serán beneficiarios das prazas do Programa de Termalismo Social as persoas que reúnan os seguintes requisitos:
1. Ser pensionistas do Sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación e invalidez, en todo caso, e polo concepto de viuvez ou doutras pensións, unicamente cando a persoa beneficiaria haxa cumprido os 60 anos de idade.
2. Non padecer alteracións de comportamento que impidan a convivencia nos establecementos, nin enfermidade infecto-contaxiosa.
3. Poder valerse en por si para as actividades da vida diaria.
4. Precisar os tratamentos termais solicitados e carecer de contraindicación médica para a recepción dos mesmos.
5. Alcanzar, de conformidade coa baremación establecida, a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas.
Establécense dous prazos para a presentación de solicitudes:
Para participar no proceso de adxudicación de praza:
Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: Até o día 16 de xaneiro de 2014.
Para as quendas dos meses de setembro a decembro: Até o día 16 de maio de 2014.
Para a súa inclusión na Lista de Espera de prazas, para cubrir as prazas que vaian quedando vacantes por renuncias ou outras circunstancias:
Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: Até o día 16 de maio de 2014.
Para as quendas dos meses de setembro a decembro: Até o día 30 de outubro de 2014.
Balnearios participantes no Programa de Termalismo Social no ano 2014
Solicitude praza Programa Termalismo Social
http://www.obrasocialncg.com/es/socialia/noticia/programa_de_termalismo_social
Pacto entre mulleres
"Representantes
do PSOE, EU, do BNG e de Amaiur asinaron este martes no Congreso dos Deputados
o 'Pacto entre mulleres polos dereitos sexuais e reprodutivos e da interrupción
voluntaria do embarazo', un documento que subscribiron preto de 200 asociacións,
plataformas e organizacións de mulleres de toda España, e que presentaron aos
grupos parlamentarios da Cámara Baixa, coincidindo con que previsiblemente este
venres aprobarase a reforma da Lei do Aborto."
http://www.europapress.es/sociedad/noticia-psoe-iu-bng-amaiur-suscriben-congreso-pacto-mujeres-contra-reforma-ley-20131217122632.html
http://www.europapress.es/sociedad/noticia-psoe-iu-bng-amaiur-suscriben-congreso-pacto-mujeres-contra-reforma-ley-20131217122632.html
Presentación do libro "Por qué No nos Dejan Hacer en la Calle?"
Presentación o venres 27 de decembro ás 20:00h., na Cova dos Ratos r/Romil,3 Vigo.
Do libro "Por qué No nos Dejan Hacer en la Calle?" do Grupo de Estudios Antropolóxicos "La Corrala" de Granada.
Sobre as prácticas de control social e privatización dos espazos na cidade capitalista.
Contaremos coa presenza de Juan Rodríguez Medela coautor do texto.
"Democracia, ciudadanía y espacio público son conceptos que en el discurso político habitualmente se entrecruzan y sustentan la apropiación por parte de los municipios, de normativas que pretenden fomentar y garantizar la convivencia ciudadana en el espacio público. Ordenanzas municipales que traen consigo dinámicas que lejos están de contribuir al objetivo que dicen perseguir, como la progresiva privatización del espacio público y el control social de la población.
Dinámicas que se integran en un modelo de ciudad centrado en la imagen y en el potencial turístico; una ciudad individualista, capitalista y segregadora; una ciudad que obstaculiza el encuentro de las personas que la habitan; una ciudad en la que no se vive, se sobrevive. Y una de las formas de conseguirlo es, precisamente, naturalizando una vida cada vez más regulada.ç Este fenómeno internacional presente en las grandes capitales mundiales (Nueva York, Londres...), se ha ido extendiendo por el territorio del Estado a partir de la aprobación pionera de la normativa en Barcelona en el año 2006. No sólo ha ido proliferando esta iniciativa en grandes y medianas ciudades como Burgos (2007), Sevilla (2008), Ávila (2008), Vigo (2009), Guadalajara (2009), Málaga (2010), Bilbao (2010), Alcalá de Henares (2010), Albacete (2011), Alicante (2011), Gijón (2012), Palma de Mallorca (2012), sino también en pueblos como Guillena (2011), Tui (2012), Collado Villalba (2012), Cangas (2013), etc. La dinámica expansiva no cesa, estando ya en proceso de elaboración y aprobación en ciudades como Madrid y Murcia.
