Becas Observatorio Estatal Violencia de Xénero

Becas para persoas licenciadas, no 2011 ou posterior, en socioloxía, antropoloxía e dereito.

http://www.boe.es/boe/dias/2013/12/24/pdfs/BOE-A-2013-13588.pdf

Actividades Asoc. Nós Mesmas

Este xoves 2 de decembro, ás 18h proxección da lungametraxe servia PARADA (VOS)
Traxicomedia que trata a situación dos dereitos LGTBs en Serbia e que conten imaxes rodadas na marcha do Orgullo realizada en Belgrado no 2010.

Trata de como un grupo de activistas trata de organizar esta marcha do orgullo, rememorando os actos violentos acontecidos anos atrás noutra tentativa. Na trama misturanse paralelamente varias relacións amorosas e diferentes rivindicacións de cómo vivir ou non a orientación sexual.

Cando finalice a peli, sobre ás 20.30h teremos unha chocolatada aberta a toda persoa que queira participar (aínda que non poidas vir a peli!) para celebrar o novo ano e as expectativas que temos nel.


Todo na sede! Porta do Sol, 11-bis, 1º entresollado, Vigo

Axudas sociais de caracter extraordinario

Pago único de 206€ para pensionistas
Bases no seguinte enlace:

Hoxe concentración no Marco ás 20.00

LEMBRADE!!!!
HOXE LUNS 30 DE DECEMBRO CONCENTRACIÓN NO MARCO ÁS 20.00 POLO ASASINATO SUCEDIDO EN MARÍN

CONVOCA A COORDINADORA COMARCAL DE VIGO DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES CONVOCA

Que a indignación de toda a sociedade saia á rua para rexeitar o cruel asasinato e denunciar a violencia machista padecida polas mulleres e exercida contra nós polo simple feito de selo!!.

Cae o número de abortos en España no 2012

http://www.farodevigo.es/espana/2013/12/23/numero-abortos-cayo-espana-5/937606.html

A ministra francesa da MuLLer fala sobre a reforma do aborto

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2013/12/22/ministra-francesa-mujer-tilda-retroceso-reforma-aborto-gallardon/00031387710570904417664.htm

Resumo do anteproxecto lei aborto

http://www.lamoncloa.gob.es/ConsejodeMinistros/Referencias/_2013/refc20131220.htm#Concebido

Fotos Manifestación Plataforma Galega Polo Dereito ó Aborto

http://www.flickr.com/photos/96470198%40N03/sets/72157638882626493/

Comunicado da Platataforma Decidir fainos libres

Un retroceso mesmo peor do anunciado
Primeira valoración da Plataforma Decidir Fainos Libres sobre a presentación do Anteproxecto de Lei para a derrogación da actual lexislación sobre saúde sexual e reprodutiva e interrupción voluntaria do embarazo.
Plataforma Decidir Fainos Libres.
Tras a Rolda de prensa do Consello de Ministros e a presentación na mesma do anteproxecto de Lei por parte do Ministro de Xustiza, a Plataforma Decidir Fainos Libres, en nome das máis de 300 organizacións de mulleres, do ámbito sanitario e da  planificación familiar que a compoñen, declaran:
1. Que os contidos anunciados para o Anteproxecto de Lei representa un retroceso mesmo maior do anunciado a través das diferentes intervencións.
2. Que se trata dun anteproxecto que elimina completamente a posibilidade das mulleres de decidir libremente sobre a interrupción do embarazo.
3. Que se trata dun anteproxecto elaborado desde unha profunda desconfianza tanto na capacidade e responsabilidade das mulleres como no rigor e profesionalidade dos e as profesionais do sistema sanitario.
4. Que algúns dos anuncios apuntan a riscos para a saúde concretos derivados da dificultar dunha atención temperá que é practicamente imposible cos sistemas de control establecidos.
5. Que constrúe unha auténtica chapuza xurídica para os casos de aborto relacionados con patoloxías fetales mesmo incompatibles coa vida.
6. Que se trata dun grave recorte en materia de dereitos sexuais e reprodutivos que nos separa de forma grave do contexto lexislativo dos países da nosa contorna e supón un retroceso social de máis de 30 anos.
7. Que en definitiva acaba cunha lei sobre saúde sexual e reprodutiva, preventiva e respectuosa cos dereitos das mulleres, para propor unha lei para a tutela e a negación da autonomía e a liberdade das mulleres gestantes, cuxos dereitos son colocados por baixo da protección xurídica da vida fetal.
A Plataforma está á espera de poder coñecer con maior detalle e profundidade os contidos deste anteproxecto para poder facer unha valoración máis detallada canto antes.


