Programa diúrno de carácter lúdico de balnearios "Coidarte 2014"

Normativa:
novo prazo de presentación de solicitudes: Desde o 30 de outubro  ata o 30 de novembro de 2014.
Obxecto:
Fomentar o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas, establecendo novas relacións sociais e favorecendo a participación en actividades que favorezan o seu estado anímico, potenciando movementos de participación e cooperación social, promovendo espazos de encontro e intercambio de experiencias e a súa independencia, evitando o illamento e as situacións de soidade.
Ó programa poderán adherirse os concellos da provincia de Pontevedra co número de prazas que estimen oportunas.
Características do programa:
O Programa consiste en pasar cinco tardes seguidas (de luns a venres) nos Balnearios, Talasos e Spas da provincia de Pontevedra. Este levarase a cabo nunha soa campaña e as saídas realizaranse ao longo de todo o ano, agás no mes de agosto.
Cada semana de ámbolas dúas campañas sairá un autobús con cartel identificativo que recollerá ás persoas beneficiarias e os trasladará aos balnearios elixidos, onde permanecerán por unha media de dúas horas.
O/A guía repartirá repartirá o primeiro día un bono de viaxe coa data e hora de recollida, e indicará a cota a pagar por cada participante.
Persoas beneficiarias requisitos:
a.                  Persoas nacidas antes de 1964 (acreditación con DNI).
b.                  Persoas xubiladas e pensionistas que acheguen unha fotocopia do certificado da pensión.
c.                   Persoas que, sen cumprir os perfís anteriores, precisen dun respiro familiar, o que deberán acreditar mediante un informe da traballadora ou traballador social do concello.
É requisito indispensable non padecer enfermidade ningunha ou patoloxía incompatible coa actividade do programa, así como ser totalmente autónomo.
Financiamento:
O programa é cofinanciado pola Deputación Provincial, os concellos adheridos e as persoas usuarias.
·             A Deputación achegará por cada praza 35 €.
·             O concello adherido achegará 10 €
·             A persoa usuarioa aboará a cantidade resultante de descontar a subvención da Deputación e do seu concello (de estar este adherido) do prezo do balneario escollido. Estes prezos serán publicados na web da Deputación.
Documentación:
Para a adhesión ao programa dos concellos:
Todos os concellos da provincia de Pontevedra poderán sumarse ó programa mediante un acordo de adhesión adoptado polo órgano competente, remitindo unha certificación expedida polo secretario do dentro dos 20 días naturais seguintes á publicación das bases no BOPPO (ata o 23 de xuño por ser o 22 inhábil).
·             Certificación do acordo de adhesión ao Programa facendo constar o nº de prazas a subvencionar polo concello e a existencia de crédito suficiente nas respectivas aplicacións dos orzamentos municipais para facer fronte ás obrigas do contrato, así como as semanas de preferencia para o desenvolvemento da actividade (débense sinalar catro semanas por orde de preferencia).
Das persoas participantes:
·             Solicitude
·             Fotocopia de DNI.
Novo prazo de inscrición: Ata o 30 de novembro de 2014.
Dos concellos adheridos
·             Unha relación nominal (en formato Excel ou Access) dos solicitantes, con todos os campos da folla de solicitude, seguindo o rexistro de entrada. Este documento remitirase ó Servizo de Servizos Sociais da Deputación de Pontevedra por correo electrónico (servizos.sociais@depo.es).
·             Os orixinais das solicitudes presentadas no concello coa documentación requirida.
Lugar de presentación:
- Sede de Pontevedra: avda. Montero Ríos, s/n (de luns a sábado)
- Sede de Vigo: rúa Oporto, 3 (de luns a venres)


Participa na campaña da Marcha Mundial das Mulleres de Galiza contra a violencia machista:


. Grava un video contra a violencia, retando a 2 amig@s
. Súbeo ás túas redes sociais (coa etiqueta #ForaMachismo25N)
. Mándanos o video para subilo ao canal de Youtube da marcha (nacional@feminismo.info)
. Podes ver os videos no seguinte enlace: http://www.youtube.com/user/mmmgaliza