A partir del caso concreto de Granada, en este libro podrás encontrar el proceso por el cual mecanismos como la ordenación de la convivencia ciudadana inciden en las dinámicas de control de la ciudadanía, en la progresiva privatización de espacios que supuestamente son públicos, además de contribuir, entre otras cuestiones, a aumentar la brecha social existentes entre unos sectores de población y otros."
ORGANIZAN: Grupo Axitación Social e Lapsus (Punto de venda de materiais críticos).
"A que vou abortar son eu, non Gallardón"
- En 2011, abortaron 118.359 mulleres (datos do Ministerio de Sanidade).- Según os datos de ACAI, 101.607 mulleres abortaron por vontade propia: 35.500 por causas económicas e 66.107 por motivos personais.- 3.234 do total de abortos foron interrupcións por patoloxía fetal grave.- Das 14.586 menores de 19 anos que abortaron en 2011, 500 fixéronno sen comunicarllo ós seus proxenitores.
http://www.huffingtonpost.es/2013/12/12/reforma-ley-aborto-gallardon_n_4433613.html?1386917079
Actividades de pago para menores en nadal
Deputación de Pontevedra Informa: Apertura do prazo de inscrición do programa "VIGO TEN NADAL"
· Prazo de Inscrición: do 13 ó 17 de decembro, por rigorosa orde de entrada no Rexistro da Sede da Deputación de Pontevedra en Vigo (r/Oporto 3), ata esgotar as prazas.
· Información: 886 125 998 – 607 582 719
Xunta e Federación Galega de Taxistas colaborarán no traslado gratuíto de vítimas de violencia de xénero a casas de acollida
Non entendemos moito esta noticia.....nin dos seus obxectivos...
http://igualdade.xunta.es/gl/actualidade/xunta-e-federacion-galega-de-taxistas-colaboraran-no-traslado-gratuito-de-vitimas-de
http://igualdade.xunta.es/gl/actualidade/xunta-e-federacion-galega-de-taxistas-colaboraran-no-traslado-gratuito-de-vitimas-de
Videofórum
CENTRO DE DOCUMENTACIÓN E RECURSOS FEMINISTAS ( JOAQUÍN YÁÑEZ, 6 - ÚLTIMO ANDAR)
HORA: 18.00
Colabora Concello de Vigo
Plataforma Polo Dereito a Decidir: manifesto por unha sanidade pública
As mulleres contra os recortes e a privatización na Sanidade Pública
Porque atentan contra a
universalidade, accesibilidade e equidade.
Porque deixan fóra persoas inmigrantes
e maiores de 26 anos que non teñan cotizado.
Porque reduce os servizos na
sanidade e introduce o copago.
Porque privatiza a xestión nos
Hospitais e Atención Primaria, encarecendo o servizo e empeorando a súa
calidade.
Porque os recortes nos servizos
afectarán especialmente às mulleres.
Porque se abandonou o Programa de
Saúde da Muller na Galiza.
Porque supón para as mulleres
unha perda na calidade asistencial e un grave retroceso para os nosos dereitos
sexuais e reprodutivos.
Todo isto responde a unha estratexia ideolóxica reaccionaria que supón unha
perda de soberanía para as mulleres sobre os nosos corpos que nos leva aos anos
60.
Para por en marcha esta estratexia apóianse na ausencia de educación
afectiva e sexual en todos os niveis do ensino, no desmantelamento progresivo
de servizos como os COF públicos, na creación de COF privados e relacionados
coa igrexa católica, na eliminación da carteira de algúns métodos
anticonceptivos, no abandono do Programa de Saúde da Muller na Galiza, no feche
de 44 camas de Xinecoloxía no Hospital Xeral, e na anunciada contrarreforma da
lei do Aborto.
