http://www.eladelantado.com/noticia/nacional/205196/mas_de_8.000_maltratadores_hicieron_cursos_de_reeducacion_el_ano_pasado
Das 48.653 condenas a medidas alternativas ó ingreso en prisión que ditaron os xuíces por delitos de violencia de xénero o ano pasado, 8.298 obrigaban ós homes a cursar un programa de reeducación, conforme os datos oficiais.
A Rede púxose en contacto co Colexio de Psicólogas/os que levan a cabo o programa "Abramolo círculo" comunicáronnos que non hai datos oficiais nin sequera dos resultados que demostren que este tipo de programas funcionan....como avalialo entón???
A lei de loita contra a Violencia de Xénero cumple 10 anos este luns
http://www.diariodenavarra.es/noticias/mas_actualidad/nacional/2014/12/28/la_ley_lucha_contra_violencia_genero_cumple_diez_anos_este_lunes_189139_1031.html
Maís de 60 mulleres de media foron asasinadas dende que entrara en vigor en 2004 polas súas parellas ou exparellas.
Maís de 60 mulleres de media foron asasinadas dende que entrara en vigor en 2004 polas súas parellas ou exparellas.
Incitar a Violencia de Xénero será delito con pena de cárcere
http://www.elmundo.es/espana/2014/12/28/549efdf3268e3ed01a8b457b.html
O Goberno enmendará o artigo 510 do Código Penal para castigar a apoloxía machista.
A condena será de prisión de 1 a 4 anos ou máis si se incita o maltrato polas redes sociais
O Goberno enmendará o artigo 510 do Código Penal para castigar a apoloxía machista.
A condena será de prisión de 1 a 4 anos ou máis si se incita o maltrato polas redes sociais
O 83,1% dos xuízos por Violencia de Xénero acaban en condena
http://cordopolis.es/2014/12/26/el-831-de-los-juicios-por-violencia-de-genero-acaban-en-condena/
Solo en tres meses, na provincia de Córdoba denunciáronse un total de 336 delitos por lesións e malos tratos.
Solo en tres meses, na provincia de Córdoba denunciáronse un total de 336 delitos por lesións e malos tratos.
56 falecidas por Violencia de Xénero no X aniversario da Lei según datos oficiais
http://www.europapress.es/epsocial/politica-social/noticia-aniversario-ley-integral-violencia-genero-cierra-56-posibles-victimas-polemica-evaluacion-20141225123052.html
O 28 de decembro de 2014 cúmplese o décimo aniversario da Lei Orgánica de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero que supuxo un antes e un despois na prevención e persecución dos malos tratos de mulleres en España, e que se conmemora tras un balance negro que podría elevar este ano a 56 as asesinadas polos homes cos que tiñan unha relación e deixa aberta para 2015 a polémica en torno a cómo as autoridades evalúan o risco no que se atopan as vítimas.
O 28 de decembro de 2014 cúmplese o décimo aniversario da Lei Orgánica de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero que supuxo un antes e un despois na prevención e persecución dos malos tratos de mulleres en España, e que se conmemora tras un balance negro que podría elevar este ano a 56 as asesinadas polos homes cos que tiñan unha relación e deixa aberta para 2015 a polémica en torno a cómo as autoridades evalúan o risco no que se atopan as vítimas.
Manifesto contra a Violencia de Xénero
http://www.lasemana.tv/la-opinion/cartas-a-la-redaccion/manifiesto-contra-la-violencia-de-genero-24121431079
O gran avance operado durante a última década no que respecta a Violencia de Xénero é que o maltrato cara a muller deixou de ser considerado un problema privado que debe solucionarse no seno da familia. Hoxe en día, a Violencia de Xénero non é aceptada socialmente, a sociedade é consciente de que é un problema que afecta a toda ela e que non cabe tolerancia algunha. Agora hai que avanzar en que a ciudadanía tome conciencia de que é parte da solución a ese problema.
O gran avance operado durante a última década no que respecta a Violencia de Xénero é que o maltrato cara a muller deixou de ser considerado un problema privado que debe solucionarse no seno da familia. Hoxe en día, a Violencia de Xénero non é aceptada socialmente, a sociedade é consciente de que é un problema que afecta a toda ela e que non cabe tolerancia algunha. Agora hai que avanzar en que a ciudadanía tome conciencia de que é parte da solución a ese problema.
A Xunta volve a ampliar as axudas a mulleres que sofren violencia de xénero, a pesar de que hai mulleres que non a cobrarán tendo dereito a ela
http://igualdade.xunta.es/gl/actualidade/xunta-volve-ampliar-axudas-mulleres-que-sofren-violencia-de-xenero-para-que-ningunha
A pesar deste aumento de crédito hai mulleres que quedarán sen poder acceder a elas, coa conseguinte precarización da súa situación, sen poder acceder a un aluguer ou ter a suficiente independencia económica para poder sair desta situación.
