Xuntanza sábado 01 febreiro Madrid

Os horarios e o prezo do autobús  para a xuntanza do sábado día 1 de febreiro é a seguinte:
 O autobús sae dende a Praza de España de Vigo o venres 31 de xaneiro ás 24h e o horario de volta será o mesmo sábado con saída de Madrid ás 20h.
O prezo do mesmo é de 20€, que se aboarán cando se reserve a praza. O remate da reserva de prazas será o mércores día 29 ás 21h.
O pago relizaráse  na oficina  da Rede, en horario de 9:30 a 13:30 e de 17:30 a 21h.

Para algunha dúbida ou consulta: redemediadorasvigo@hotmail.com ouredemediadoras@gmail.com ou nos teléfonos 986 222 328 ,670 453 431
e 606 929 137.

Detido o presunto autor da morte das dúas mulleres en Cervo

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/2014/01/14/hallan-muertas-signos-violencia-dos-mujeres-cervo/00031389704417234660565.htm

INCRIBLES AS SÚAS DECLARACIÓNS PERO TAMÉN INCRIBLE O TRATAMENTO QUE ESTÁ A TER ESTE CASO NOS MEDIOS, tratando soamente a excompañeira do asasino como vitima de violencia, e invisibilizando a verdadeira realidade. información ou desinformación e adoutrinamento?

Encontran a dúas mulleres mortas con signos de violencia nunha casa de Cervo

http://www.farodevigo.es/sucesos/2014/01/14/hallan-mujeres-muertas-domicilio-cervo/947595.html

Creación do Centro de Recuperación Integral para Mulleres que Sofren Violencia de Xénero

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140110/AnuncioG0244-090114-0001_gl.pdf

Dende a Rede agardamos que o seu funcionamento e posta en marcha sirva para unha verdadeira recuperación integral das mulleres e das súas familias vítimas da violencia machista.

Seguiremos de cerca a súa posta en funcionamento, polo de agora só sabemos o que sae publicado no DOG. Como Asociación especializada na atención ás mulleres cremos profundamente que a colaboración co terceiro sector, é dicir, con asociacións como a nosa, tivera enriquecido o proxecto e tería unha visión máis completa sobre a situación real.


Unha muller ferida de bala en Madrid pola súa exparella

http://www.larazon.es/detalle_normal/noticias/5057642/local+madrid/una-mujer-herida-de-bala-en-madrid-por-su-expareja

Un home intenta matar a súa muller e logo quítase a vida en Tomiño

http://www.farodevigo.es/comarcas/2014/01/08/hombre-matar-mujer-arrojandola-balcon/943785.html

Impresionante artigo sobre o periplo que teremos que percorrer as mulleres para abortar

O máis impresionante é ver como se vai alongando o proceso, e a  incoherencia e doble moral; mentres que din preservar a saúde das mulleres, o proceso para abortar de forma legal exténdese nos días obviando a angustia que supón para nós todo este proceso. E outro dos asuntos que máis chaman a atención é a xudicialización nos casos de menores que deciden abortar, ou as deixan abortar: "En un procedimiento de carácter urgente, a puerta cerrada y con presencia del fiscal, el juez resolverá a quién da la razón tras escuchar a la mujer y a “los demás interesados”."
Tamén obrigan ós servizos sociais a "asesorar asistencialmente", é dicir, comunicar as alternativas ó aborto:
AXUDAS ECONÓMICAS, GARDA ADMINISTRATIVA, ACOLLEMENTO OU ADOPCIÓN.

http://feministas.org/spip.php?article813

A violencia machista deixa 48 mulleres mortas en 2013 nas estadisticas oficiais

http://www.farodevigo.es/espana/2013/12/31/violencia-machista-deja-48-mujeres/940729.html

Axudas para o aluguer de vivenda


Nas últimas semanas publicouse un documento sobre o programa Aluga. Parecía que as convocaban de novo, pero preguntando na Instituo Galego de vivenda e solo, respóndenme que soamente se publicaran as axudas do Programa Aluga para a xente que xa era beneficiaria, e que "Me esquecera do Programa Aluga para sempre". Entón pregunteille pola nova lei de vivenda Estatal, e me conta que de aquí a que se poña en marcha ten que ser adxudicada ás Comunidades Autónomas e éstas poñelo en marcha...uns aniños máis...pero que non se sabe... polo qua aquí deixamos a nosa reflexión...

Ano 2011, ano no que se paraliza o Programa Aluga.


O traballo con mulleres vítimas de violencia de xénero céntrase na súa recuperación psicolóxica, física pero tamén laboral e social. Moitas das mulleres que atendemos levan fora do mercado labooral moitos anos, polo que dependían económicamente da súa parella. No momento no que poñen fin a situación de violencia, a situación da muller, e no caso de que teñan fill@s a propia situación económica d@s fill@s é inexsitente, o problema encrudécese cando as nais coa custodia dos menores decide abandonar a casa familiar, son moitas as preguntas: 
- "por qué teño que quedarme nunha casa que el vixiará 24h?" 

Deciden marchar, pero sen traballo, ninguén lles aluga unha casa, non teñen aforros nin ningún que as avale... 

- e se non tes casa? 
se non tes casa tampouco podes facerte cargo dos menores. 

- E ir a un centro de emerxencia para vítimas de violencia? 
Ah,  pero hai que interpoñer unha denuncia...

- e se non quero denunciar?
para eso existía o programa Aluga, grazas a este programa as mulleres vítimas de violencia podían acceder a unha vivenda cun aluguer asequible. En 3 meses tiñan un aluguer concedido, podían centrarse no máis importante, a súa recuperación psicolóxica; tiñan tempo para poder dedicarse exclusivamente a elas mesmas e ás súas crianzas, se as tiveran,  posteriormente poderían centrarse na busca de empregoe conseguir ser cada día máis autónomas

A situción actual é que as axudas para aluguer NON EXISTEN, soamente as cobran as persoas que xa eran beneficiarias antes do 2011, momento no que se paralizou. As axudas económicas que reciben non chegan para todas as mulleres que son beneficiarias delas. 

Entón...? 
Pois como resultado a esta política de recortes Á NOSA DIGNIDADE as denuncias descenden, as mulleres prefiren aguantar, seguir vivindo no silencio, e é por este mesmo silencio polo que o Governo non ten como prioridade a violencia contra as mulleres, porque os berros de auxilio quedan nas catro paredes dun domicilio...

Unha rapaza india queimase ó bonzo ó ser violada en grupo

http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/12/31/actualidad/1388512707_096028.html

Unha hosteleira china denuncia mediante xestos que sufre malos tratos

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2014/01/01/hostelera-china-denuncia-mediante-gestos-sufre-malos-tratos/0003_2014011388568738201803.htm