O certo é que ningunha lei vai supor unha redución
no número de abortos. Unha muller que ten decidido abortar vaino facer, con lei
ou sen ela, en condicións sanitarias óptimas, que é o que esiximos, ou en
condicións na que a súa vida corra perigo. O que vai conseguir Gallardón coa
súa contrarreforma é que aumenten os abortos clandestinos e que as mulleres
teñan secuelas importantes de saúde chegando mesmo à morte. Cada ano morren 70
mil mulleres no mundo por abortos clandestinos.
Na Galiza, a IVE na rede sanitaria pública non está garantida: na maioría
dos hospitais as mulleres que desexan abortar son derivadas à privada, como nos
casos da Coruña e Lugo. En Vigo patícanse na pública só os abortos por
malformacións ou doenzas da nai, e en Ourense a sanidade pública asume 90% dos
casos.
Por
todo iso, desde a Plataforma polo Dereito ao Aborto esiximos:
-
A integración da educación
afectiva e sexual en todos os niveis do ensino.
-
Que a violencia contra as
mulleres sexa considerada unha cuestión de saúde pública, sobre todo na
Atención Primaria.
-
A permanencia dos COF como
centros integrais e de carácter público.
-
aceso a métodos
anticonceptivos e financiados pola Seguridade Social
- aceso a
todas as mulleres, sen discriminación por opción sexual ou por non ter
compañeiro, a tratamentos de reprodución asistida na Sanidade pública.
- Aborto
libre e gratuíto na rede sanitaria pública e sen obxección de consciencia. O
dereito das mulleres a decidir se queremos ser nais, e en caso afirmativo,
cando queremos ser nais, é unha cuestión fundamental de democracia para todas
as mulleres
Facemos un chamamento a participar na manifestación
pola Defensa da Sanidade Pública que sairá do Hospital Xeral o martes 10 de decembro às 20h.
As
mulleres que formamos parte da Plataforma polo Dereito ao Aborto quedamos às
19:45h na porta do Hospital de Día para facer un grupo propio.
Plataforma
Galega polo Dereito ao Aborto
Galiza,
10 de decembro de 2013
Qué é o informe Estrela?
Documento elaborado por diversas organizacións europeas defensoras dos dereitos sexuais e reprodutivos (DSR)
http://nosotrasdecidimos.org/que-es-el-informe-estrela-sobre-salud-y-derechos-sexuales-y-reproductivos/
http://vimeo.com/nked/review/81033310/bbe8e019a6
http://nosotrasdecidimos.org/que-es-el-informe-estrela-sobre-salud-y-derechos-sexuales-y-reproductivos/
http://vimeo.com/nked/review/81033310/bbe8e019a6
Descende a violencia de xénero?
Hoxe nos informativos avanzaban que diminuía o número de mulleres que sufrían malos tratos. Cómo? El País cambia o titular e fala da realidade: "Descenden un 9,6% as mulleres con medidas de protección"
Éso é moi diferente. Entón, por qué descenden as medidas de protección? será porque se otorgan menos? será que as mulleres denuncian menos?
A violencia segue tendo os mesmos niveis que o ano pasado, e o número de asasinatos practicamente é o mesmo. Poden existir intereses económicos e políticos para non contar a verdadeira realidade sobre o número de persoas nas listas do paro....pero ocultar os datos sobre violencia de xénero é xogar coa dignidade das mulleres, coa dignidade de todas nós.http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/12/05/actualidad/1386241956_592861.html

Premios á maternidade no exército
"Yo propondría uno más: se lo daría a la capitán que sufrió acoso y tocamientos por parte de un mando ahora condenado. Aparte de denunciarle, en una ocasión le dijo que "mientras vistiera el uniforme, para él, ella era un capitán y no una mujer". A partir de ahí, el coronel Isidoro Lezcano-Múgica se dedicó a vejarla públicamente."http://blogs.elpais.com/mujeres/2013/12/cuidar-de-8-hijos-es-favorecer-la-igualdad-en-el-ejercito.html
homes e mulleres, cerebros diferentes?