Para máis información:
Isabel Serrano, Xinecóloga, Portavoz da Plataforma Decidir Fainos Libres. Tfono.: 625057300
Puy Zatón, Secretaría técnica da Plataforma Decidir Fainos libres. Tfono.: 636840101

Cursos de balde

 Contido: Os xoves formativos-sesións gratuítas no Centro Social da Fundación Novacaixagalicia:

  • Aprende a comunicar e a comunicarte: 16 xaneiro de 19 a 20 horas
  • Aprende a deseñar documentos en word en dúas horas: xoves 9 ou 16 de xaneiro de 18 a 20 horas
  • Aprende a crear unha páxina web en dúas horas: xoves 23 de xaneiro de 18 a 20 horas
  • Aprende a crear unha unidade didáctica: xoves 23 de xaneiro de 18 a 20 horas
  • Crea montaxes de fotos e música: xoves 30 de xaneiro de 18 a 20 horas
  • Aprende a instalar e desinstalar programas, actualizar o antivirus ...: xoves 6 de febreiro de 18 a 20 horas
 Máis información: http://www.obrasocialncg.com/desarrolloeconomico/

Detido por ameazar á súa parella en Vigo

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2013/12/19/detenido-amenazar-muerte-pareja-vigo/00031387441317285708808.htm

A exparella de Sonia Iglesias volve declarar no Xulgado

http://www.farodevigo.es/sucesos/2013/12/19/expareja-sonia-iglesias-vuelve-declarar/935023.html

Se mañán presentan a reforma da lei do aborto...

O día que anunciem a reforma do aborto o Feminismo Galego saira ás ruas: concentraçom ás 19h (Vigo: Marco)  http://feminismo.eu/PlataformaAborto/

A contrarreforma da lei do Aborto de Gallardón vai ser antes de rematar o ano 2013. Será anunciada na rolda de imprenssa que fam as sextas ao concluir o Conselho de Minitrxs.  Dam como data quase segura o 20 de dezembro.
Temos que estar Alertas para que a nossa resposta seja o mais forte possível.

Como já acordamos na última junta da Plataforma polo Direito ao Aborto de Vigo (Foi enviada a ata). Acordamos difundir com intensidade desde a Plataforma , através da rede a convocatoria da resposta a este anúncio da contrarreforma da lei do Aborto, pola web, twitter, facebook nacional e local, correio, whatsapp....Assim como pedir que o fagam todas as organizaçons que formamos parte da Plataforma, há que fazer um esforço para difundir dita resposta.

Acto em Vigo para o día que anunciem a reforma da lei de Aborto #AlertaFeminista

Faremos umha concentraçom no MARCO ás 19h , na que entre outras actividades temos: ler textos alusivos ao tema,  berraremos consignas, música, teremos umha faixa assinada como Plataforma, também a faixa de nom imos permitir..., piruletas, chaleques, teias lilás,...que se sinta a nossa  protesta  e sobre todo tentar sumar o maior número de pessoas possível.

Acordamos falar com o grupo Distrito 09 por si podem organizar um performance para ese día.
Ao remate farase um acto sorpresa.
O día 18 quedamos no local da CIG para elaborar material, para a difussom da concentraçom que logo distribuiremos pola nossa cidade, pregase a assistência de todas nós.

Participa e difunde!!!!

Consideración sobre o aborto da Plataforma Decidir Nos Hace Libres

"O aborto non desaparece inda que se prohíba, sigue producíndose pero en peores condicións."