O crédito incrementase en 64.000 euros, que sumados á anterior ampliación de outubro fan un total de máis de 1,1 millóns de euros neste 2014
A pesar deste aumento de crédito hai mulleres que quedarán sen poder acceder a elas, coa conseguinte precarización da súa situación, sen poder acceder a un aluguer ou ter a suficiente independencia económica para poder sair desta situación.
Expertas critican que a policía valore o risco que corren as maltratadas
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2014/12/22/galicia/1419270993_208319.html
Tralo asesinato de mulleres as que non se considerou en perigo, a decana do Colexio de Psicólogos explica cos axentes "non teñen conocementos psicolóxicos forenses"
Tralo asesinato de mulleres as que non se considerou en perigo, a decana do Colexio de Psicólogos explica cos axentes "non teñen conocementos psicolóxicos forenses"
O novo cuestionario de evaluación en casos de violencia de Xénero listo a comenzos de ano
http://www.antena3.com/noticias/sociedad/nuevo-cuestionario-evaluacion-casos-violencia-genero-listos-principios-ano_2014121600117.html
Preténdese que esa valoración se faga cada dous meses, polo tanto, que as mulleres estean perfectamente valoradas e faer un plan personalizado de atención, o que precisa cada muller cas súas circunstancias persoais.
Preténdese que esa valoración se faga cada dous meses, polo tanto, que as mulleres estean perfectamente valoradas e faer un plan personalizado de atención, o que precisa cada muller cas súas circunstancias persoais.
A Violencia de Xénero vai en aumento
http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2014/12/20/violencia-genero-aumento/1153321.html
Rexitráronse 7.400 casos, 300 máis co ano anterior. É a cifra másia alta dos últimos oito anos
Rexitráronse 7.400 casos, 300 máis co ano anterior. É a cifra másia alta dos últimos oito anos
Mensaxes contra a violencia de Xénero nos coches da Policía Nacional
http://www.abc.es/sociedad/20141219/abci-coches-patrulla-violencia-genero-201412191334.html
Estos carteis pretenden concienciar e previr contra este tipo de delitos e alentar a denunciar os feitos
Estos carteis pretenden concienciar e previr contra este tipo de delitos e alentar a denunciar os feitos
"Ata que toda a sociedade non diga NON a Violencia de Xénero non imos a parar"
http://www.diariovasco.com/sociedad/201412/19/hasta-toda-sociedad-diga-20141219101854-rc.html
Ángeles Carmona, presidenta do Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero, destaca que " a violencia está silenciada porque as persoas que están preto das vítimas non se implican; creen que é algo da muller"
Ángeles Carmona, presidenta do Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero, destaca que " a violencia está silenciada porque as persoas que están preto das vítimas non se implican; creen que é algo da muller"
As denuncias por violencia de xénero en Canarias suben un 5,1% no terceiro trimestre
http://noticias.lainformacion.com/policia-y-justicia/magistratura/las-denuncias-por-violencia-de-genero-en-canarias-suben-un-5-1-en-el-tercer-trimestre_ULXnaGGe5RUohohC7bGTT2/
O número de denuncias por violencia de xénero rexistradas en Canarios no terceiro trimestre alcanzou a cifra de 1.866, según a estadística difundida hoxe polo Observatorio contra a Violencia de Xénero.
O número de denuncias por violencia de xénero rexistradas en Canarios no terceiro trimestre alcanzou a cifra de 1.866, según a estadística difundida hoxe polo Observatorio contra a Violencia de Xénero.
Violencia contra as mulleres: a condea máis inxusta
http://elpais.com/elpais/2014/12/11/eps/1418314479_013550.html
Unha de cada tres mulleres, 1200 millóns, sufre violencia machista ou abusos sexuales.
O xulgado considerou "baixo" o risco da muller acoitelada pola súa exparella en Almazán
http://www.elmundo.es/espana/2014/12/12/548a3f25ca4741da6f8b456c.html
Trala denuncia do pasado 28 de novembro, o xulgado de Almazán dictou sentencia cunha orde de afastamento de 200 metros. Pese a esto os dous seguían realizando os seus traballos respectivos, ela de camareira e o home na empresa que suministra as bebidas a dito bar, polo que podían producirse encontros entre ambos no ámbito laboral.
Trala denuncia do pasado 28 de novembro, o xulgado de Almazán dictou sentencia cunha orde de afastamento de 200 metros. Pese a esto os dous seguían realizando os seus traballos respectivos, ela de camareira e o home na empresa que suministra as bebidas a dito bar, polo que podían producirse encontros entre ambos no ámbito laboral.
