CARLOS MAÑAS ADVIRTE DO MARKETING SEXISTA QUE DEGRADA Á MULLER
O 30 de abril Carlos Mañas presentou unha ponencia "Ti entre tódalas mulleres", organizada pola Rede de mulleres. Graciñas pola vosa asistencia
http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2013/04/30/carlos-manas-advierte-marketing-sexista-degrada-mujer/800767.html
DETIDO UN HOME TRAS ZARANDEAR, GOLPEAR E AMEAZAR Á SÚA PARELLA NUN DOMICILIO EN VIGO
Ate cando leremos este tipo de novas? Discusións que acaban en zarandeos, golpes e ameazas
http://noticias.lainformacion.com/policia-y-justicia/incidentes-violentos/detenido-un-hombre-tras-zarandear-golpear-y-amenazar-a-su-pareja-en-un-domicilio-en-vigo_i5CVT7B86Fsqx9TzEdw7z6/
http://noticias.lainformacion.com/policia-y-justicia/incidentes-violentos/detenido-un-hombre-tras-zarandear-golpear-y-amenazar-a-su-pareja-en-un-domicilio-en-vigo_i5CVT7B86Fsqx9TzEdw7z6/
O ABORTO, EN MANS DA CAVERNA
"Non somos libres, nin podemos decidir sobre a nosa intimidade, os nosos corpos, as nosas vidas...". O debate debería centrarse en como previr embarazos non desexados, mentres o debate dos mal chamados grupos pro-vida e institucións relixiosas se empeñan en marcar a axenda política para eliminar o dereito das mulleres a decidir sobre a súa propia intimidade.
Un artigo de Isabel Serrano, moi recomendábel
http://www.publico.es/454198/el-aborto-en-manos-de-la-caverna
Un artigo de Isabel Serrano, moi recomendábel
http://www.publico.es/454198/el-aborto-en-manos-de-la-caverna
GALLARDÓN: "TAN DOGMÁTICO É NON DEFENDER OS DEREITOS DA MULLER COMO NON DEFENDER OS DO CONCIBIDO"
Gallardón volve á carga. Tense que escoitar ben alta a voz das mulleres: polo dereito a decidir!
http://www.publico.es/454217/gallardon-tan-dogmatico-es-no-defender-los-derechos-de-la-mujer-como-no-defender-los-del-concebido
GALLARDÓN REITERA QUE NINGUNHA MULLER IRÁ O CÁRCERE POR ABORTAR E QUE ESTA LEI PROTEXERÁ OS SEUS DEREITOS
O que nos da medo ás mulleres é perder o noso dereito a decidir! co que está tramando Gallardón non é certo que se vaian protexer os dereitos das mulleres. Nos parimos, nos decidimos!
http://noticias.lainformacion.com/ciencia-y-tecnologia/biologia/gallardon-reitera-que-ninguna-mujer-ira-a-la-carcel-por-abortar-y-que-esta-ley-protegera-sus-derechos_5JtXByJQ9kklu9rgegcBX3/
ONCE ORDES RELIXIOSAS ACAPARAN ONCE DOS DEZASEIS PROGRAMAS DE APOIO ÁS MULLERES XESTANTES PROMOVIDOS POLA XUNTA
Congragación Hijas del Divino Cielo, Siervas de la Pasión-Hogar Santa Isabel, Betanía de Jesús Nazareno, Rebaño de María, Asociación de Axuda á Vida ou Red Madre son algunhas das entidades.
