Aquí moitas mulleres traballan e por iso somos líderes en malos tratos
Non é un feito aillado, se da en toda España e en todo o mundo.
Precisamente porque hai unha desigualdade que se materializa en violencia
de xénero cando os homes dentro dunha relación de parella non están
dispostos a respetar a autonomía da muller. Tristemente, as puntas
de violencia se dan cando a muller decide rachar a convivencia. É
verdade que hai comunidades autónomas con máis incidencias e outras con
menos. A dependencia económica é decisiva neste ámbito.
http://www.elmundo.es/elmundo/2013/08/28/baleares/1377700164.html
http://www.elmundo.es/elmundo/2013/08/28/baleares/1377700164.html
Violencia de xénero en adolescentes: mensaxes contraditorias
Imaxe do filme Crepúsculo
Pese a que moitos e moitas adolescentes afirman coñecer a teoría, cada vez son máis as rapazas novas que acuden aos organismos dedicados á axuda ás víctimas de violencia de xénero.
O coñecido best-seller 50 sombras de Grey da autora E.L. James é un exemplo moi recente. Neste libro, vendido como un manual de liberación femenina, Christian Grey, un multimillonario sexi e dominante, cautiva a Anastasia, que para variar é torpe e pouca cousa, seguindo a estela de Bella en Crepúsculo de Stephenie Meyer.
http://blogs.20minutos.es/mas-de-la-mitad/2013/08/28/violencia-de-genero-adolescentes-mensajes-contradictorios/
Un interesante documental "El cuerpo de las mujeres" sobre a presenza das mulleres na TV italiana
No seguinte enlace podedes ver "El cuerpo de las mujeres"; un documental de 30 minutos que mostra como as mulleres se van convertindo na TV nun mero obxecto decorativo. Un video para reflexionar sobre a imaxe das mulleres no mundo público, e como só hai espazo para mulleres idénticas, que a través da ciruxía van parecéndose a monecas.
O empoderamento, o poder das mulleres sobre si mesmas, tamén inclúe o poder que teñen sobre o seu propio corpo.
http://canalcultura.org/2012/06/05/el-cuerpo-de-las-mujeres-2/
Cenicientas TV: Que é o empoderamento? segundo Ana de Miguel
Recomendámosvos o canal de videos: Cenicientas TV, que ten innumerables videos de formación en xénero e feminismo. En especial son fenomenais os videos de Ana de Miguel, profesora de socioloxía e experta en Xénero.
Neste enlace tedes a definición de Empoderamento: As mulleres buscamos ter poder sobre nós mesmas.
http://www.youtube.com/user/CenicientasTV
Por que a sociedade rexeita o concepto de violencia de xénero?
María Escudero explica no seguinte video como a violencia de xénero debe ser comprendida dende a relación de poder existente entre homes e mulleres, que fai ver a muller como unha posesión do varón.
http://cenicientas30tv.blogspot.com.es/2012/09/maria-escuderopor-que-la-sociedad.html
Mabel Rivera protagoniza a xornada anual da Comisión de Igualdade
Segundo as organizadoras, a figura de Mabel Rivera “permite dar conta do protagonismo que, en todo ese proceso, tivo un grupo de mulleres valentes dispostas a rachar coas expectativas que a sociedade galega tradicional depositaba sobre elas e dispostas, sobre todo, a seren protagonistas dos procesos artísticos dunha Galicia nova”.
http://www.sermosgaliza.com/artigo/cultura/mabel-rivera-protagoniza-xornada-anual-da-comision-igualdade/20130814165455018133.html
O resultado de facer posar aos homes nas mesmas posturas que ás mulleres
Posados masculinos tratados cos cánones tradicionais de fotografía feminina en publicidade e revistas.
Primark expulsa a unha nai por amamantar en público
http://www.diagonalperiodico.net/andalucia/19490-primark-expulsa-madre-por-amamantar-su-hijo.html
A indignación e a solidariedade das nais convoca reunións de nais este vernes 23 de agosto ás 19h en varios Primarks de todo o Estado español.
A indignación e a solidariedade das nais convoca reunións de nais este vernes 23 de agosto ás 19h en varios Primarks de todo o Estado español.
Stop ás agresións sexistas en Bilbao.
