O Fiscal recorrerá o arquivo da denuncia polos insultos machistas a Carmela Silva
http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2016/07/28/fiscal-recurrira-archivo-denuncia-insultos/1506013.html
O fiscal recorrerá o auto que arquivou a denuncia. Desexamos que se faga xustiza e se entenda que os insultos machistas son unha forma de violencia de xénero. Ademáis, resulta paradóxico que fora o concelleiro de igualdade quen dixo estes insultos; non sabemos qué tipo de políticas farían no concello de Moraña. Debemos seguir insistindo en que a formación en xénero e igualdade é imprescindible para traballar nestes ámbitos. Esperemos que esta vez a mensaxe que se envíe á sociedade sexa que os insultos machistas son unha forma de violencia de xénero.

Xa podedes reservar a vosa praza no próximo Obradoiro de Autoestima de Setembro!
Chamade para reservar a vosa praza no próximo Obradoiro Autoestima e Comunicación en Igualdade que comeza en setembro
Cinco detidos en Pamplona por unha agresión sexual
http://www.farodevigo.es/sucesos/2016/07/07/cinco-detenidos-agresion-sexual-san/1494322.html
A pesar dos esforzos do concello por previr a violencia sexual machista, de novo, nos atopamos cun caso de agresión sexual a unha muller de 18 anos en Pamplona. Cremos que estes casos que saen á luz son só a punta do iceberg: se estima que só se denuncia un caso por cada 10 casos de agresión sexual. Temos moito traballo por diante.
Neste caso, a muller de 18 anos, logo da agresión, foi atopada por varias persoas que a acompañaron á comisaría a interpoñer a denuncia: é imprescindible a colaboración de toda a cidadanía para non ser cómplices das agresións, e actuar perante estas situacións.

Unha nena de 9 anos grava ó seu pai para probar os abusos que viña sufrindo
http://www.farodevigo.es/sucesos/2016/07/06/nina-9-anos-graba-padre/1493513.html
Unha nena de 9 anos grava ao seu pai para probar que abusaba dela. A nena xa denunciara ao seu pai fai 2 anos, pero o perito que a examinou non a creu: non deu lexitimidade ao seu testimonio. Desde a Rede esiximos unha maior credibilidade no testimonio de nenos e nenas, e unha formación en xénero dos e das peritos que traballan nas avaliacións no ámbito xudicial. Estamos a falar de poboación moi vulnerable, e a miúdo non se poñen os medios adecuados para que nenos e nenas se expresen adecuadamente e sexan escoitados/as.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)