Non podemos permitir que este tipo de entidades monopolicen a información que chega ás mulleres embarazadas.
http://www.sermosgaliza.com/artigo/politica/once-ordes-relixiosas-acaparan-once-dos-dezaseis-programas-de-apoio-as-mulleres-xestantes-promovidos-pola-xunta/20130422114431014026.html
Non podemos permitir que este tipo de entidades monopolicen a información que chega ás mulleres embarazadas.
http://www.sermosgaliza.com/artigo/politica/once-ordes-relixiosas-acaparan-once-dos-dezaseis-programas-de-apoio-as-mulleres-xestantes-promovidos-pola-xunta/20130422114431014026.html
ACTIVISTAS ANTI-MALTRATO, IMPUTADAS POR DIFUNDIR UN VIDEO DUNHA TERAPIA NUN PUNTO DE ENCONTRO
O colectivo contra a violencia machista "Vela-luz" denuncian unha caza de bruxas
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/04/23/galicia/1366741120_759816.html
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/04/23/galicia/1366741120_759816.html
ESTE XOVES ÁS 20,00 DIANTE DO MARCO, CONCENTRACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Temos que sair a rúa: xa son 20 as mulleres asasinadas polas súas parellas ou ex parellas no que vai de 2013!
MORRE UNHA MULLER EN MADRID ASASINADA POLO SEU MARIDO
Xa son 20 as mulleres asasinadas pola súa parella ou ex parella no que vai de ano en 2013 (Fonte: Red feminista).
E dende a Rede nos preguntamos: Ate cando?
http://www.publico.es/454244/muere-una-mujer-en-madrid-asesinada-por-su-marido
E dende a Rede nos preguntamos: Ate cando?
http://www.publico.es/454244/muere-una-mujer-en-madrid-asesinada-por-su-marido
"TI ENTRE TÓDALAS MULLERES" Ponencia de Carlos Mañas no centro cívico Casco Vello
O 30 abril ás 18:00 horas, Carlos Mañá fará unha ponencia acerca dunha visión contemporánea da muller na socialización urbana, analizando as ferramentas do marketing sexista da actualidade.
AQUÍ TEDES FOTOS DAS XORNADAS DE MEDIADORAS 2013
Na inauguración, o 16 abril
O16 abril. O papel das diferentes policía e a garda civil na loita contra a violencia de xénero
O 17 abril. Achegamento conceptual á violencia de xénero e intervención xudicial nos delitos de malos tratos
O 18 abril. Recursos aos que poden acudir ás mulleres maltratadas dende o CIM, a Xunta de Galicia e os xulgados
PARA O OBISPO DE ALCALÁ, O ABORTO É UN PROXECTO PARA REDUCIR A POBOACIÓN
Reig Pla non se detén no seu intento de derrubar os dereitos que tanta loita custaron: o dereito ao aborto, a non discriminación das persoas homosexuais, entre outros.
http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2013/04/17/reig-pla-aborto-proyecto-reducir-poblacion/793254.html
http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2013/04/17/reig-pla-aborto-proyecto-reducir-poblacion/793254.html
A REDE DE MULLERES FORMA A OUTRAS SESENTA MEDIADORAS
Hoxe falarán a traballadora social e a avogada do CIM; así como a directora do centro de emerxencia para mulleres maltratadas, a subdirectora xewral para o tratamento da violencia de xénero da Xunta, e a encargada do servizo de asistencia á vítima dos xulgados de Vigo
http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2013/04/17/rede-mulleres-malos-tratos-forma-sesenta-mediadores/792620.html
http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2013/04/17/rede-mulleres-malos-tratos-forma-sesenta-mediadores/792620.html
DIXERON: "MIRA, DOUS HOMOSEXUAIS; E COMEZARON A PEGARNOS"
A lei do matrimonio homosexual saca a luz en Francia a intolerancia da dereita e os grupos católicos
http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/04/12/actualidad/1365781024_843360.html
http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/04/12/actualidad/1365781024_843360.html
AS EMBARAZADAS GALEGAS PODERÁN TOMAR DECISIÓNS MEDIANTE UN PLAN DE PARTO
En medio de tantas malas novas, unha boa nova, que xa tardou moito en chegar...http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2013/04/14/embarazadas-gallegas-podran-decisiones-mediante-plan-parto/790970.html
GALLARDÓN ESCOITA A ROUCO E RECUPERA A SÚA CONTRARREFORMA DA LEI DO ABORTO
Según declaracións de Gallardón, a nova normativa dubidará do perigo para a saúde física e psicolóxica da muller; e se prohibirá o aborto por discapacidade do feto. A normativa suporía un retroceso nos dereitos das mulleres, anterior á lei de prazos de 1985.