Neste texto poderedes atopar os seguintes apartados:
- aborto e dereitos humanos.
- contexto político e social.
- o aborto na Constitución e nas leis.
- aborto seguro e accesible.
- datos a ter en conta.
- 15 respostas a mitos e argumentos antielección.
-

http://nosotrasdecidimos.org/wp-content/uploads/ARGUMENTARIO-enviado-19-12-13.pdf

Base de datos sobre organizacións que traballan en xénero a nivel mundial


http://www.igualdad.ull.es/database_spanish_EL.php

Renda Básica: mitos e realidades

"¿Si todo el mundo cobra, quién trabaja?
-Esta es la primera crítica a la renta básica y, es muy curioso, pero todos los estudios que se han hecho sobre la renta básica lo que muestran es que incentiva el trabajo, a diferencia de los subsidios que hay actualmente en el Estado de Bienestar."


http://www.lne.es/gijon/2010/07/14/estudios-demuestran-renta-basica-incentiva-trabajo/942097.html

Programa de termalismo social


Maiores Lecer e deportes
Convócanse 209.222 prazas para participar no Programa de Termalismo Social.

As quendas, que poderán ter unha duración de 12 días (once pernoctaciones) ou de 10 días  (nove pernoctaciones) cada un, realizaranse en réxime de pensión completa e comprenderán desde as doce horas do día de chegada até as doce horas do día de saída.
O desenvolvemento do programa efectuarase durante o período comprendido entre o mes de febreiro e o mes de decembro de 2014.

Serán beneficiarios das prazas do Programa de Termalismo Social as persoas que reúnan os seguintes requisitos:
1. Ser pensionistas do Sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación e invalidez, en todo caso, e polo concepto de viuvez ou doutras pensións, unicamente cando a persoa beneficiaria haxa cumprido os 60 anos de idade.
2. Non padecer alteracións de comportamento que impidan a convivencia nos establecementos, nin enfermidade infecto-contaxiosa.
3. Poder valerse en por si para as actividades da vida diaria.
4. Precisar os tratamentos termais solicitados e carecer de contraindicación médica para a recepción dos mesmos.
5. Alcanzar, de conformidade coa baremación establecida, a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas.

Establécense dous prazos para a presentación de solicitudes:
Para participar no proceso de adxudicación de praza:
Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: Até o día 16 de xaneiro de 2014.
Para as quendas dos meses de setembro a decembro: Até o día 16 de maio de 2014.
Para a súa inclusión na Lista de Espera de prazas, para cubrir as prazas que vaian quedando vacantes por renuncias ou outras circunstancias:
Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: Até o día 16 de maio de 2014.
Para as quendas dos meses de setembro a decembro: Até o día 30 de outubro de 2014.

Balnearios participantes no Programa de Termalismo Social no ano 2014

Solicitude praza Programa Termalismo Social


http://www.obrasocialncg.com/es/socialia/noticia/programa_de_termalismo_social

Pacto entre mulleres

"Representantes do PSOE, EU, do BNG e de Amaiur asinaron este martes no Congreso dos Deputados o 'Pacto entre mulleres polos dereitos sexuais e reprodutivos e da interrupción voluntaria do embarazo', un documento que subscribiron preto de 200 asociacións, plataformas e organizacións de mulleres de toda España, e que presentaron aos grupos parlamentarios da Cámara Baixa, coincidindo con que previsiblemente este venres aprobarase a reforma da Lei do Aborto."


 http://www.europapress.es/sociedad/noticia-psoe-iu-bng-amaiur-suscriben-congreso-pacto-mujeres-contra-reforma-ley-20131217122632.html

Presentación do libro "Por qué No nos Dejan Hacer en la Calle?"

Presentación o venres 27 de decembro ás 20:00h., na Cova dos Ratos r/Romil,3 Vigo.

Do libro  "Por qué No nos Dejan Hacer en la Calle?" do Grupo de Estudios Antropolóxicos "La Corrala" de Granada.

Sobre as prácticas de control social e privatización dos espazos na cidade capitalista.

Contaremos coa presenza de Juan Rodríguez Medela coautor do texto.