Entón, onde queda o entrenamento cognitivo? por qué afirman no estudo que as diferenzas son maiores canto máis idade temos? será porque nos educan e nos entrenan de diferente maneira? qué pasaría se un neno e unha nena tiveran a mesma instrucción dende que nacen? Non se poderá saber nunca, porque todos e todas estamos socializadas no machismo e o patriarcado...
"Los autores observaron pocas diferencias de conectividad cerebral entre los sexos de niños con menos de 13 años. En cambio, las diferencias eran más notorias entre adolescentes de 14 a 17 años y jóvenes adultos de más de 17 años."
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2013/12/03/hombres-mejor-percepcion-espacial-mujeres-memoria/00031386070740997897743.htm

CELEBRACIÓN 20 ANIVERSARIO DO CONSELLO MUNICIPAL DA MULLER
Co motivo da celebración dos seus 20 anos de andaina, o Consello Municipal da Muller de Vigo, en
colaboración coa Concellería de Igualdade, organiza un programa de actos que se desenvolverán o luns, 2 de decembro.
PLENO ESPECÍFICO DO CONSELLO MUNICIPAL DA MULLER
Data: 2 de decembro ás 10,00 h
Lugar: Salón de Plenos.
INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN “20 ANOS DE HISTORIA DO CONSELLO MUNICIPAL
DA MULLER DE VIGO”
MESA REDONDA “20 ANOS DE HISTORIA DO CONSELLO MUNICIPAL DA MULLER DE
VIGO”
Data: luns, 2 de decembro ás 19,00 h
Lugar: Casa Galega da Cultura
A Secretaría das Mulleres do SLG chama a atención sobre as especificidades da violencia contra as mulleres do rural
-
O fracaso na aplicación da Lei de Titularidade Compartida, con 2 altas en toda Galiza, ou a reforma das pensións, deixan a miles de labregas indefensas diante da violencia de xénero
- A responsable da Secretaría das Mulleres do SLG, María Ferreiro Santos, abordará esta problemática nun ciclo de charlas que terá lugar o 25 de novembro en Vilalba (Lugo)
Un ano máis vemos como a suma continúa. Dende que comezaron as estatísticas sobre violencia de xénero no ano 2003, e até 2012, foron asasinadas 652 mulleres a man das súas parellas ou ex-parellas sentimentais. Neste 25 de novembro de 2013, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, observamos con gran preocupación o incremento de comportamentos violentos en franxas de idade cada vez máis baixas.
Dende a Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego, facemos un chamamento ás administracións públicas, e á sociedade no seu conxunto, para rematar coa maior lacra social que temos na actualidade. Cómpre, dunha vez por todas, adoptar as medidas necesarias para atallar este problema, posto que unha sociedade que se di democrática non pode consentir esta situación. Son moitas as campañas e actos que ao redor deste día estamos a ver e escoitar nos medios de comunicación, pero esta loita contra a violencia machista ten que ser continua, xa que é un problema que afecta á sociedade no seu conxunto.
Existen toda unha serie de desigualdades e de violencias consentidas coas que nos afacemos a vivir: na educación, nos medios de comunicación ou nos videoxogos, por citar uns casos, séguense a promover roles completamente diferenciados para mulleres e homes e, decotío, cunha grande carga de violencia na consecución dos resultados.