http://www.publico.es/453763/gallardon-escucha-a-rouco-y-recupera-su-contrarreforma-de-la-ley-del-aborto
Plataforma en defensa dos dereitos reproductivos das mullers: Decidir fainos libres. Para máis información:
http://nosotrasdecidimos.org/manifiesto-gallego/
O GRITO MUDO DUN NENO OU NENA MALTRATADA
A maior parte dos abusos se dan dentro das unidades familiares. Lamentablemente, estes casos siguen xerando unha vergoña social.
http://www.elmundo.es/elmundo/2013/04/10/espana/1365613133.html
http://www.elmundo.es/elmundo/2013/04/10/espana/1365613133.html
DOCUMENTAL "CON TU DINERO"
ESTREA EN VIGO DO DOCUMENTAL "CON TU DINERO"
Até que punto a sociedade é consciente do xeito
en que se emprega o seu diñeiro?
As asociacións Fiare Galiza e Amarante Setem en colaboración con Adicae, COOP 57 e AIS O Peto organizan a presentación e proxección do documental "Con tu Dinero" que pretende facer ver algunhas das malas prácticas das entidades bancarias, desde inversións en armas até desfiuzamentos de familias desfavorecidas.
A proxección deste documental contará coa presenza do seu director, Iker Espúñez (que se desplaza a Galiza exclusivamente para estar presente nas sesións).
Neste documental no que non se pretende sentar cátedra, tamén se presentan alternativas ao actual sistema bancario, a través da banca ética e as redes de economía alternativa no que se busca que cada persoa tire as súas propias conclusións.
O documental está producido por MOBIOLAK. Dura cerca de 70 minutos e despois da súa proxección haberá unha charla-coloquio con con Iker Espúñez, membros de Fiare Banca Ética, responsábeis da ONGD Amarante Setem e máis representantes de COOP 57, AIS O Peto e Adicae, e na que poderá participar todo o público asistente.
DATA/LUGAR DA PROXECCIÓN
A entrada será libre até completar aforo.
Proxección do documental. En Vigo o documental proxectarase o mércores 17 de Abril ás 19:30 horas no Centro Cívico de Teis, Camiño Maceiras s/n.
Participantes:
Iker Espúñez: director do documental.
Fiare banca ética: Manual Adame.
COOP 57 Galiza: Teresa Balado.
Amarante Setem: Xosé Luís Riveiro.
Adicae: Iria Aguete
AIS O Peto: Raquel Doallo
SINOPSE
Este documental pretende reflexar as prácticas financeiras alternativas á banca
convencional que podemos atopar na actualidade no estado español.
A crise, motivada en grande parte por prácticas bancarias de dubidosa legalidade, abriu na sociedade un debate sobre a forma na que tanto os bancos como as caixas de aforros xestionan o diñeiro que depositan os/as seus/súas clientes/as. Até qué punto a sociedade é consciente da forma en que se emprega o seu diñeiro?
"MUJERES JURISTAS" VETAN UN AUTO QUE NON VE VIOLENCIA MACHISTA EN ABOFETEAR A UNHA EX MOZA!
Alegrámonos de que Mujeres Juristas veten un auto realmente escandoloso. Unímonos dende aquí á denuncia de Mujeres Juristas por un caso no que un home pegoulle unha bofetada a súa ex-moza ao vela cunha nova parella: isto non foi considerada violencia de xénero polos xulgados de Castellón. ABOFETEAR A TÚA EX MOZA É VIOLENCIA DE XÉNERO. Ate cando temos que ler estas novas?
http://www.elmundo.es/elmundo/2013/04/11/castellon/1365662788.html
http://www.elmundo.es/elmundo/2013/04/11/castellon/1365662788.html
O OBISPO DE ALCALÁ DE HENARES VINCULA A EDUCACIÓN SEXUAL Á TENDENCIA A PROSTITUIRSE NOS NENOS E NENAS
A educación sexual fainos máis libres e co dereito a decidir: pero iso é bo, non é malo!