"Democracia, ciudadanía y espacio público son conceptos que en el discurso político habitualmente se entrecruzan y sustentan la apropiación por parte de los municipios, de normativas que pretenden fomentar y garantizar la convivencia ciudadana en el espacio público. Ordenanzas municipales que traen consigo dinámicas que lejos están de contribuir al objetivo que dicen perseguir, como la progresiva privatización del espacio público y el control social de la población.

Dinámicas que se integran en un modelo de ciudad centrado en la imagen y en el potencial turístico; una ciudad individualista, capitalista y segregadora; una ciudad que obstaculiza el encuentro de las personas que la habitan; una ciudad en la que no se vive, se sobrevive. Y una de las formas de conseguirlo es, precisamente, naturalizando una vida cada vez más regulada.ç Este fenómeno internacional presente en las grandes capitales mundiales (Nueva York, Londres...), se ha ido extendiendo por el territorio del Estado a partir de la aprobación pionera de la normativa en Barcelona en el año 2006. No sólo ha ido proliferando esta iniciativa en grandes y medianas ciudades como Burgos (2007), Sevilla (2008), Ávila (2008), Vigo (2009), Guadalajara (2009), Málaga (2010), Bilbao (2010), Alcalá de Henares (2010), Albacete (2011), Alicante (2011), Gijón (2012), Palma de Mallorca (2012), sino también en pueblos como Guillena (2011), Tui (2012), Collado Villalba (2012), Cangas (2013), etc. La dinámica expansiva no cesa, estando ya en proceso de elaboración y aprobación en ciudades como Madrid y Murcia.

A partir del caso concreto de Granada, en este libro podrás encontrar el proceso por el cual mecanismos como la ordenación de la convivencia ciudadana inciden en las dinámicas de control de la ciudadanía, en la progresiva privatización de espacios que supuestamente son públicos, además de contribuir, entre otras cuestiones, a aumentar la brecha social existentes entre unos sectores de población y otros."


ORGANIZAN: Grupo Axitación Social e Lapsus (Punto de venda de materiais críticos).

"A que vou abortar son eu, non Gallardón"



- En 2011, abortaron 118.359 mulleres (datos do Ministerio de Sanidade).
- Según os datos de ACAI, 101.607 mulleres abortaron por vontade propia: 35.500 por causas económicas e 66.107 por motivos personais.
- 3.234 do total de abortos foron interrupcións por patoloxía fetal grave.
- Das 14.586 menores de 19 anos que abortaron en 2011, 500 fixéronno sen comunicarllo ós seus proxenitores.




http://www.huffingtonpost.es/2013/12/12/reforma-ley-aborto-gallardon_n_4433613.html?1386917079

"Non acepto que ninguén inflúa na miña decisión de abortar"

http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/12/12/actualidad/1386851045_550871.html

Actividades de pago para menores en nadal

Deputación de Pontevedra Informa: Apertura do prazo de inscrición do programa "VIGO TEN NADAL"
 ·         Prazo de Inscrición: do 13 ó 17 de decembro, por rigorosa orde de entrada no Rexistro da Sede da Deputación de Pontevedra en Vigo (r/Oporto 3), ata esgotar as prazas.
·         Información: 886 125 998 – 607 582 719

Xunta e Federación Galega de Taxistas colaborarán no traslado gratuíto de vítimas de violencia de xénero a casas de acollida

Non entendemos moito esta noticia.....nin dos seus obxectivos...
http://igualdade.xunta.es/gl/actualidade/xunta-e-federacion-galega-de-taxistas-colaboraran-no-traslado-gratuito-de-vitimas-de

De Academias da lingua e sexismos...

http://www.lavanguardia.com/vida/20131208/54395945793/rae-remozada-300-anos.html

Videofórum




MARTES 17 DE DECEMBRO

CENTRO DE DOCUMENTACIÓN E RECURSOS FEMINISTAS ( JOAQUÍN YÁÑEZ, 6 - ÚLTIMO ANDAR)

HORA: 18.00


SINOPSE: Hedwig someteuse a unha operación de cambio de sexo que lle permitiu casar cun soldado americano e alcanzar a liberdade alén do Muro de Berlín. Con todo, a operación saíu mal e Hedwig quedou con esa “polgada irritada” (“angry inch”) que dá nome á película. Nun parque de caravanas de Kansas, Hedwig decidiu formar un grupo de rock. Así coñeceu a Tommy Gnosis, un mozo que foi o seu amante e protexido antes de abandonala, roubarlle as súas cancións e triunfar como estrela do rock.