A falla de dereitos propios e de autonomía económica fai que moitas mulleres tamén sexan moi vulnerables ante as situacións de violencia. Isto agrávase no medio rural para as mulleres que se dedican á profesión agraria. Para a Secretaría das Mulleres do SLG é fundamental que a Lei de Titularidade Compartida non quede só nun texto aprobado e publicado no BOE. Os datos facilitados polo Ministerio de Medio Rural, en setembro de 2013, reflectían que no Estado Español o número de solicitudes de titularidade compartida foi de 52. Na Galiza, as solicitudes limitáronse a 2. Dende a Secretaría das Mulleres do SLG esiximos do Goberno medidas, recursos e un serio compromiso cos dereitos das mulleres labregas, moitas das cales, a día de hoxe, seguen a ser consideradas como “axuda familiar”.
Nesta conxuntura de recortes, de desmantelamento de moitos servizos públicos no rural, asistimos a unha cada vez maior feminización da pobreza. Cando se eliminan recursos, estase a incrementar a precariedade de vida das mulleres. Non queremos deixar de nomear neste día o que para as mulleres labregas supón a reforma da Lei de Pensións. As estadísticas reflicten que moitas labregas non cotizan ou que comezan a facelo a unha idade avanzada.
Dende a Secretaría das Mulleres do SLG pensamos que facer políticas axeitadas para o medio rural e xerar riqueza e emprego debe ser un dos camiños para a solución. Afirmamos que é de xustiza dispor dos recursos axeitados para vivir dignamente, con independencia de que vivamos no medio rural ou nos centros urbanos.
Neste 25 de novembro, a Secretaría das Mulleres do SLG participará, a través da súa coordinadora, María Ferreiro Santos, nun acto na casa de cultura de Vilalba Vilalba ao redor da violencia de xénero. Comezará ás 18:30 e, mentres María Ferreiro Santos falará sobre a violencia de xénero no rural; a xuíza Estela San José Asensio fará outro tanto sobre “A Violencia de xénero e a independencia da muller” (achégase cartaz da convocatoria).
Se desexan máis información, poden contactar coa responsable da Secretaría das Mulleres do SLG, María Ferreiro Santos, no 660 215 346
Actos polo 25 de novembro, día internacional contra a violencia de xénero
A Marcha Mundial das Mulleres convócavos a participar nunha acción de denuncia da Violencia Machista o sábado 23 a partir das 18:00 horas, nas inmediacións do Museo de Arte Contemporáneo de Vigo.
Tamén convidarvos a que participedes na manifestación do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero que sairá dende a Farola de Urzáiz as 20:00 horas.
ENLAZAVIGO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Organiza: Concellería de Igualdade e Consello Municipal da Muller
Co gallo do vindeiro 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o Consello Municipal da Muller e a Concellería de Igualdade de Vigo volvemos poñer en marcha a iniciativa Enlaza Vigo, para reflectir o compromiso real do conxunto da cidadanía no combate do terrorismo machista.
Desde o ano 2003, ano no que se comezan a realizar oficialmente estatísticas sobre a Violencia de xénero, ata o día de hoxe, máis de 702 mulleres foron asasinadas, só en España, a mans das súas parellas ou exparellas (fonte: Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade).
Tralo éxito de participación acadado nas pasadas edicións, Vigo volverá, o luns 25 de novembro, a condenar na rúa a violencia de xénero e cantas actitudes e comportamentos machistas encerra, coa formación dun gran tapiz humano.
ACTIVIDADES:
.- Exposición colectiva contra a Violencia de Xénero realizada polo alumnado de secundaria de 29 centros de ensino da cidade.
Rúa do Príncipe, diante do MARCO
As persoas que estean interesadas poden visitar esta mostra que reflicte o compromiso do estudiantado da cidade na loita contra a violencia que se exerce sobre as mulleres desdeo día 21 ao 27 de novembro, de xeito ininterrumpido de 10:00 a 20:00h.
.- Creación dun tapiz humano contra a violencia de xénero
Luns, 25 de novembro ás 12.00. Punto de encontro: farola de Urzáiz
O tramo da rúa Urzáiz comprendido entre a Farola e a rúa República Arxentina será o escenario, o vindeiro luns 25 de novembro, da formación dun gran tapiz humano.
