25 de novembro

Día Internacional contra a violencia machista

Un ano máis, outro 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia Machista, a Marcha Mundial das Mulleres estamos na rúa para denunciar e visibilizar a violencia que se segue a exercer sobre nosoutras polo único feito de sermos mulleres

Segundo unha enquisa feita no ámbito da Unión Europea

Calcúlase que 13 millóns de mulleres na UE experimentaron violencia física. Esa cifra equivale a un 7% de mulleres con idades entre 18 a 74 anos.

Calcúlase que 3,7 millóns de mulleres na UE experimentaron violencia sexual. Esta cifra equivale a un 2% de mulleres con idades de entre 18 e 74 anos. Na UE un 18% das mulleres foron obxecto de acoso a partir dos 15 anos. Estas porcentaxes representan que 9 millóns de mulleres na UE sufriron e sufrirán violencia machista.

A metade de todas as mulleres da UE (53%) procuran evitar certos lugares ou situacións, por temor a ser vítimas de agresións físicas ou sexuais. Pola contra, enquisas recentes sobre vitimización e medo aos delitos indican que o número de homes que limitan os seus movementos é infinitamente máis reducido.

As mortes por violencia machista, por moi inexplicables que parezan, non son actos illados, fortuítos, senón que obedecen a unha cultura patriarcal no que as mulleres non teñen dereito a decidir sobre a súa vida. Son a reacción violenta de quen se cree posuidor dun ben, dunha propiedade, ou dunha escrava.

A solución non é doada e necesita do compromiso de todas e de todos, porque precisa de cambios profundos dado que o machismo está inzado na nosa sociedade e non estamos facendo o preciso para desbotalo. IMPLÍCATE, RACHA COA INDIFERENZA!!!

Se os homes maltratadores enfrontáranse cun contundente rexeitamento social, especialmente por parte do resto dos homes, a violencia machista reduciríase moi considerablemente. A violencia existente no seo da sociedade, non é máis que a suma das violencias individuais de cada un dos seus membros; a que xera cada unha das persoas que a compoñen e a que é capaz de tolerar e asimilar. Cada xesto, actitude ou comentario pexorativo e discriminatorio contra as mulleres, aumenta a permisividade e abre o camiño cara á violencia contra as mulleres.

Se queremos avanzar como sociedade, non podemos permitir retrocesos en materia de prevención, denuncia e tratamento da violencia contra as mulleres. Por iso, instamos igualmente aos Poderes Públicos, medios de comunicación, sistema educativo e a toda a cidadanía a continuar coa loita e denuncia desta forma a violencia que ataca a metade da humanidade, as mulleres.

Machismo, Sociedade Patriarcal e Cultura da Violación... onde? Aquí, ao noso carón día a día. Esaxeramos?. Non, non esaxeramos!!! A violación silénciase, cálase. E hai veces, que os silencios, matan.

Pedimos a implicación de todos os sectores sociais, pedimos a implicación de todas as mulleres e homes. IMPLÍCATE, RACHA COA INDIFERENZA!!!

É por todo isto que a Marcha Mundial das Mulleres vos insta



IMPLICATE CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA.

RACHA COA INDIFERENZA!!!

Sigue saíndo moi barato os intentos de asasinato ás mulleres

A Audiencia de Pontevedra absólveo de intento de homicidio e lle condea por lesións porque "Valora que avisou ó 061 para salvarlle a vida"


é dicir.....que se intentas matar a túa parella e despois chamas o 061 queres salvarlle a vida??? ou será unha boa coartada para próximos asasinos? As sentenzas cada vez son máis denigrantes para as mulleres. Denunciar, pasar por un xuízo no que contas sucesos da túa vida privada, pasar vergonza, medo, humillación....e logo ver estas sentenzas....Pararvos a pensar cómo se poden sentir as mulles....

Todo o noso apoio para ela..... 

http://www.farodevigo.es/sucesos/2014/11/13/anos-carcel-estrangular-inconsciente-pareja/1130812.html

Un titular violento contra as mulleres

O titular é o seguinte:

"Una viguesa pide al juez que ´por favor dejen libre´ a su marido, acusado de querer asfixiarla"

Que é o importante desta noticia? que hai un home acusado de intento de asasinato? ou a resposta da muller que viviu esta agresión?

A prensa debe estar formada en violencia de xénero para realizar un periodismo crítico, onde as vítimas non sexan as xulgadas, como está a acontecer,  e onde se comprenda o proceso polo que atravesan as  mulleres en procesos de ruptura coa violencia. Criminalizar a mulleres con este tipo de titulares só fai máis tediosa a loita contra a violencia e provoca unha visión negativa da sociedade cara as mulleres.