#FóraMachismo25N
Que propoñemos?
Queremos que a nosa mensaxe do 25 de novembro, Día internacional contra a violencia machista, se escoite nas rúas e nas redes e para iso lanzamos unha campaña que queremos axudedes a espallar.
A idea é gravar un video/tirar unha foto decindo ou ensinando unha frase contra a violencia machista e colocar ese material nas redes sociais 'nominando' a coñecidas/amigas/colegas para que se sumen á campaña e fagan o mesmo, colocar a foto ou video nas redes sociais e espallar a máis e máis xente.
O noso obxetivo é que moitas e moitos demos a cara contra a violencia machista e achegar a nosa mensaxe a todo tipo de persoas, a aquelas que se sumarán ás mobilizacións do 25 N nas diferentes cidades e a aquelas que non o farán pero que estan dispostas a difundir e espallar a nosa mensaxe a través das redes sociais.
Como participar?
·         Sube unha foto nas túas redes sociais (Twitter, Facebook ou Instagram) na que apareza a frase que queiras e a etiqueta #FóraMachismo25N e nomina a outras persoas para que tamén o fagan e estendan a campaña.
·         Sube un video ás túas redes sociais (Twitter, Facebook ou Instagram) na que digas a frase que queiras e a etiqueta #FóraMachismo25N e nomina a outras persoas para que tamén o fagan e estendan a campaña.
·         Envíanos ás túas fotos e/ou videos se queres que ademáis de nas túas redes sociais formen parte da nosa campaña nas redes: nacional@feminismo.info

Como podo ver/seguir a campaña?
·         Os videos que realicemos dende a Marcha aparecerán aquí:http://www.youtube.com/user/mmmgaliza
·         As fotos e videos de quen siga a campaña poderás atopalas buscando coa etiqueta #FóraMachismo25N nas redes sociais


Irán aforca a unha moza por matar ao seu violador durante a agresión

http://www.farodevigo.es/mundo/2014/10/26/iran-ahorca-joven-haber-matado/1119475.html

Un home suicídase en Córdoba tras disparar a súa muller

http://www.farodevigo.es/sucesos/2014/10/25/hombre-suicida-cordoba-disparar-mujer/1119252.html

Un monitor deportivo de nenas ingresa en prisión por corrupción de menores e ciberacoso

http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2014/10/25/monitor-deportivo-ninas-ingresa-prision/1118931.html

A loita de Dyani por recuperar á súa filla chega ao parlamento a oídos de Margallo

http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2014/10/25/lucha-dyani-recuperar-hija-llega/1118539.html

O condenado a 14 anos por matar á súa muller en Vigo recorre a pena ante o TSXG

http://www.farodevigo.es/sucesos/2014/10/26/condenado-14-anos-matar-mujer/1119514.html

Detido un home en Vigo tras quebrantar dúas veces unha orde de afastamento no mesmo día

http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2014/10/26/detenido-hombre-vigo-quebrantar-veces/1119723.html

Atopan a unha muller morta con signos de violencia en Tarragona

http://www.farodevigo.es/sucesos/2014/10/26/hallan-mujer-muerta-signos-violencia/1119722.html

Oito etapas na discriminación laboral das mulleres




1. Desemprego e inactividade laboral

2. Contratación precaria e a tempo parcial

3. Desigualdade salarial

4. Dificultades na conciliación

5. Máis paro feminino

6. Elas tardan máis en conseguir outro emprego

7. Desigualdade na prestación por desemprego

8. Elas son máis pobres

http://www.publico.es/actualidad/506338/ocho-etapas-de-la-discriminacion-laboral-de-las-mujeres

"Miguel montou un edén de relixiosas"

http://www.elmundo.es/espana/2014/10/20/544446bdca4741b5048b457d.html

Titular da Xunta:Os Orzamentos da Xunta para o 2015 incrementan un 17 por cento a partida para apoiar as mulleres que sofren violencia de xénero

Seguimos á espera de que aumenten o crédito deste ano, xa que as solicitudes foron máis que as peticións. o problema? que non chega o crédito para todas as mulleres que teñen dereito á prestación...mulleres que no 2015 o mellor non cumplen os requisitos, polo que non poderán acceder a estas axudas aínda sendo vítima de violencia......