Durante a concentración, que durou alomenos media hora e na que participaron representantes das comparsas bilbaínas, gritáronse consignas contra as agresións -"Muller denuncia ao teu agresor", "Ningunha agresión sen resposta", "A rúa, a noite tamén son nosas", "Erasorik ez erantzunik gabe"- e se convidou ás mulleres a denunciar calquera ataque sexista.
Andalucía creará comisións contra a trata de mulleres, que serán consideradas vítimas de violencia de xénero
É o negocio ilegal que máis diñeiro move no mundo, só por detrás do tráfico de drogas.
http://www.andalucesdiario.es/ciudadanxs/andalucia-es-pionera-en-la-lucha-contra-la-trata-de-mujeres/
http://www.andalucesdiario.es/ciudadanxs/andalucia-es-pionera-en-la-lucha-contra-la-trata-de-mujeres/
Alemaña recoñece un terceiro sexo. Os pais e nais non estarán obrigados a designar o sexo d@s bebes intersexo.
Gabriel J. Martín foi inscrito ao nacer como nena.
Alemaña se convertirá, a partir do próximo 1 de novembro, no primeiro país europeo en permitir que nos certificados de nacemento non se rexistre o sexo dos recén nacidos, unha pequena gran revolución xurídica destinada a facer máis levadeira a vida ás persoas intersexo, que non teñen un sexo biolóxico masculino nin feminino.
http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/08/19/actualidad/1376938559_453077.html
Unha de cada tres viguesas vítimas de malos tratos xa ten menos de 30 anos
A Policía controla 153 casos con ordes de
alonxamento. O uso das novas tecnoloxías agrava comportamentos
controladores; pero o sexismo segue a ser a base dos comportamentos violentos.
"Se está indo cara atrás, o proceso é tan difícil que as vítimas se desaniman; estas vítimas perderon un montón de dereitos en pouco tempo", alerta a coordinadora da Rede de mulleres contra os malos tratos.
http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2013/08/13/tres-viguesas-victimas-malos-tratos/860023.html
Un pub de Granada sorteaba sexo cunha das camareiras. Denigrante.
Un pub sorteaba sexo cunha camareira como reclamo publicitario. Con cada copa, sorteo dunha relación sexual coa "camareira especial".
De novo, os corpos e a sexualidade das mulleres se "usa" para facer negocio. As denuncias fixeron cancelar a festa ao seu organizador, que era un varón.
Non fai falla irse a países lonxanos para ver mostras de sexismo explícito e violencia de xénero como estas...
De novo, os corpos e a sexualidade das mulleres se "usa" para facer negocio. As denuncias fixeron cancelar a festa ao seu organizador, que era un varón.
Non fai falla irse a países lonxanos para ver mostras de sexismo explícito e violencia de xénero como estas...
Mulleres que falan das súas vidas, segundo Rosa Montero
Cando unha autora escribe unha novela protagonizada por unha muller, todo o mundo pensa que está falando de mulleres, mentres que cando un home escribe unha novela protagonizada por un varón, todo o mundo pensa que está falando do xénero humano.
http://elpais.com/elpais/2013/07/04/eps/1372935503_898195.html
Abogadas denuncian sexismo e racismo nos xulgados de violencia de xénero
“O SAP é un instrumento de violencia institucional”, explicaba Fátima Urzanqui, psicóloga experta en violencia de xénero. Urzanqui, que desgranou unha a unha as aberracións deste suposto síndrome (que non ten ningún respaldo científico, que foi inventado por un pedófilo, que non se recolle en ningún texto médico, que só aparece no entorno xudicial, nunca no sanitario, non o diagnostica ningún médico/a e que se insta á terapia dende a xudicatura…) e destacou cómo a xusticia española incumpre a súa función reparadora. “As mulleres están vendo que se denuncian ao maltratador (e en algúns casos abusador das criaturas) poñen en situación de maior risco aos seus fillos e fillas”. E rotunda, concluiu: “En España non se está protexendo aos nenos e as nenas”.
Outro exemplo sinalado pola abogada Lara Martín é o racismo, ademáis do sexismo, que tamén se sofre nos xulgados especializados en violencia de xénero: “Vemos como as mulleres que van aos xulgados a denunciar se ven obrigadas a xustificarse e se ademáis son estranxeiras, o primero que se cerne sobre elas é a sospeita de que van buscando “papeis” para a súa estancia en España”.
http://nuriavarela.com/tag/red-de-resistencia-y-respuesta-a-las-violencias-machistas/
Escrache feminista fronte ao Ministerio de Sanidade: Sexualidade pracenteira, e maternidade elixida
Un xulgado de Colmenar da a custodia a un home que presuntamente abusou da súa filla
O xulgado número 4 de Colmenar Viejo da a custodia dunha nena de 10 anos ao seu pai, a pesar de que a menor denunciou abusos sexuais.