O persoal dos servizos sociais do Concello maniféstase ante o colapso do sistema
Aseguran que levan meses pedindo ao Concello que reforze o persoal, incapaz de atender os milleiros de solicitudes de persoas sen recursos. O alcalde e a concelleira Isaura Abelairas néganse a receber ao colectivo.
http://vigodixital.opennemas.com/articulo/social/persoal-servizos-sociais-do-concello-manifesta-continuo-colapso-do-sistema/20141215135443000728.html
http://vigodixital.opennemas.com/articulo/social/persoal-servizos-sociais-do-concello-manifesta-continuo-colapso-do-sistema/20141215135443000728.html
Bases reguladoras das subvencións do programa de axuda ao alugamento de vivendas do Plan estatal
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20141210/AnuncioCA02-031214-0004_gl.html
Bases reguladoras das subvencións do programa de axuda ao
alugamento de vivendas do Plan estatal
Agardando dende o 2011 para ver como aproban un plan de
vivenda que vai ser inaccesible.....
máximo de ingresos para unha familia dunha membra/o 532.51€
para unha muller cunha filla/o menor a cargo 690.....se
cobra 700euros das axudas periódicas por vítimas de violencia terá dereito a
axuda de aluguer????
Termalismo Social IMSERSO
Normativa:
Orde do 15 de marzo de 1989 polo que se establece e regula o
Servizo de Termalismo Social.
Orde de 26 de decembro de 1990 pola que se modifica a do 15
de marzo de 1989, que estableceu e regulou o servizo de Termalismo Social do
Instituto Nacional de Servizos Sociais.
Resolución de 9 de decembro de 2014, do Instituto de Maiores
e Servizos Sociais, pola que se convoca a concesión de prazas para pensionistas
que desexen participar no Programa de Termalismo Saudable (BOE nº 301 do
13/12/2014)
Requisitos das/dos solicitantes:
Ser pensionista do sistema da Seguridade Social polos
conceptos de xubilación ou invalidez e, en todo caso, polo concepto de viuvez
ou doutras pensións cando o beneficiario cumprira os 60 anos de idade. Tamén
poderán ser beneficiarios/as das prazas os españois residentes no exterior,
sempre que perciban unha pensión pública, teñan máis de 60 anos e cumpran co
resto dos requisitos.
Non padecer alteracións de comportamento que impidan a
convivencia nos establecementos, nin enfermidade infecto-contaxiosa.
Poder valerse por si mesmo para as actividades da vida
diaria.
Precisar os tratamentos termais solicitados e carecer de
contraindicación médica para a recepción dos mesmos.
Acadar de conformidade coa valoración establecida a
puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas.
Ponderaranse as seguintes variables:
Grao de necesidade de recibir os tratamentos termais.
Situación económica dos solicitantes.
Idade dos solicitantes.
Que non disfrutara da praza en anos anteriores.
Se o/a solicitante e membro dunha familia numerosa.
Outras circunstancias excepcionais non contempladas nas
variables anteriores.
Tamén poderán ser beneficiarias das prazas as persoas
españolas residentes no exterior, sempre que perciban unha pensión pública ,
teñan máis de sesenta anos de idade e cumpran os requisitos 2, 3, 4 e 5.
Tamén poderán ser persoas beneficiarias das prazas os
cónxuxes de quenes reúnan os requisitos anteriores sempre que cumpran pola súa
vez cos requisitos 2, 3 e 4.
Beneficios:
As quendas terán unha duración de doce ou dez días cada unha
(once e nove pernoctacións, respectivamente) comprendendo os seguintes
servizos:
Aloxamento e manutención en réxime de pensión completa e en
habitacións dobres de uso compartido.
Tratamentos termais que comprenderán: recoñecemento médico
ao ingresar no balneario; o tratamento termal que, en cada caso, prescriba o
médico do balneario; o seguimento médico do tratamento con informe final.
Póliza colectiva de seguro.
Transporte por conta do balneario, nos casos que se expresan
no anexo I, dende a localidade máis achegada ao balneario hasta a estación
termal ao comezar a quenda e o regreso, ao rematar mesmo.
En todo caso, os beneficiarios das quendas realizarán os
desprazamentos aos establecementos termais, así como o de regreso aos seus
domicilios, directamente polos seus propios medios.
Documentación:
Se a temporada pasada a persoa solicitou praza e reunía os
requisitos para participar no programa, o IMSERSO remitiralle por correo un
modelo simplificado para a renovación da súa solicitude.
Se accede por primeira vez ao Programa ou volve a solicitalo
logo de non telo feito no ano 2014, deberá formalizar nova solicitude e informe
médico:
Solicitude. A Declaración sobre o estado de saúde efectúaa o
propio solicitante e, no seu caso o seu cónxuxe. Non precisa ir ao médico para
que a cumprimente.
Lugar de presentación:
Cumplimentación telemática da solicitude. Consulta de
trámites
Servizos Sociais Comunitarios,
Centros dependentes da Consellería de Traballo e Benestar
(centros sociocomunitarios, clubes da terceira idade, etc.)
Xefaturas Territoriais da Consellería de Traballo e Benestar
Prazo de presentación:
Para as quendas dos meses de febreiro ata agosto (ambos
inclusive):
Con prioridade na adxudicación de praza: ata o día 16 de
xaneiro de 2015.
Para a súa inclusión na orde que corresponda, na lista de
agarda de prazas: ata o día 18 de maio de 2015.
Para as quendas dos meses de setembro a decembro (ambos
inclusive):
Con prioridade na adxudicación de praza: ata o día 18 de
maio de 2015.