Colabora Concello de Vigo

Erro informático? "Máster en Ricas y Famosas"

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2013/12/10/ministerio-educacion-incluye-lista-pagina-oficial-master-ricas-famosas-ofrecido-pompeu/00031386685881260334197.htm

Gallardón anuncia que en «moi poucos días» presentará a reforma do aborto

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2013/12/11/gallardon-anuncia-pocos-dias-presentara-reforma-aborto/00031386755864379688611.htm

Feminismo e saúde


Plataforma Polo Dereito a Decidir: manifesto por unha sanidade pública

As mulleres contra os recortes e a privatización na Sanidade Pública

Porque atentan contra a universalidade, accesibilidade e equidade.

Porque deixan fóra persoas inmigrantes e maiores de 26 anos que non teñan cotizado.

Porque reduce os servizos na sanidade e introduce o copago.

Porque privatiza a xestión nos Hospitais e Atención Primaria, encarecendo o servizo e empeorando a súa calidade.

Porque os recortes nos servizos afectarán especialmente às mulleres.

Porque se abandonou o Programa de Saúde da Muller na Galiza.

Porque supón para as mulleres unha perda na calidade asistencial e un grave retroceso para os nosos dereitos sexuais e reprodutivos.

Todo isto responde a unha estratexia ideolóxica reaccionaria que supón unha perda de soberanía para as mulleres sobre os nosos corpos que nos leva aos anos 60.
Para por en marcha esta estratexia apóianse na ausencia de educación afectiva e sexual en todos os niveis do ensino, no desmantelamento progresivo de servizos como os COF públicos, na creación de COF privados e relacionados coa igrexa católica, na eliminación da carteira de algúns métodos anticonceptivos, no abandono do Programa de Saúde da Muller na Galiza, no feche de 44 camas de Xinecoloxía no Hospital Xeral, e na anunciada contrarreforma da lei do Aborto.

O certo é que ningunha lei vai supor unha redución no número de abortos. Unha muller que ten decidido abortar vaino facer, con lei ou sen ela, en condicións sanitarias óptimas, que é o que esiximos, ou en condicións na que a súa vida corra perigo. O que vai conseguir Gallardón coa súa contrarreforma é que aumenten os abortos clandestinos e que as mulleres teñan secuelas importantes de saúde chegando mesmo à morte. Cada ano morren 70 mil mulleres no mundo por abortos clandestinos.
Na Galiza, a IVE na rede sanitaria pública non está garantida: na maioría dos hospitais as mulleres que desexan abortar son derivadas à privada, como nos casos da Coruña e Lugo. En Vigo patícanse na pública só os abortos por malformacións ou doenzas da nai, e en Ourense a sanidade pública asume 90% dos casos.

Por todo iso, desde a Plataforma polo Dereito ao Aborto esiximos:

-    A integración da educación afectiva e sexual en todos os niveis do ensino.
-    Que a violencia contra as mulleres sexa considerada unha cuestión de saúde pública, sobre todo na Atención Primaria.
-    A permanencia dos COF como centros integrais e de carácter público.
-    aceso a métodos anticonceptivos e financiados pola Seguridade Social
-    aceso a todas as mulleres, sen discriminación por opción sexual ou por non ter compañeiro, a tratamentos de reprodución asistida na Sanidade pública.
-    Aborto libre e gratuíto na rede sanitaria pública e sen obxección de consciencia. O dereito das mulleres a decidir se queremos ser nais, e en caso afirmativo, cando queremos ser nais, é unha cuestión fundamental de democracia para todas as mulleres

Facemos un chamamento a participar na manifestación pola Defensa da Sanidade Pública que sairá do Hospital Xeral o martes 10 de decembro às 20h.
As mulleres que formamos parte da Plataforma polo Dereito ao Aborto quedamos às 19:45h na porta do Hospital de Día para facer un grupo propio.
Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto

Galiza, 10 de decembro de 2013

Entrevista a Luis Enrique Sánchez sobre anticoncepción

http://nosotrasdecidimos.org/entrevista-luis-enrique-sanchez-anticonceptivos/

Rajoy confirma que o Consello de Ministros tramitará a lei do aborto antes de que remate o 2013‏

http://www.20minutos.es/noticia/1998967/0/rajoy-confirma/tramitacion-ley-aborto/antes-2014/

Qué é o informe Estrela?