O suposto SAP (síndrome de alienación parental): un novo xeito de violencia machista
https://www.diagonalperiodico.net/libertades/juzgado-da-custodia-acudado-abusos.html
A protección de testemuñas é insuficiente para a trata
A fiscal afirma que “hai que educar e concienciar” sobre o tráfico de persoas.
Hai absoluta tolerancia. Eso indica o desprezo cara o xénero feminino.
http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/08/06/actualidad/1375807933_933931.html
Fotocol en apoio á Lei do Aborto
A
Marcha Mundia das Mulleres comunica que se estarán nas seguintes datas e
lugares para realziar o fotocol con todas as persoas que queirades
participar:
Sábado 10 no Centro Social Xuntas a partir das 19:00.
Domingo 11 na Alameda de Vigo cerca do Festival do Marisquiño a partir das 18:00.
Sábado 31 no Festival da Poesía do Condado.
Novo crime machista: unha muller con orde de alonxamento é asasinada polo seu ex-marido
Unha muller de 69 anos foi asasinada a martillazos polo seu ex-marido cando xa estaban en trámites de separación. A muller denunciara por ameazas o pasado 1 de Xullo. Ate cando?
Algo fallou nas medidas de protección desta muller, e esiximos explicacións.
http://www.elmundo.es/elmundo/2013/08/04/espana/1375629061.html
Algo fallou nas medidas de protección desta muller, e esiximos explicacións.
http://www.elmundo.es/elmundo/2013/08/04/espana/1375629061.html
Sanidade prepara unha estatística incompleta sobre violencia de xénero
O Ministerio só incluirá no reconto de feridas ás mulleres
que permaneceron ingresadas nun hospital polo menos 24 horas, que
son unha mínima parte do total de vítimas.
Asociacións e expertas alertan de que é contraproducente xerar indicadores parciais que non reflexen a envergadura do problema.
"En (datos de) mulleres feridas ou lesionadas partimos de cero, non había nada, trátase de dar un paso", di o Ministerio
http://www.eldiario.es/sociedad/Sanidad-prepara-estadistica-incompleta-violencia_0_156434546.html
Asociacións e expertas alertan de que é contraproducente xerar indicadores parciais que non reflexen a envergadura do problema.
"En (datos de) mulleres feridas ou lesionadas partimos de cero, non había nada, trátase de dar un paso", di o Ministerio
http://www.eldiario.es/sociedad/Sanidad-prepara-estadistica-incompleta-violencia_0_156434546.html
A igualdade tamén caduca cos Convenios laborais
Dende o 8 de Xullo, miles de convenios colectivos caducaron. É dicir, os acordos que fixaban as condicións laborais de centos
de miles de traballadores/as xa non teñen validez, tal e como estipulou a
reforma laboral, que daba un ano a sindicatos e patronal para
desbloquear os convenios estancados. Ademáis da confusión e da
previsible conflictividade que se aveciña, este decaimento ten outra
consecuencia: a perda dos plans de igualdade de centos de
empresas, que en moitos casos dependían dos convenios colectivos.
http://www.eldiario.es/economia/igualdad-caduca-convenios_0_152935266.html
http://www.eldiario.es/economia/igualdad-caduca-convenios_0_152935266.html
6.000 euros por ser nais
O Goberno pretende obrigar a ser nais a quen non quere selo coa súa intención de cambiar a lei do aborto; e por outra banda, pon impedimentos a aquelas mulleres que queren ser nais, pero non cumplen coa idea de "verdadeiras nais" que manexa o PP: como as mulleres solteiras, lesbianas ou bisexuais.
http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/07/27/actualidad/1374951275_110559.html
http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/07/27/actualidad/1374951275_110559.html
As axudas do Instituto da muller priman o tamaño das organizacións, e castigan as asociacións netamente femininas
As novas bases para que as distintas asociacións opten ás subvencións del Instituto de la Mujer penalizan ás entidades máis pequenas. Tamén ás eminentemente femininas.
http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/07/26/actualidad/1374867083_457212.html
http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/07/26/actualidad/1374867083_457212.html
Suscribirse a:
Entradas (Atom)