Para a súa inclusión na orde que corresponda, na lista de
espera de prazas: ata o día 30 de outubro de 2015.
Máis información:
Balnearios participantes 2015
Folleto informativo
Web IMSERSO
Teléfonos: 901 109 899 / 900 406 080
25 de novembro
Día Internacional contra a violencia machista
Un ano máis, outro 25 de Novembro, Día Internacional contra
a Violencia Machista, a Marcha Mundial das Mulleres estamos na rúa para
denunciar e visibilizar a violencia que se segue a exercer sobre nosoutras polo
único feito de sermos mulleres
Segundo unha enquisa feita no ámbito da Unión Europea
Calcúlase que 13 millóns de mulleres na UE experimentaron
violencia física. Esa cifra equivale a un 7% de mulleres con idades entre 18 a
74 anos.
Calcúlase que 3,7 millóns de mulleres na UE experimentaron
violencia sexual. Esta cifra equivale a un 2% de mulleres con idades de entre
18 e 74 anos. Na UE un 18% das mulleres foron obxecto de acoso a partir dos 15
anos. Estas porcentaxes representan que 9 millóns de mulleres na UE sufriron e
sufrirán violencia machista.
A metade de todas as mulleres da UE (53%) procuran evitar
certos lugares ou situacións, por temor a ser vítimas de agresións físicas ou
sexuais. Pola contra, enquisas recentes sobre vitimización e medo aos delitos
indican que o número de homes que limitan os seus movementos é infinitamente
máis reducido.
As mortes por violencia machista, por moi inexplicables que
parezan, non son actos illados, fortuítos, senón que obedecen a unha cultura
patriarcal no que as mulleres non teñen dereito a decidir sobre a súa vida. Son
a reacción violenta de quen se cree posuidor dun ben, dunha propiedade, ou
dunha escrava.
A solución non é doada e necesita do compromiso de todas e
de todos, porque precisa de cambios profundos dado que o machismo está inzado
na nosa sociedade e non estamos facendo o preciso para desbotalo. IMPLÍCATE,
RACHA COA INDIFERENZA!!!
Se os homes maltratadores enfrontáranse cun contundente
rexeitamento social, especialmente por parte do resto dos homes, a violencia
machista reduciríase moi considerablemente. A violencia existente no seo da
sociedade, non é máis que a suma das violencias individuais de cada un dos seus
membros; a que xera cada unha das persoas que a compoñen e a que é capaz de
tolerar e asimilar. Cada xesto, actitude ou comentario pexorativo e
discriminatorio contra as mulleres, aumenta a permisividade e abre o camiño
cara á violencia contra as mulleres.
Se queremos avanzar como sociedade, non podemos permitir
retrocesos en materia de prevención, denuncia e tratamento da violencia contra
as mulleres. Por iso, instamos igualmente aos Poderes Públicos, medios de
comunicación, sistema educativo e a toda a cidadanía a continuar coa loita e
denuncia desta forma a violencia que ataca a metade da humanidade, as mulleres.
Machismo, Sociedade Patriarcal e Cultura da Violación...
onde? Aquí, ao noso carón día a día. Esaxeramos?. Non, non esaxeramos!!! A
violación silénciase, cálase. E hai veces, que os silencios, matan.
Pedimos a implicación de todos os sectores sociais, pedimos
a implicación de todas as mulleres e homes. IMPLÍCATE, RACHA COA INDIFERENZA!!!
É por todo isto que a Marcha Mundial das Mulleres vos insta
IMPLICATE CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA.
Sigue saíndo moi barato os intentos de asasinato ás mulleres
A Audiencia de Pontevedra absólveo de intento de homicidio e lle condea por lesións porque "Valora que avisou ó 061 para salvarlle a vida"
é dicir.....que se intentas matar a túa parella e despois chamas o 061 queres salvarlle a vida??? ou será unha boa coartada para próximos asasinos? As sentenzas cada vez son máis denigrantes para as mulleres. Denunciar, pasar por un xuízo no que contas sucesos da túa vida privada, pasar vergonza, medo, humillación....e logo ver estas sentenzas....Pararvos a pensar cómo se poden sentir as mulles....
Todo o noso apoio para ela.....
Un titular violento contra as mulleres
O titular é o seguinte:
"Una viguesa pide al juez que ´por favor dejen libre´ a
su marido, acusado de querer asfixiarla"
Que é o importante desta noticia? que hai un home acusado de
intento de asasinato? ou a resposta da muller que viviu esta agresión?
A prensa debe estar formada en violencia de xénero para
realizar un periodismo crítico, onde as vítimas non sexan as xulgadas, como
está a acontecer, e onde se comprenda o
proceso polo que atravesan as mulleres
en procesos de ruptura coa violencia. Criminalizar a mulleres con este tipo de
titulares só fai máis tediosa a loita contra a violencia e provoca unha visión
negativa da sociedade cara as mulleres.
A xuizo un home de 83 anos por tratar de asesinar a súa muller
A violencia de xénero non ten idade...