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2013/04/10/reig-pla-obispo-alcala-henares-liga-homosexualidad-ninos-ideologias-introducidas-ensenanza/00031365592930650447404.htm
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2013/04/10/reig-pla-obispo-alcala-henares-liga-homosexualidad-ninos-ideologias-introducidas-ensenanza/00031365592930650447404.htm
ABOFETEAR A UNHA MULLER POR CIUMES NON E MACHISMO SEGUNDO A AUDIENCIA PROVINCIAL DE CASTELLÓN
Esta nova é moi grave: Os xulgados de Castellón absolven a un home logo de abofetear e empurrar a súa ex-moza ao vela cun novo mozo. Abofetear a unha muller por crer que é da túa posesión ten que ser violencia de xénero!
http://www.publico.es/453409/abofetear-a-una-mujer-por-celos-no-es-machismo-segun-la-audiencia-provincial-de-castellon
http://www.publico.es/453409/abofetear-a-una-mujer-por-celos-no-es-machismo-segun-la-audiencia-provincial-de-castellon
PRESTACIÓNS PERIÓDICAS DE APOIO A MULLERES QUE SOFREN VIOLENCIA DE XÉNERO
Prestacións periódicas de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero
Normativa:
Orde do 2 de abril de 2013 pola
que se regulan as bases para a concesión das axudas periódicas de apoio
a mulleres que sofren violencia de xénero e se procede á súa
convocatoria para o ano 2013. (DOG nº 66 do 5/4/2013)
Obxecto:
Proporcionarlles
apoio económico ás mulleres que sofren violencia de xénero, mediante
prestacións económicas individuais e de carácter periódico, que lles
garantan unhas condicións suficientes de independencia económica
respecto do agresor e lles posibiliten dar o primeiro paso ou consolidar
a ruptura dunha situación en que corren perigo.
Beneficiarias:
Mulleres
que, acreditando unha situación de convivencia que as poña en risco de
sufrir violencia de xénero, se atopen nunha situación que lles impida
afrontar o seu futuro dun xeito autónomo e independente do seu agresor e
que dispoñan dalgún dos documentos acreditativos desta situación de
violencia adoptado ou emitido no período dos doce meses anteriores á
data da solicitude sempre que nese momento se producise o cesamento da
convivencia.
Requisitos:
- Ser muller, maior de idade ou emancipada, vítima de violencia de xénero nunha relación de convivencia.
- Ter cesado a convivencia co agresor dentro dos doce meses anteriores á data de presentación da solicitude.
- Estar empadroada e residir en Galicia e, no caso das mulleres estranxeiras, ter permiso de residencia.
- Percibir uns ingresos mensuais iguais ou inferiores a 1,5 veces o IPREM vixente.
- Non ter percibido esta axuda ou a axuda establecida no artigo 27º da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero con anterioridade.
Natureza e contía das prestacións:
A contía da axuda establécese en función das rendas e ingresos da solicitante en relación co IPREM para o ano 2013, de acordo coas seguintes especificacións:
Ingresos ≤ ao IPREM | Ingresos > ao IPREM e ≤ a 1,5 veces o IPREM | |
a) Con carácter xeral | 600 euros/mes | 300 euros/mes |
b) Con unha/un filla/o menor a cargo ou cando a vítima teña unha discapacidade ≥ 33%: | 650 euros/mes. | 350 euros/mes. |
c) Con unha/un filla/o menor a cargo e esta/e ou a solicitante teñan unha discapacidade ≥ 33% | 700 euros/mes | 400 euros/mes. |
d) Con dúas ou máis fillas/os menores a cargo | 700 euros/mes. | 400 euros/mes. |
e) Con dúas ou máis fillas/os menores a cargo e algunha ou algún deles ou a solicitante teñan unha discapacidade ≥ 33% | 800 euros/mes. | 500 euros/mes. |
f) Con unha/un filla/o menor a cargo e esta/e ou a solicitante teñan unha discapacidade ≥ 65% ou teñan recoñecido grao de dependencia | 800 euros/mes. | 500 euros/mes. |
As
beneficiarias quedarán incorporadas aos programas de formación, busca
activa e mellora do emprego que determine a Secretaría Xeral da
Igualdade en colaboración con outras administracións ou entidades.