Para participar na formación do tapiz convidouse aos institutos de secundaria da cidade e teñen confirmada a presencia 22 institutos e máis de 1500 alumnos e alumnas.
Desde a chegada do alumnado ao punto de encontro (10,30h) ata a formación do tapiz (12,00h) participarán dun xeito activo en diversas actividades lúdicas e reivindicativas que reflicten as distintas expresións artísticas e deportivas que practica a mocidade: exhibicións de malabares, parkour, breakdance, baile moderno e regueifas-rap, ademais de visitar a exposición colectiva.
A organización convida a todas a cidadanía a participar nos actos desta campaña: visitando a exposición e/ou sumándose á participación do alumnado acudindo o luns, 25 de novembro pola mañá á formación do tapiz humano.
Folleto co programa en arquivo adxunto
Agardamos que esta información sexa do voso interese e agradecemos a súa difusión entre os vosos contactos
Obtén mais información e segue as nosas novas en: www.enlazavigo.com

Exposición mulleres baixo sospeita
Lembrámosvos que ata o día 30 de novembro pódese visitar a
Exposición
MULLERES BAIXO SOSPEITA.MEMORIA E SEXUALIDADE (1939-1980)
Exposición
MULLERES BAIXO SOSPEITA.MEMORIA E SEXUALIDADE (1939-1980)
O Concello de Vigo e a Universidade de Vigo a través dos seus correspondentes departamentos de Igualdade, organizan a exposición Mujeres bajo sospecha. Memoria y sexualidad (1930-1980), comisariada por Raquel Osborne e María Rosón, que acollerá ata o 30 de novembro a primeira planta da Casa das Artes.
Presentación de «Galicia, a Sentimental Nation», de Helena Miguélez Carballeira
http://acboueva.blogaliza.org/2013/11/04/sentimentalismo-xenero-e-nacion-presentacion-do-libro-galicia-a-sentimental-nation-de-helena-miguelez-carballeira/
O venres 15 de novembro ás 20 h. Helena Miguélez presentará esta análise do nacionalismo cultural galego, e da súa relación co centralismo español, desde unha perspectiva feminista e poscolonial.
O venres 15 de novembro ás 20 h. Helena Miguélez presentará esta análise do nacionalismo cultural galego, e da súa relación co centralismo español, desde unha perspectiva feminista e poscolonial.
Hoxe ás 19.00 na Casa da Cultura Galega
A Concellería de Igualdade lembra
que o martes, 12 de novembro ás 19,00 horas terá lugar a Charla Coloquio: "Enredámonos nas redes...?. As ciberviolencias e os
controis das redes sociais" no Salón de Actos da Casa Galega da Cultura ( praza da
Princesa, 2)
O obxectivo xeral é previr entre a mocidade a violencia de xénero na utilización das redes sociais.
Esta actividade é complementaria aos obradoiros que a mesma relatora impartirá durante tres días no auditorio municipal en sesións escolares, dirixidas a alumnado de secundaria.
Para as sesión escolares xa temos confirmada a asistencia de máis de 1000 alumn@s de secundaria, se ben, a concellería de Igualdade valora convinte programar unha actividade coa mesma formadora, que, a través dunha charla coloquio, poida informar a todas as persoas interesadas sobre o mal uso que ás veces a mocidade pode facer das redes sociais.

·
Como empregan
as rapazas e os rapaces as redes sociais. Análise dos riscos aos que están
expostos.
·
Que significa ser acosada/acosado polas redes.
·
Como se manifesta a violencia sexista a través das redes.
Exemplos de ciberviolencias.
·
A utilización das novas tecnoloxías en igualdade como
medio para educar en igualdade.
·
Boas prácticas para o emprego dunha linguaxe axeitada que
favoreza unha boa comunicación, sen nos enredar...!
A relatora será IANIRE ESTÉBAÑEZ CASTAÑO,
psicóloga especialista en violencia de xénero na xuventude e autora do blog
"mi novio me controla... lo
normal".
Entrada libre ata completar aforo. Non se require
inscrición previa.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)