A Audiencia de León xulga hoxe a A.Z.R., de 83 anos, acusado de intento de asasinato por apuñalar cun coitelo de cociña á súa esposa, de 80 anos, mentres durmía. Ocorreu o 1 de xullo de 2013. A Fiscalía solicita que sexa condenado a 5 anos de prisión.
A Audiencia de León xulga hoxe a A.Z.R., de 83 anos, acusado de intento de asasinato por apuñalar cun coitelo de cociña á súa esposa, de 80 anos, mentres durmía. Ocorreu o 1 de xullo de 2013. A Fiscalía solicita que sexa condenado a 5 anos de prisión.
Programa diúrno de carácter lúdico de balnearios "Coidarte 2014"
Normativa:
Bases para participar no programa diúrno de carácter lúdico de balnearios
"Coidarte 2014". (BOP nº 104 do 2/05/2014)
Anuncio da Deputación de Pontevedra en relación á apertura dun novo prazo
para participar no programa coidarte do ano 2014. (BOPO nº 209
do 29/10/2014)
O novo
prazo de presentación de solicitudes: Desde
o 30 de outubro ata o 30 de novembro de 2014.
Obxecto:
Fomentar o envellecemento activo e
mellorar a calidade de vida das persoas, establecendo novas relacións sociais e
favorecendo a participación en actividades que favorezan o seu estado anímico,
potenciando movementos de participación e cooperación social, promovendo
espazos de encontro e intercambio de experiencias e a súa independencia,
evitando o illamento e as situacións de soidade.
Ó programa poderán adherirse os concellos da provincia de Pontevedra co número de prazas que estimen oportunas.
Ó programa poderán adherirse os concellos da provincia de Pontevedra co número de prazas que estimen oportunas.
Características do programa:
O Programa consiste en pasar cinco
tardes seguidas (de luns a venres) nos Balnearios, Talasos e Spas da provincia
de Pontevedra. Este levarase a cabo nunha soa campaña e as saídas realizaranse
ao longo de todo o ano, agás no mes de agosto.
Cada semana de ámbolas dúas campañas
sairá un autobús con cartel identificativo que recollerá ás persoas
beneficiarias e os trasladará aos balnearios elixidos, onde permanecerán por
unha media de dúas horas.
O/A guía repartirá repartirá o primeiro
día un bono de viaxe coa data e hora de recollida, e indicará a cota a pagar
por cada participante.
Persoas beneficiarias requisitos:
a.
Persoas nacidas antes de 1964
(acreditación con DNI).
b.
Persoas xubiladas e pensionistas que
acheguen unha fotocopia do certificado da pensión.
c.
Persoas que, sen cumprir os perfís
anteriores, precisen dun respiro familiar, o que deberán acreditar mediante un
informe da traballadora ou traballador social do concello.
É requisito indispensable non padecer enfermidade
ningunha ou patoloxía incompatible coa actividade do programa, así como ser
totalmente autónomo.
Financiamento:
O programa é cofinanciado pola Deputación Provincial,
os concellos adheridos e as persoas usuarias.
·
A Deputación achegará por cada praza 35
€.
·
O concello adherido achegará 10 €
·
A persoa usuarioa aboará a cantidade
resultante de descontar a subvención da Deputación e do seu concello (de estar
este adherido) do prezo do balneario escollido. Estes prezos serán publicados
na web da Deputación.
Documentación:
Para a adhesión ao programa dos
concellos:
Todos os concellos da provincia de
Pontevedra poderán sumarse ó programa mediante un acordo de adhesión adoptado
polo órgano competente, remitindo unha certificación expedida polo secretario
do dentro dos 20 días naturais seguintes á publicación das bases no BOPPO (ata
o 23 de xuño por ser o 22 inhábil).
·
Certificación do acordo de adhesión ao
Programa facendo constar o nº de prazas a subvencionar polo concello e a
existencia de crédito suficiente nas respectivas aplicacións dos orzamentos
municipais para facer fronte ás obrigas do contrato, así como as semanas de
preferencia para o desenvolvemento da actividade (débense sinalar catro semanas
por orde de preferencia).
Das persoas participantes:
·
Solicitude
·
Fotocopia de DNI.
Novo prazo de inscrición: Ata o 30 de novembro de 2014.
Dos concellos adheridos
·
Unha relación nominal (en formato Excel
ou Access) dos solicitantes, con todos os campos da folla de solicitude,
seguindo o rexistro de entrada. Este documento remitirase ó Servizo de Servizos
Sociais da Deputación de Pontevedra por correo electrónico (servizos.sociais@depo.es).
·
Os orixinais das solicitudes presentadas
no concello coa documentación requirida.