Incompatibilidades:
Coa
percepción de calquera outra establecida tanto polas administracións
públicas ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades, como por
calquera entidade privada destinadas ao mesmo fin.
Cando as solicitantes teñan solicitada ou perciban a RAI por vítima de violencia, farán constar expresamente esta circunstancia na declaración de axudas xunto coa solicitude, e nos casos que a soliciten con posterioridade deberán comunicalo de xeito inmediato. O órgano xestor daralles opción para que no prazo de 5 días manifeste a súa opción, indicándolles que as mensualidades coincidentes no período de percepción de ambas as dúas axudas minoran no mesmo número de meses a axuda regulada nesta disposición.
Cando as solicitantes teñan solicitada ou perciban a RAI por vítima de violencia, farán constar expresamente esta circunstancia na declaración de axudas xunto coa solicitude, e nos casos que a soliciten con posterioridade deberán comunicalo de xeito inmediato. O órgano xestor daralles opción para que no prazo de 5 días manifeste a súa opción, indicándolles que as mensualidades coincidentes no período de percepción de ambas as dúas axudas minoran no mesmo número de meses a axuda regulada nesta disposición.
Así
mesmo, deberase ter en conta que as normas reguladoras das axudas como a
RISGA, PNCs e aqueloutros subsidios percibidos por carencia de recursos
teñen límites distintos aos establecidos para esta axuda polo que a
concesión da mesma deberase comunicar aos organismos responsables da
xestión das axudas que estiveran a percibir.
Documentación:
- Solicitude e anexos
- Declaración responsable de ingresos (anexo II). Consideraranse rendas e ingresos computables os bens, dereitos e rendementos derivados do traballo, do capital mobiliario e inmobiliario, incluíndo os incrementos do patrimonio, das actividades económicas e os de natureza prestacional, agás as asignacións económicas da Seguridade Social por filla/o ou menor acollida/o a cargo. Non se computan as rendas individuais do agresor nin a vivenda habitual da vítima.
- Certificación da conta bancaria da que a solicitante é titular única ou compartida con persoa distinta do agresor.
- Acreditación da situación de violencia derivada de convivencia con algún dos documentos seguintes:
- Certificación da orde de protección ou da medida cautelar, ou testemuño ou copia autenticada polo/a secretario/a xudicial da propia orde de protección ou da medida cautelar.
- Sentenza de calquera orde xurisdicional, que declare que a muller sufriu violencia de xénero.
- Informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración pública, autonómica ou local no cal se recolla a dita condición e a data en que se produciu o cesamento da convivencia.
- Informe dos servizos de acollida no cal se recolla a dita condición e a data en que se produciu o cesamento da convivencia.
- Informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de violencia, auto de apertura de xuízo oral ou documento equivalente en que conste a existencia dos ditos indicios.
- Acreditación da discapacidade co certificado correspondente, de ser o caso.
- Acreditación de fillas/os a cargo a través do libro de familia e o informe de servizos sociais ou sentenza xudicial de custodia, de ser o caso.
- No caso de solicitantes estranxeiras, copia cotexada da tarxeta de residencia.
- Declaración de axudas públicas solicitadas ou concedidas (anexo III)
Lugar de presentación:
- Secretaría Xeral da Igualdade
- No enderezo electrónico https://sede.
xunta.es - En calquera das formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas.
Prazo de presentación:
Ata o 31 de outubro de 2013.
PROGRAMA CAMPAÑA VERÁN: Campamento para Mozas e Mozos.
Programa Campaña Verán
Normativa
Orde do 21 de marzo de 2013 pola
que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de
verán 2013 e se procede á súa convocatoria. (DOG nº 63 do 2/4/2013)
Obxecto:
Facilitarlle
á mocidade galega a participación en actividades de tempo libre a
través da oferta dun plan xeral de actividades que se desenvolverán
tanto en Galicia como noutras comunidades autónomas, en diferentes
quendas de entre unha semana e quince días de duración, durante os meses
de xullo e agosto
Participantes:
Mozos e mozas nados no ano sinalado no anexo I para cada actividade. En canto á idade mínima e máxima para participar deberase ter en conta o seguinte:
- Os/as nados/as no ano 1995 non poderán facer 18 anos antes da finalización do campamento.