A causa contra a maior rede de prostitución de Vigo resólvese con multas de 14.000 euros

http://www.farodevigo.es/sucesos/2014/10/11/causa-mayor-red-prostitucion-vigo/1110038.html

Encerra cun pitbull á súa muller durante oito anos

http://www.farodevigo.es/sucesos/2014/10/16/encierra-pitbull-mujer-durante-ocho/1113197.html

Asasina a súa moza ante a pasividade de 20 persoas

http://www.farodevigo.es/sucesos/2014/10/16/asesina-novia-pasividad-20-personas/1113214.html

"PAUTAS PARA EXERCITAR E MELLORAR A AUTOESTIMA"

 A Concellería de Igualdade abre o prazo de inscrición para o obradoiro " PAUTAS PARA EXERCITAR E MELLORAR A AUTOESTIMA" de carácter gratuíto que se impartirá na Casa as Mulleres. As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición.

Inscrición previa desde o día 17 de outubro ata cubrir prazas, na Concellería de Igualdade, 1ª planta da Casa do Concello de 9:00 a 13:30 h, ou ben a través do tfno. 986 810 284, en horario de 8:00 a 14:00 horas.

Lugar de realización dos obradoiros: Casa das Mulleres, rúa Romil, número 20.
Máis información: www.igualdadevigo.org

Dirixido a mulleres maiores de 18 anos.

Obxectivo: favorecer distintas pautas, hábitos e desenvolvemento de habilidades que favorezan a mellora da autoestima das mulleres.

Datas: os mércores desde o 5 de novembro ata o 17 de decembro.
O desenvolvemento do programa constará de 21 horas, distribuídas en 7 sesiones de 3 horas de duración cada unha.


Horario: 10:00 a 13:00 h.

O Xulgado de Violencia de Vigo paralizado polo embarazo duhna xuíza!!

  
Esta situación provoca unha gran indefensión nas vítimas de violencia de xénero, xa que estes casos son os que se atenden a última hora da mañá pola xuíza de garda, atendendo só os casos que pasan o filtro de “máis importantes”, o resto teñen que esperar a que a xuíza regrese.
Que o xulgado non teña un xuíz substituto por falta de orzamento revela a nimiedade con que a Xunta se toma a violencia de xénero. Este ano as mulleres asasinadas ascenden a 60, a inconscienca da sociedade e a falta de compromiso dos poderes públicos provocan a frialdade no tratamento dos casos, estará a sociedade e os poderes públicos acostumados ós asasinatos de mulleres?

A Rede realiza acompañamentos ós xuízos de violencia. Un día normal, as mulleres son citadas ás 9.30 para a vista oral, e poden estar esperando ata as 15.00 da tarde a que lles tomen declaración. Os tempos nos Xulgados son eternos, o que potencia a ansiedade e inseguridade das propias mulleres que teñen que esperar horas para poder relatar os actos denunciados. E agora temos que sumar a incapacidade da Xunta para poder substituir a xuíza do Xulgado que non é outro que o de violencia, o que provocará máis esperas...non é violencia mesma cara as mulleres alargar os procesos? Non é violencia cara ás mulleres non dar prioridade a estes casos nos que a vida das mulleres está en xogo? Non é violencia cara ás mulleres alongar os tempos de espera?.

Se o suxeito pasivo dos delitos, fosen outros grupos a sociedade tería outro punto de vista pois existe unha falta de unidade no que respecta á discriminación contra as mulleres, lembremos que a violencia de xénero só foi delito a partir do 2003. A única solución é provocar un cambio de mentalidade e de concienciación social, empezando polos estamentos públicos.