Lugar de presentación:
- Sede de Pontevedra: avda. Montero
Ríos, s/n (de luns a sábado)
- Sede de Vigo: rúa Oporto, 3 (de luns a venres)
- Sede de Vigo: rúa Oporto, 3 (de luns a venres)
Participa na campaña da Marcha Mundial das Mulleres de Galiza contra a violencia machista:
. Grava un video contra a violencia, retando a 2 amig@s
. Súbeo ás túas redes sociais (coa
etiqueta #ForaMachismo25N)
. Mándanos o video para subilo ao canal
de Youtube da marcha (nacional@feminismo.info)
. Podes ver os videos no seguinte
enlace: http://www.youtube.com/user/mmmgaliza
#FóraMachismo25N
Que propoñemos?
Queremos que a nosa
mensaxe do 25 de novembro, Día internacional contra a violencia machista, se
escoite nas rúas e nas redes e para iso lanzamos unha campaña que queremos
axudedes a espallar.
A idea é gravar un
video/tirar unha foto decindo ou ensinando unha frase contra a violencia
machista e colocar ese material nas redes sociais 'nominando' a
coñecidas/amigas/colegas para que se sumen á campaña e fagan o mesmo, colocar a
foto ou video nas redes sociais e espallar a máis e máis xente.
O noso obxetivo é que
moitas e moitos demos a cara contra a violencia machista e achegar a nosa
mensaxe a todo tipo de persoas, a aquelas que se sumarán ás mobilizacións do 25
N nas diferentes cidades e a aquelas que non o farán pero que estan dispostas a
difundir e espallar a nosa mensaxe a través das redes sociais.
Como participar?
·
Sube unha foto nas túas redes sociais (Twitter, Facebook ou Instagram) na que
apareza a frase que queiras e a etiqueta #FóraMachismo25N e nomina a outras
persoas para que tamén o fagan e estendan a campaña.
·
Sube un video ás túas redes sociais (Twitter, Facebook ou Instagram) na que digas a
frase que queiras e a etiqueta #FóraMachismo25N e nomina a outras persoas para
que tamén o fagan e estendan a campaña.
·
Envíanos ás túas fotos e/ou videos se queres que ademáis de nas túas redes
sociais formen parte da nosa campaña nas redes: nacional@feminismo.info
Como podo ver/seguir a campaña?
·
Os videos que realicemos dende a Marcha aparecerán aquí:http://www.youtube.com/user/mmmgaliza
·
As fotos e videos de quen siga a campaña poderás atopalas buscando coa
etiqueta #FóraMachismo25N nas redes sociais
Oito etapas na discriminación laboral das mulleres
1. Desemprego e inactividade laboral
2. Contratación precaria e a tempo parcial
3. Desigualdade salarial
4. Dificultades na conciliación
5. Máis paro feminino
6. Elas tardan máis en conseguir outro emprego
7. Desigualdade na prestación por desemprego
8. Elas son máis pobres
http://www.publico.es/actualidad/506338/ocho-etapas-de-la-discriminacion-laboral-de-las-mujeres
Sae moi barato asasinar a mulleres: 5 anos por asasinar a tiros a súa moza
Pistorius, condenado a 5 anos por asasinar a súa moza. Nun país, Sudáfrica, onde unha muller morre asasinada cada oito horas, a pena de 5 anos é “preocupante” para a Liga de Mulleres do Congreso Nacional Africano. É preocupante para calquera sociedade preocupada polo feminicidio das mulleres...
http://internacional.elpais.com/internacional/2014/10/21/actualidad/1413874404_815241.html
Titular da Xunta:Os Orzamentos da Xunta para o 2015 incrementan un 17 por cento a partida para apoiar as mulleres que sofren violencia de xénero
Seguimos á espera de que aumenten o crédito deste ano, xa que
as solicitudes foron máis que as peticións. o problema? que non chega o crédito
para todas as mulleres que teñen dereito á prestación...mulleres que no 2015 o
mellor non cumplen os requisitos, polo que non poderán acceder a estas axudas
aínda sendo vítima de violencia......
"PAUTAS PARA EXERCITAR E MELLORAR A AUTOESTIMA"
A Concellería de
Igualdade abre o prazo de inscrición para o obradoiro " PAUTAS PARA
EXERCITAR E MELLORAR A AUTOESTIMA" de carácter gratuíto que se impartirá
na Casa as Mulleres. As prazas son limitadas e cubriranse por orde de
inscrición.
Inscrición previa desde o día 17 de outubro ata cubrir
prazas, na Concellería de Igualdade, 1ª planta da Casa do Concello de 9:00 a
13:30 h, ou ben a través do tfno. 986 810 284, en horario de 8:00 a 14:00
horas.
Lugar de realización dos obradoiros: Casa das Mulleres, rúa
Romil, número 20.
Máis información: www.igualdadevigo.org
Dirixido a mulleres maiores de 18 anos.
Obxectivo: favorecer distintas pautas, hábitos e
desenvolvemento de habilidades que favorezan a mellora da autoestima das
mulleres.
Datas: os mércores desde o 5 de novembro ata o 17 de
decembro.
O desenvolvemento do programa constará de 21 horas,
distribuídas en 7 sesiones de 3 horas de duración cada unha.
Horario: 10:00 a 13:00 h.