- Os/as nados/as no ano 2004 deberán ter feitos 9 anos ao inicio do campamento.
A
solicitude pode ser individual ou múltiple (no suposto de grupos de ata
catro irmáns). A solicitude múltiple só se poderá empregar para o
suposto de solicitude de irmáns que vaian á mesma instalación e quenda.
No momento da adxudicación da praza desde a lista de agarda xa se teñen
en conta como individuais.
Cada
persoa interesada só poderá cubrir unha solicitude e un máximo de cinco
quendas ou actividades por solicitude (cada quenda ou actividade vai
identificada cun código no anexo I da orde de convocatoria).
Servizos
- Un programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial, que posibilite a participación da/o moza/o.
- Aloxamento en albergue xuvenil, residencia xuvenil ou campamento xuvenil.
- Manutención en réxime de pensión completa.
- O material necesario para a actividade.
- Un equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre e actividades náuticas, se é o caso.
- Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.
- Nas actividades desenvolvidas noutras comunidades autónomas inclúese o transporte desde Santiago de Compostela ata o lugar de destino, así como o retorno ata Santiago de Compostela.
Documentación:
Solicitude individual (anexo II) / Solicitude múltiple (anexo III)
Lugar de presentación:
- Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado
- Xefaturas Territoriais da Consellería de Traballo e Benestar
- Nos lugares dispostos no artigo 38.4 da Lei 30/92 de 26 e novembro.
- Vía telemática: http://www.xunta.
es/presentacion-electronica- da-xunta-de-galicia
Prazo de solicitude:
15 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación da Orde: ata o 17 de abril de 2013.
Os/as
participantes seleccionados/as deberán presentar no prazo de 15 días
naturais contados desde o seguinte ao da realización do sorteo:
- Xustificación de pagamento
- Fotocopia do DNI ou da folla correspondente do libro de familia.
- Fotocopia de documento de afiliación á Seguridade Social ou seguro médico privado.
- Cuestionario médico-sanitario (anexo IV)
- Declaración responsable de que sabe nadar.
- De ser o caso, fotocopia compulsada do Título de Familia Numerosa, e do Carné Xove . Os membros de familia que teñan o título de familia numerosa terán un desconto do 50% sobre os prezos, e os do Carné Xove terán un desconto do 25%.
Máis información:
"ROTEIRO FEMENINO SONS DE MULLERES" DATA: XOVES 04 DE ABRIL AS 19:00 HORAS, LUGAR: CASA DAS MULLERES. R/ROMIL, 20
Desde a Concellería de Igualdade de Vigo, lembramos que este xoves,
4 de abril, a Casa das Mulleres acollerá o Relatorio:
"Camiñando por Vigo na procura da historia das mulleres. Roteiro feminino Sons de mulleres"
Durante esta sesión percorrerase a andadura e o desenvolvemento coa posterior sinalización dos 15 puntos que configuran o Roteiro
"Sons de Mulleres" promovido por Mulheres Nacionalistas Galegas en colaboración coa Concellería de Igualdade.
Data: xoves, 4 de abril
Hora: 19:00 h
Lugar: Casa das Mulleres. R/Romil, 20
"Camiñando por Vigo na procura da historia das mulleres. Roteiro feminino Sons de mulleres"
Durante esta sesión percorrerase a andadura e o desenvolvemento coa posterior sinalización dos 15 puntos que configuran o Roteiro
"Sons de Mulleres" promovido por Mulheres Nacionalistas Galegas en colaboración coa Concellería de Igualdade.
Data: xoves, 4 de abril
Hora: 19:00 h
Lugar: Casa das Mulleres. R/Romil, 20
Suscribirse a:
Entradas (Atom)