Documento elaborado por diversas organizacións europeas defensoras dos dereitos sexuais e reprodutivos (DSR)

http://nosotrasdecidimos.org/que-es-el-informe-estrela-sobre-salud-y-derechos-sexuales-y-reproductivos/


http://vimeo.com/nked/review/81033310/bbe8e019a6

Descende a violencia de xénero?

Hoxe nos informativos avanzaban que diminuía o número de mulleres que sufrían malos tratos. Cómo? El País cambia o titular e fala da realidade: "Descenden un 9,6% as mulleres con medidas de protección"
Éso é moi diferente. Entón, por qué descenden as medidas de protección? será porque se otorgan menos? será que as mulleres denuncian menos?
A violencia segue tendo os mesmos niveis que o ano pasado, e o número de asasinatos practicamente é o mesmo. Poden existir intereses económicos e políticos para non contar a verdadeira realidade sobre o número de persoas nas listas do paro....pero ocultar os datos sobre violencia de xénero é xogar coa dignidade das mulleres, coa dignidade de todas nós.http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/12/05/actualidad/1386241956_592861.html

Premios á maternidade no exército

"Yo propondría uno más: se lo daría a la capitán que sufrió acoso y tocamientos por parte de un mando ahora condenado. Aparte de denunciarle, en una ocasión le dijo que "mientras vistiera el uniforme, para él, ella era un capitán y no una mujer". A partir de ahí, el coronel Isidoro Lezcano-Múgica se dedicó a vejarla públicamente."http://blogs.elpais.com/mujeres/2013/12/cuidar-de-8-hijos-es-favorecer-la-igualdad-en-el-ejercito.html

Campamentos de nadal para menores

http://xuventudevigo.org/index.php?option=com_content&view=article&id=985:campamento-nadal&catid=8:concelleria-de-xuventude&Itemid=380&utm_source=newsletter_33&utm_medium=email&utm_campaign=bix-do-5-12-2013

A hormonación masculina...un avance real cara a igualdade

"A cuestión é se os homes a utilizarían"

http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/12/03/actualidad/1386104410_950737.html

http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/12/03/actualidad/1386103307_156636.html

homes e mulleres, cerebros diferentes?

Entón, onde queda o entrenamento cognitivo? por qué afirman no estudo que as diferenzas son maiores canto máis idade temos? será porque nos educan e nos entrenan de diferente maneira? qué pasaría se un neno e unha nena tiveran a mesma instrucción dende que nacen? Non se poderá saber nunca, porque todos e todas estamos socializadas no machismo e o patriarcado...

"Los autores observaron pocas diferencias de conectividad cerebral entre los sexos de niños con menos de 13 años. En cambio, las diferencias eran más notorias entre adolescentes de 14 a 17 años y jóvenes adultos de más de 17 años."
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2013/12/03/hombres-mejor-percepcion-espacial-mujeres-memoria/00031386070740997897743.htm

O Ministerio rexeita becas por ser escritas en galego, pero acepta as escritas en inglés!

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2013/12/04/xesus-vazquez-ofrece-traducir-certificados-rechazaron-becas/0003_201312G4P6991.htm

No nadal non regales sexismo!

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2013/12/04/industria-juguetera-publicidad-piensan-azul-rosa/0003_201312G4P26992.htm

Un expolicía acusado de afogar a súa exmoza

http://www.farodevigo.es/sucesos/2013/12/04/testigos-ahogamiento-carnota-dicen-charca/925955.html

O fiscal ve inviable recurrir que o asasino da súa exparella na AP-9 esté na rúa 5 anos despois

http://www.farodevigo.es/sucesos/2013/12/04/fiscal-ve-inviable-recurrir-asesino/925958.html