Partes do artigo:
"las víctimas y testigos tienen que esperar varias horas hasta que la jueza de guardia termina sus tareas y asume el mando del tribunal a última hora de la mañana. Es entonces cuando interroga a los detenidos, celebra los juicios penales o dicta órdenes de protección porque es lo más urgentes."
«Queda muy bonito decir que estos tribunales defienden a las víctimas de malos tratos pero la realidad es distinta»
"La secretaria del juzgado teme que la situación se prolongue hasta «finales de año» porque «ya no hay presupuesto»."

Dende a Rede advertimos que a situación nos Xulgados empeora ano tras ano...

A qué esperas (para ser feminista)?


Recomendamos este artigo de Faktoria Lila, na que mostra que: se es unha muller, un día, vas a acabar descubrindo que vives nun mundo de homes. Que o mercado laboral, a sanidade, os bares, os estadios, os xinasios, os libros, os discos, os bancos, os teatros, as aulas, os despachos, as noites, os descansos, as comisarías, os medicamentos, os disfraces, os coches, e os síntomas do infarto, todo, está feito para eles. Porque eles teñen os privilexios....

http://www.faktorialila.com/index.php/es/portada/82-faktoria-lila-web/blog/171-a-que-esperas 

Enfréntase a 20 anos de cárcere por descortizar a súa exmoza en Barcelona

http://www.farodevigo.es/sucesos/2014/10/13/enfrenta-20-anos-descuartizar-exnovia/1110959.html

Detido un profesor de primaria por corrupción de menores

http://www.farodevigo.es/sucesos/2014/10/13/detenido-profesor-primaria-corrupcion-menores/1111079.html

Un xoven de 17 anos agrede a súa moza de 15 en Valencia

Cremos que esta nova merece unha reflexión sobre o sexismo na xente nova e a incidencia da violencia de xénero entre os mozos. Aínda que teñamos leis (case) igualitarias, mentres os estereotipos de home e muller continúen sendo tan sexistas, temos difícil acabar coa violencia. Queremos lembrar que son moitas as mulleres que son agredidas cando queren rematar unha relación sentimental, o que nos mostra que a posesividade continúa imperando para moitos homes na súa idea do que é unha relación de parella.

http://www.farodevigo.es/sucesos/2014/10/13/joven-17-anos-agrede-novia/1111215.html

“VIVENCIAR A MENOPAUSIA DUN XEITO POSITIVO”

Informamos, por si é do voso interese que o vindeiro mércores dia 15 comenzará na A.V.V. VAL DO FRAGOSO (fronte o Estadio de Balaidos), un curso GRATUITO, titulado “VIVENCIAR A MENOPAUSIA DUN XEITO POSITIVO”, o curso consideramos é moi interesante para tódalas mulleres que queiran aprender a vivir dun xeito positivo esta nova etapa na vida da muller.

Datos do curso:

TÍTULO: “VIVENCIAR A MENOPAUSIA DUN XEITO POSITIVO”
LUGAR DE IMPARTICIÓN: A.V. VAL DO FRAGOSO
DATA DE COMENZO: MÉRCORES 15 DE OUTUBRO
HORARIO: De 17:00 a 19:00 hs
INSCRICIÓNS: Na propia asociación ou nos teléfonos 986 24 20 29/ 645 839 846

PREZO: GRATUITO

Xuntos polo nadal

A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Secretaria Xeral de Política Social organiza este programa de promoción do envellecemento activo e convivencia, destinado ás persoas maiores que se atopan soas nestas datas, xa sexa pola carencia de familiares ou amigos, a perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias.

