Grazas pola vosa asistencia


Grazas a todas e todos por acompañarnos na concentración que realizamos todos os xoves últimos de mes.

Deteñen ao ex mozo dunha muller desaparecida fai dúas semanas en Gran Canaria

http://www.lavanguardia.com/local/canarias/20160906/41136674002/detienen-al-exnovio-de-una-desaparecida-hace-dos-semanas-en-gran-canaria.html

As denuncias falsas son un mito; en 2015, a Fiscalía só constatou 0,0015% de denuncias falsas.

A memoria da Fiscalía revela que en 2015 houbo 129.292 denuncias por violencia de xénero. A propia Fiscalía admite que hai xuíces e xuízas que non consideran a violencia de xénero como tal. Coma sempre, temos que insistir na necesidade de formación en xénero para todo o persoal do ámbito xudicial.



http://www.eldiario.es/sociedad/falso-denuncias-falsas-violencia-genero_0_556095013.html

O veciño de A Baña acusado de violar a súa filla e as tres fillastras, foi xulgado hoxe na Coruña

O noso apoio as víctimas: a súa ex muller e as súas fillas, víctimas de violencia física e abusos sexuais continuados. Ademáis, elas enfróntanse á perda da súa casa, por iso a asociación Stop Desafiuzamentos de Compostela está tamén apoiando o caso.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/a-bana/2016/09/06/vecino-bana-acusado-violar-hija-tres-hijastras-niega/00031473173866762202230.htm

Desde a Rede queremos mostrar o noso apoio a Patricia e as súas fillas ante o xuízo que teñen na Coruña, logo de sufrir malos tratos e agresións sexuais continuadas

A Rede apoia a Patricia, víctima de violencia, e as súas fillas, agredidas sexualmente, no xuízo contra o maltratador. A asociación Stop Desafiuzamentos de Compostela está a organizar una concentración que queremos darlle a máxima difusión.

Presentamos abaixo o escrito de Stop Desafiuzamentos explicando o caso:



As mulleres peruanas fan fronte á violencia de xénero





As mulleres peruanas saen á rúa coa campaña "Ni una menos", tras os dous brutais casos de violencia de xénero acontecidos no país. Dúas mulleres agredidas polas súas parellas e humilladas despois polo sistema xudicial que deixo libre aos agresores e únicamente lles prohíbe sair do país.


http://elpais.com/elpais/2016/08/24/planeta_futuro/1472031839_042976.html