O Xulgado de Violencia de Vigo paralizado polo embarazo duhna xuíza!!
Esta
situación provoca unha gran indefensión nas vítimas de violencia de xénero, xa
que estes casos son os que se atenden a última hora da mañá pola xuíza de
garda, atendendo só os casos que pasan o filtro de “máis importantes”, o resto
teñen que esperar a que a xuíza regrese.
Que o
xulgado non teña un xuíz substituto por falta de orzamento revela a nimiedade
con que a Xunta se toma a violencia de xénero. Este ano as mulleres asasinadas
ascenden a 60, a inconscienca da sociedade e a falta de compromiso dos poderes
públicos provocan a frialdade no tratamento dos casos, estará a sociedade e os
poderes públicos acostumados ós asasinatos de mulleres?
A Rede
realiza acompañamentos ós xuízos de violencia. Un día normal, as mulleres son
citadas ás 9.30 para a vista oral, e poden estar esperando ata as 15.00 da
tarde a que lles tomen declaración. Os tempos nos Xulgados son eternos, o que
potencia a ansiedade e inseguridade das propias mulleres que teñen que esperar
horas para poder relatar os actos denunciados. E agora temos que sumar a
incapacidade da Xunta para poder substituir a xuíza do Xulgado que non é outro
que o de violencia, o que provocará máis esperas...non é violencia mesma cara
as mulleres alargar os procesos? Non é violencia cara ás mulleres non dar
prioridade a estes casos nos que a vida das mulleres está en xogo? Non é
violencia cara ás mulleres alongar os tempos de espera?.
Se o
suxeito pasivo dos delitos, fosen outros grupos a sociedade tería outro punto
de vista pois existe unha falta de unidade no que respecta á discriminación
contra as mulleres, lembremos que a violencia de xénero só foi delito a partir
do 2003. A única solución é provocar un cambio de mentalidade e de
concienciación social, empezando polos estamentos públicos.
Partes
do artigo:
"las
víctimas y testigos tienen que esperar varias horas hasta que la jueza de
guardia termina sus tareas y asume el mando del tribunal a última hora de la
mañana. Es entonces cuando interroga a los detenidos, celebra los juicios
penales o dicta órdenes de protección porque es lo más urgentes."
«Queda
muy bonito decir que estos tribunales defienden a las víctimas de malos tratos
pero la realidad es distinta»
"La
secretaria del juzgado teme que la situación se prolongue hasta «finales de
año» porque «ya no hay presupuesto»."
Dende
a Rede advertimos que a situación nos Xulgados empeora ano tras ano...
A qué esperas (para ser feminista)?
Recomendamos este artigo de Faktoria Lila, na que mostra que: se es unha muller, un día, vas a acabar descubrindo que vives nun mundo de homes. Que o mercado laboral, a sanidade, os bares, os estadios, os xinasios, os libros, os discos, os bancos, os teatros, as aulas, os despachos, as noites, os descansos, as comisarías, os medicamentos, os disfraces, os coches, e os síntomas do infarto, todo, está feito para eles. Porque eles teñen os privilexios....
http://www.faktorialila.com/index.php/es/portada/82-faktoria-lila-web/blog/171-a-que-esperas
Un xoven de 17 anos agrede a súa moza de 15 en Valencia
Cremos que esta nova merece unha reflexión sobre o sexismo na xente nova e a incidencia da violencia de xénero entre os mozos. Aínda que teñamos leis (case) igualitarias, mentres os estereotipos de home e muller continúen sendo tan sexistas, temos difícil acabar coa violencia. Queremos lembrar que son moitas as mulleres que son agredidas cando queren rematar unha relación sentimental, o que nos mostra que a posesividade continúa imperando para moitos homes na súa idea do que é unha relación de parella.
http://www.farodevigo.es/sucesos/2014/10/13/joven-17-anos-agrede-novia/1111215.html
http://www.farodevigo.es/sucesos/2014/10/13/joven-17-anos-agrede-novia/1111215.html
“VIVENCIAR A MENOPAUSIA DUN XEITO POSITIVO”
Informamos,
por si é do voso interese que o vindeiro mércores dia 15 comenzará na A.V.V.
VAL DO FRAGOSO (fronte o Estadio de Balaidos), un curso GRATUITO, titulado
“VIVENCIAR A MENOPAUSIA DUN XEITO POSITIVO”, o curso consideramos é moi
interesante para tódalas mulleres que queiran aprender a vivir dun xeito
positivo esta nova etapa na vida da muller.
Datos do
curso:
TÍTULO:
“VIVENCIAR A MENOPAUSIA DUN XEITO POSITIVO”
LUGAR DE
IMPARTICIÓN: A.V. VAL DO FRAGOSO
DATA DE
COMENZO: MÉRCORES 15 DE OUTUBRO
HORARIO: De 17:00
a 19:00 hs
INSCRICIÓNS: Na
propia asociación ou nos teléfonos 986 24 20 29/ 645 839 846
PREZO: GRATUITO
Xuntos polo nadal
A
Consellería de Traballo e Benestar, a través da Secretaria Xeral de Política
Social organiza este programa de promoción do envellecemento activo e
convivencia, destinado ás persoas maiores que se atopan soas nestas datas, xa
sexa pola carencia de familiares ou amigos, a perda do seu cónxuxe ou por
outras circunstancias.