Prazas e destinos
Ofértanse un total de 240 prazas distribuídas do seguinte xeito:
- 120 na Residencia de Tempo Libre do Carballiño, para as persoas solicitantes das provincias de Lugo e Pontevedra.
- 120 na Residencia de Tempo Libre de Panxón, en Nigrán para as persoassolicitantes das provincias de Ourense e A Coruña.
Datas e servizos
Este programa vaise desenvolver entre o 23 de decembro de 2014 e o 2 de xaneiro de 2015, e comprende os seguintes servizos:
  • Estancia na residencia durante 11 días (10 noites).
  • Aloxamento, en habitacións compartidas, e manutención en réxime de pensión completa.
  • Desprazamento en autobús desde os lugares que se establezan nas localidades de Santiago, A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Vigo, Lugo e Ourense ata as residencias de tempo libre e viceversa.
  •  Actividades de animación sociocultural.
A recollida das persoas participantes efectuarase o dia 23 de decembro pola mañá e o regreso o dia 2 de xaneirodespois do xantar.

Persoas beneficiarias:
Para beneficiarse deste programa haberá que reunir os seguintes requisitos:
  1. Ser maior de 60 anos (telos cumpridos no momento en que remate o prazo de presentación de solicitudes).
  2. Estar empadroado nalgún dos concellos galegos.
  3. Ter que pasar só/a as datas do Nadal.
  4. Valerse por si mesmo enon padecer enfermidade infecto - contaxiosa activa nin trastornos mentais ou condutuais non compensados que poidan alterar a convivencia
  5. Non estar acollido/a en ningún centro residencial.
Para a selección dos participantes daráselle preferencia ás persoas que:
  • realmente vivan soas e non teñan con quen pasar estas datas.
  • teñan máis idade.
  • teñan un menor nivel de ingresos económicos.
  • non participaran en pasadas edicións do Programa Xuntos polo Nadal nin este ano no de Benestar en balnearios ou nos de Termalismo e/ou Vacacións do IMSERSO.
Solicitudes:
As solicitudes, acompañadas do informe social e a declaración responsable, formularanse nos modelos deseñados ao efecto e estarán debidamente cubertas e asinadas pola persoa que corresponda en cada caso.

Poderanse presentar ata o 15 de novembro, incluído, nos servizos sociais comunitarios dos concellos, nos departamentos de traballo social dos centros de saúde ou hospitais, nas xefaturas territoriais ou centros sociocomunitarios de benestar, dependentes da Consellería de Traballo e Benestar; ou ben por calquera dos medios previstos no artigo 38.4. da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC).

Custo da praza:
As persoas participantes que teñan uns ingresos inferiores ao IPREM (532,51 euros/mes), asistirán de forma gratuíta ao programa, mentres que aquelas cuns ingresos superiores a dito importe contribuirán ao pagamento da estadía coa achega de 50 €.
Unha vez efectuado o ingreso de dito importe, só se lles efectuará a súa devolución se non se incorporan ao programa e o comunican por escrito polo menos con 10 días de antelación ao seu comezo ou o día anterior ou o mesmo día en caso de forza maior: enfermidade ou falecemento dun familiar; situacións que terá que acreditar coa solicitude da devolución. Non se lles devolverá ningún importe se abandonan a estadía ou non se encontran nos supostos anteriores.
Os gastos de desprazamento desde o domicilio dos seleccionados ata o lugar que se sinale de saída nas localidades de Ferrol, A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra ou Vigo e viceversa serán por conta da persoa participante.
Documentación:
As persoas ás que se lle adxudique praza terán que confirmar a súa asistencia e, no momento de incorporarse ao programa ir provistas de:
  • DNI ou pasaporte en vigor.
  • Informe médico actualizado no caso de ter algunha limitación, alerxia ou enfermidade que requira dalgunha atención especial (control sanitario tratamento farmacolóxico, alimentación, accesorio de apoio etc). De non levar a acreditación da necesidade, non se lle prestará ningún tipo de atención especial.
  • Tarxeta sanitaria, medicación habitual necesaria e/ou accesorios para o transcurso da estadía.
  • Roupa adecuada e cómoda.
Para mais información pódense dirixir a:
  • Teléfono Social 900 333 666 (de forma gratuíta).
  • Páxina web da Consellería de Traballo e Benestar:  http://benestar.xunta.es 
  • Os servizos sociais comunitarios dos concellos e/ou departamentos de traballo social dos centros de saúde ou hospitais.
  • As xefaturas territoriais ou centros sociocomunitarios de benestar, dependentes da Consellería de Traballo e Benestar.


Encontro Nacional de Mulleres 2014


MOITISIMAS GRAZAS A TODAS POR PARTICIPAR!!!
AGARDAMOS PODER CONTAR CON TODAS VÓS NO ENCONTRO DO ANO QUE VEN!

Dende a Rede queremos resaltar que o encontro é un dos escasos espazos, por non dicir o único, no que mulleres de distintas experiencias vitais poden convivir e compartir, sen importar a idade, a profesión, a clase social, etc. Un pracer ter compartido convoso este espazo.

Tamén queríamos agradecer tanto a ponente Carme Verde Diego e as facilitadoras dos obradoiros Tareixa Ledo Regal, Mar Cendón e Eva Gil o seu traballo sempre tan cercano, crítico e creativo!

Aquí vos deixamos algunhas avaliacións:
"Espazo de reflexión, contacto con outras mulleres profesionais e mulleres con sensibilidades diversas"
"Serviume para reflexionar, divertirme e confraternizar"
"Coñecín experiencias e coñecementos doutras mulleres"
"Coñecer a outras mulleres. Gran diversidade de experiencias"
"Encontro inmellorable de formación persoal e colectiva de mulleres para mulleres."
"Cercanía a outras mulleres, os seus pensamentos, sentimentos e experiencias. A súa maneira de vivir a vida"

Obradoiro: "Como afrontar unha entrevista de traballo"

Entrevista de traballo constitúe unha fase fundamental no proceso de selección de persoal que levan a cabo as empresas, sendo en moitas ocasións , a fase na que se decide cal é a persoa idónea para cubrir un posto de traballo.
Saber que é e para que serve a entrevista, os seus tipos, e cómo se desarrolla nos axudará a abordala con maior seguridade e por ende, con maiores posibilidades de éxito.
Constitúe para a candidata ou candidato un instrumento promoción no que xogan un papel clave as habilidades: como a capacidade de comunicación, xestionar conflictos, para traballar en equipo, de liderazgo. Competencias valoradas á hora de facer unha entrevista de traballo.

Obradoiro: “OS NOVOS FEMINISMOS”


As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición.
Daráselles preferencia ás persoas empadroadas en Vigo.
Inscrición previa desde o día 3 de outubro e ata cubrir prazas na Concellería de Igualdade, 1.ª planta da Casa do Concello de 9:00 a 13:30h , ou ben a través do tfno. 986 810 284, en horario de 8:00 a 14:00 h.
Dirixido a : homes e mulleres maiores de 18 anos.
Contidos:
A análise da desigualdade. A antropoloxía e o xénero: de onde procede a desigualdade entre homes e mulleres. As achegas dende a antropoloxía feminista.
Os novos movementos feministas: feminismo pos-colonial; ecofeminismo; feminismo queer e ciberfeminismo.
Globalización e xénero. Retos de futuro: a economía feminista e a análise dos coidados.
O desenvolvemento do programa constará de 21 horas en total, distribuídas en 7 sesións de 3 horas de duración cada unha.
Período e horarios: os xoves desde o 23 de outubro ata o 4 de decembro de 17.30 a 20.30h.
Lugar de realización: Casa das Mulleres, rúa Romil, número 20.

Acoitelan a unha muller en Móstoles

http://www.farodevigo.es/sucesos/2014/10/02/fallece-mujer-mostoles-herida-abdomen/1104595.html

Un agresor sexual reincidente acepta 3 anos de cárcere e 6 anos baixo vixiancia

http://www.farodevigo.es/sucesos/2014/10/02/agresor-sexual-reincidente-acepta-3/1104463.html