Prazas e destinos
Ofértanse
un total de 240 prazas distribuídas do seguinte xeito:
-
120 na Residencia de Tempo Libre do Carballiño, para as
persoas solicitantes das provincias de Lugo e Pontevedra.
-
120 na Residencia de Tempo Libre de Panxón, en Nigrán para as
persoassolicitantes das provincias de Ourense e A Coruña.
Datas e servizos
Este
programa vaise desenvolver entre o 23 de decembro de 2014 e o 2 de
xaneiro de 2015, e comprende os seguintes servizos:
- Estancia
na residencia durante 11 días (10 noites).
- Aloxamento,
en habitacións compartidas, e manutención en réxime de pensión completa.
- Desprazamento
en autobús desde os lugares que se establezan nas localidades de Santiago,
A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Vigo, Lugo e Ourense ata as residencias de
tempo libre e viceversa.
- Actividades
de animación sociocultural.
A
recollida das persoas participantes efectuarase o dia 23 de decembro pola
mañá e o regreso o dia 2 de xaneirodespois do xantar.
Persoas beneficiarias:
Para
beneficiarse deste programa haberá que reunir os seguintes requisitos:
- Ser
maior de 60 anos (telos cumpridos no momento en que remate o prazo de
presentación de solicitudes).
- Estar
empadroado nalgún dos concellos galegos.
- Ter que
pasar só/a as datas do Nadal.
- Valerse
por si mesmo enon padecer enfermidade infecto - contaxiosa
activa nin trastornos mentais ou condutuais non compensados que
poidan alterar a convivencia
- Non
estar acollido/a en ningún centro residencial.
Para
a selección dos participantes daráselle preferencia ás persoas
que:
- realmente
vivan soas e non teñan con quen pasar estas datas.
- teñan
máis idade.
- teñan
un menor nivel de ingresos económicos.
- non
participaran en pasadas edicións do Programa Xuntos polo Nadal nin este
ano no de Benestar en balnearios ou nos de Termalismo e/ou Vacacións do
IMSERSO.
Solicitudes:
As
solicitudes, acompañadas do informe social e a declaración responsable,
formularanse nos modelos deseñados ao efecto e estarán debidamente cubertas e
asinadas pola persoa que corresponda en cada caso.
Poderanse presentar ata o 15 de novembro, incluído, nos servizos sociais comunitarios dos concellos, nos departamentos de traballo social dos centros de saúde ou hospitais, nas xefaturas territoriais ou centros sociocomunitarios de benestar, dependentes da Consellería de Traballo e Benestar; ou ben por calquera dos medios previstos no artigo 38.4. da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC).
Custo da praza:
As
persoas participantes que teñan uns ingresos inferiores ao IPREM
(532,51 euros/mes), asistirán de forma gratuíta ao programa, mentres que
aquelas cuns ingresos superiores a dito importe contribuirán ao pagamento da
estadía coa achega de 50 €.
Unha
vez efectuado o ingreso de dito importe, só se lles efectuará a súa devolución
se non se incorporan ao programa e o comunican por escrito polo menos con 10 días
de antelación ao seu comezo ou o día anterior ou o mesmo día en caso de forza
maior: enfermidade ou falecemento dun familiar; situacións que terá que
acreditar coa solicitude da devolución. Non se lles devolverá ningún importe se
abandonan a estadía ou non se encontran nos supostos anteriores.
Os gastos
de desprazamento desde o domicilio dos seleccionados ata o lugar que
se sinale de saída nas localidades de Ferrol, A Coruña, Santiago, Lugo,
Ourense, Pontevedra ou Vigo e viceversa serán por conta da persoa
participante.
Documentación:
As persoas ás que se lle adxudique praza terán que confirmar a súa
asistencia e, no momento de incorporarse ao programa ir provistas de:
- DNI ou
pasaporte en vigor.
- Informe
médico actualizado no caso de ter algunha limitación,
alerxia ou enfermidade que requira dalgunha atención especial (control
sanitario tratamento farmacolóxico, alimentación, accesorio de apoio etc).
De non levar a acreditación da necesidade, non se lle prestará ningún tipo
de atención especial.
- Tarxeta
sanitaria, medicación habitual necesaria e/ou accesorios para
o transcurso da estadía.
- Roupa
adecuada e cómoda.
Para mais información pódense dirixir a:
- Teléfono
Social 900 333 666 (de forma gratuíta).
- Páxina
web da Consellería de Traballo e Benestar: http://benestar.xunta.es
- Os
servizos sociais comunitarios dos concellos e/ou
departamentos de traballo social dos centros de saúde ou
hospitais.
- As xefaturas
territoriais ou centros sociocomunitarios de benestar,
dependentes da Consellería de Traballo e Benestar.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)